APADRIÑA UN ANIMAL EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

PDI OS BOSQUES EQUIPO DE DINAMIZACIÓN TIC

Comments

Presentation Transcript

slide 2:

INTRODUCCIÓN Calcúlase que existen uns 30 millóns de especies animais e vexetais distintas no mundo. De todas elas a Unión Internacional para a Conservación da Natureza UICN cifra en 1.000 as que se atopan en perigo de extinción e en 17.000 as ameazadas. Para o 2020 a diversidade de especies pódese reducir nun 33. Animais e plantas están ameazados pola alteración dos espazos naturais que se empregan para construír vivendas estradas etc. A caza deportiva ou comercial e o tráfico ilegal de especies son causas que tamén fan perigar á fauna e á flora. Segundo o Fondo Mundial para a Conservación da Natureza WWF en España desenvólvese máis do 30 do comercio ilegal de animais e plantas protexidos no mundo e segundo datos do Consello Xeral de Colexios Veterinarios de España calcúlase que nos fogares españois existen preto de 60.000 réptiles e máis de 100.000 aves exóticas. O SEPRONA Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil recolle que o 70 dos animais cos que se trafica morre durante a viaxe. Preto de 1.700 axentes deste servizo tratan de frear este delito facendo cumprir a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres CITES. Este convenio asinado en Washington entrou en vigor en xullo de 1975 e subscribírono máis de 145 países. En xaneiro de 1986 o convenio asinouse en España. A partir de entón para posuír un exemplar dunha especie ameazada é necesario ter un certificado que acredite que provén de cría en catividade. Pero segundo WWF falsificar ese papel non é moi complicado.

slide 3:

TAREFA No centro estamos a estudar e indagar sobre “ Os bosque s”. Nestes espazos naturais habitan moitas plantas e animais algúns deles en perigo de extinción. Un animal ou unha planta en perigo de extinción é unha especie que só poderá sobrevivir por un curto período de tempo a menos que se tomen accións para salvalo. Xeralmente asígnaselles un status baseado na cantidade de tempo que se espera que sobrevivan baixo as condicións actuais vivindo nunha terra que está a ser destruída ou desaparecendo rapidamente considéralla nun perigo maior que o doutros animais ou plantas. Dende o equipo de Dinamización Tic queremos proporvos que nos axudedes apadriñando un destes animais ou plantas elaborando un cartel cun lema a favor da súa protección e sinalando cantas especies aínda podemos atopar como pequenos datos que consideredes interesantes.

slide 4:

PROCESO Para realizar esta tarefa podemos agruparnos por parellas ou elaboralo de maneira individual. Intentaremos que en cada grupo aula non se repita o animal ou planta apadriñad. O cartel elaborarase en galego empregando o programa Power Point. Empregade os recursos propostos nesta actividade. Poderedes utilizar todo aquel material que consideredes oportuno para a súa elaboración imaxes gifs animados …. Por último xuntaremos o traballo dos distintos grupos tendo así unha composición final.

slide 5:

RECURSOS Podedes empregar os seguintes enlaces: -Animales en extinción en España -As especies máis amenazadas -Animais e plantas en perigo de extinción -Animais en extinción -10 especies en perigo -Especies en perigo de extinción en España -Plantas en perigo de extinción en España -Lista de plantas en perigo de extinción -De animalia. Enciclopedia -Como protexer o medio ambiente Imaxes sen Copyright - Pixabay buscador de imaxes - Gifs animados

authorStream Live Help