A PAZ RADIO CULLEREDO

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Slide 1: 

GUERRA DE BICOS E ABRAZOS Ceip ISAAC DÍAZ PARDO- CULLEREDO

Slide 2: 

Na miña casa vivimos os meus país, a miña irmá Carla e máis eu. Algunhas veces a miña irmá e eu pelexámonos por cousas absurdas, coma por un libro, polos programas da tele, polo mando… Entón chega a nosa nai e dinos: PAZ, POR FAVOR!! Nós non sabiamos o que significaba e seguiamos ao noso : a pelexarnos. Se non era por unha cousa era por outra, sempre estábamos rifando. Así que os nosos pais sentáronnos no sofá e explicáronnos o que era a Paz Dixéronos que deberiamos compartir, podiamos ver a tele por turnos, e, ver así os programas que máis nos gustaban a cada un, ou chegar a acordos. O importante é RESPETARNOS. Tamén tiñamos que dialogar antes de berrar, saber o que necesita cada un ,e nunca pelexar. Escoitar os problemas do outro , perdoarlle os fallos, e sobre todo conseguir ser AMIGOS. Se non hai pelexas será un mundo mellor para todos. EN VEZ DE PELEXAR DAREMONOS BICOS!! A PAZ NA NOSA CASA

Slide 3: 

A PAZ COMEZA NA ESCOLA Como o día 30 de xaneiro vaise celebrar o dia da PAZ, nos pensamos que dende a escola podemos aportar algo mellorando cousas como: Cooperar uns cos outros. Levarnos ben intentando ser amigos. Axudarnos nas tarefas cando alguén non sabe. Outra cousa moi importante e tolerarnos, xa que non pensamos todos da mesma maneira e entón poden vir as discusións. E para rematar- sabemos que a paz contén: Unha pizca de sorriso. Un puñado de amizade. E un bon saco de amor.

Slide 4: 

PARA QUE HAXA PAZ EN CULLEREDO Eu falaría con todos os país e persoas maiores para que nunca lle peguen aos seus fillos, e que non haxa maltratos e así sexan felices. Pedería que todos os nenos e as nenas tivesen cariño, comida e xoguetes. Que as persoas maiores estiveran atentidas por alguén. Que os animais non fosen abandonados. E por último que non haxa racismo pola cor da pel ou pola relixión. Se todos nos unimos, podemos conseguilo!!!

OS NENOS E AS NENAS DE ISAAC DÍAZ PARDO PEDIMOS A PAZ NO MUNDO Somos nenos e nenas pero dámonos conta do que pasa. Sabemos que hai lugares no mundo onde hai moita violencia. Que hai moitos nenos e nenas que non saben xogar, que non saben ler, nin sumar nin restar. Só saben de armas, de matar, de odiar, de torturar, porque neses países HAI GUERRA, coma no Congo ( onde hai nenos que se utilizan como soldados). Tamén vemos na tele que hai moitos nenos e nenas que morren de fame porque non teñen que comer, outros morren porque non teñen menciñas para curar as súas enfermidades ,como en Haití e en moitos lugares de África Por iso, aínda que somos peques, dicímoslles aos que mandan no mundo. Eh! Señores que mandades no mundo .Prohibide as guerras! Facede leis que prohiban as guerras!! Nós temos un soño: Un mundo onde todos os nenos e as nenas poidan rir, xogar, correr, bailar, crecer, estudar e que non morra ningún neno ou nena por falta de vacinas, de menciñas , de alimentos ou polas guerras Un mundo onde sexamos todos amigos e amigas. Un mundo cheo de bicos e non de guerras.

PROPOSTA DE BICOS E ABRAZOS DENDE O ISAAC DÍAZ PARDO : 

PROPOSTA DE BICOS E ABRAZOS DENDE O ISAAC DÍAZ PARDO Noticia de alcance mundial: Os nenos e as nenas de Isaac Díaz Pardo de Culleredo convocamos a eses señores da guerra que viven sempre con traxe en diferentes países do mundo, e que están cheos de poder!! Poder mandar aos seus soldados( que non levan traxes pero levan armas) a que vaían á guerra. Pois si: a eses señores e aos seus soldados de todos os bandos convocámolos a que o día da PAZ fagan unha GUERRA, pero está vez de bicos e abrazos todos con todos. Seguro que así non hai perdedores, nin gañadores. TODOS GAÑARIAMOS , non habería mortos, nin dolor. E os do traxe que nunca fan nada, só mandar, está vez teñen que participar cos seus bicos e abrazos. Serán capaces ao día seguinte de seguir mandando matar? Seguro que non!! GUERRA DE BICOS E ABRAZOS

authorStream Live Help