O PIRATA METEPATA COPIA

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Slide 1:

O PIRATA METEPATA Autores: Toño Núñez- José Tomás Baía Edicións Presentación dos alumnos e das alumnas de 4º B

Slide 2:

Para o mar dos golfiños un barco marchou; na popa un adeus, na proa un vou-vou.

Slide 3:

Velas de flanela, temón de algodón, mastro de alabastro, remos de cartón.

Slide 4:

O capitán era un vello peneque de barba amarela, cachimba e chaleque.

Slide 5:

Sucaba os mares de azul- trebón, rompía as ondas con gran decisión.

Slide 6:

Mais no arrecife das rochas de algodón, nun golpe de vento, o barco encallou!

Slide 7:

- Sálvese quen poida! -berrou unha voz- Un barco pirata vén por estribor!

Slide 8:

- Quietos todos! -o capitán ordenou – se son tan valentes… Que veñan por nós!

Slide 9:

Con cara de pataca. o pirata Metepata ergueu a espada de folla de lata

Slide 10:

-Rendédevos! -anunciou - eu son o Pirata Metepata E non teño compaixón!

Slide 11:

- Menos lobos, Metepata, con nós non tes que facer, vimos da terra galega, somos duros de roer!

Slide 12:

-Déixate de lerias, vello! Traede o ouro e a prata. Non vedes que son o teimado e temido Metepata?

Slide 13:

O capitán Peneque -de Galicia chegado – mirouno de arriba abaixo con ollos de mar alporizado.

Slide 14:

Sacou do peto a cachimba -que de certo era un canón -botou lume pola boca… Semellaba un dragón!

Slide 15:

O Pirata Metepata fuxiu a todo meter, vento en popa a toda vela… Nunca o volveron a ver!

Slide 16:

E chegaron os golfiños, a miles en procesión; sacaron o barco das rochas, salvaron a embarcación!

Slide 17:

E o velliño peneque voltou para a terra a descansar, e regaloume esta historia para que eu vola poida contar.

authorStream Live Help