O MUNDO GREGO

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

Presentación sobre o mundo grego para 1º ESO. Fonte: Vicens Vives

Comments

Presentation Transcript

O MUNDO GREGO:

O MUNDO GREGO

PowerPoint Presentation:

A civilización grega nace nas costas da Península Balcánica e nas illas do mar Exeo, estendéndose por boa parte do litoral mediterráneo.

Colonizacións gregas:

Colonizacións gregas S. VIII a. C- VI a.C- moitos habitantes das cidades gregas emigran cara a outros lugares das costas mediterráneas o do Mar Negro establecendo COLONIAS Causas: Escaseza de terras e a miseria na que vivían os campesiños Eran escravizados por débedas

PowerPoint Presentation:

Establecéronse en lugares bos para extraer produtos e comerciar con eles As colonias eran novas polis iguais que as cidades de orixe, as metrópolis ( as polis de onde proviñan), eran independentes pero mantiñan lazos culturais e comerciais con estas. Zonas importantes: Magna Grecia, Massalia ( Marsella), cara a Oriente…

Gregos na Península Ibérica :

Gregos na Península Ibérica Fundaron no s. VII a. C: Rhode Emporion Hemeroskopeion Mainake Comerciaban con ouro, prata, cobre e estaño Grazas a eles os íberos e Tartessos coñeceron a vide, oliveira, o torno para facer cerámica, o ferro, a moeda e a escrita.

PowerPoint Presentation:

Os gregos foron o resultado dunha mestura de pobos instalados en Grecia en distintas ondadas. 1º os Aqueos ou Micénicos , pobo indoeuropeo do Norte. Aséntanse en Micenas. Recordades o Tesoro de Atreo?

PowerPoint Presentation:

2º Posteriormente foron os dorios (1200 a. C) quen se asentaron en Grecia, e acosados por éstes, os aqueos desprazáronse cara ás costas de Asia Menor, onde fundaron diversas cidades. Bañera micénica Fresco Micénico

PowerPoint Presentation:

Dorios Aqueos

PowerPoint Presentation:

Clima: cálido e seco Agricultura mediterránea: campesiños que cultivaban oliveiras, viñas, trigo e pastores con rabaños de cabras e ovellas Pesca Comercio florecente ao longo do Mediterráneo

PowerPoint Presentation:

Os gregos non se organizaron nun enorme Estado grego senón en pequenas cidades independentes Eran as polis = autónomas, pero unidas por lazos culturais: lingua (grego)e relixión (politeísta)= compartían a mesma cultura : a Hélade

Poleis/ Polis- formadas por::

Poleis/ Polis- formadas por: A cidade propiamente dita Vilas O campo do arredor Tiñan as súas leis, A súa moeda, o seu exército e goberno propio Dúas partes diferenciadas:

PowerPoint Presentation:

Parte baixa: vivendas, tendas e edificios públicos ao redor da gran praza ( ágora) Parte alta (acrópole) cidadela na que se podían refuxiar en caso de perigo, estaban os principais edificios relixiosos.

PowerPoint Presentation:

1. Que é a “polis” para os gregos? 2. Observa o seguinte mapa,no que aparecen algunhas das principais polis gregas. Anota no teu caderno ao menos o nome de 10 delas (as polis que aparecen en negrita son especialmente destacadas)

PowerPoint Presentation:

Lee a seguinte descripción dunha polis escrita por Homero fai máis de 2.500 años. A continuación, contesta ás seguintes preguntas: a) Cómo se chama a parte da cidade “cercada por un alto e cercado muro”? b) A polis sitúase no interior ou na costa? Por que? Observa de novo o mapa ;onde se localizan as principais polis gregas? c) Ademáis da cidade, que outros elementos forman parte da polis? onde se localizan o templo e o ágora normalmente nunha ciudade?

O territorio da Polis:

O territorio da Polis O territorio dunha polis debe poder ser abranguido cun só golpe de vista xa que deste xeito é doado de defender Tamén cómpre que a súa localización teña unha situación favorable, próxima ao mar e ao campo, por razóns de seguridade e de aprovisionamento de produtos de primeira necesidade É preciso, ademais, que a cidade poida comunicarse doadamente co conxunto do territorio da polis. Aristóteles, S. IV a. C O territorio da polis que características debían ter según Aristóteles?

PowerPoint Presentation:

Observa a imaxen e nomea os diferentes elementos do 1 ao 6 e que identifican á polis grega.

Goberno das polis: dúas formas según Esparta ou Atenas:

Goberno das polis: dúas formas según Esparta ou Atenas En Esparta : 1º Goberno Oligárquico Estaban gobernadas por unha minoría de aristócratas. Aristocracia (=goberno dos mellores) Grandes propietarios de terras Dominaban aos campesiños

PowerPoint Presentation:

Durante o s. VI a. C. houbo revoltas sociais contra esta forma de poder dos aristócratas por que escravizaban aos cidadáns que non podían pagar as súas débedas

PowerPoint Presentation:

Pero en Atenas : O desenvolvemento do comercio, agricultura e artesanía fixo que moitos cidadáns tivesen cartos para mercar equipo militar propio e participar na defensa da cidade ( Hoplitas ) A cambio quixeron participar no goberno Hoplitas atenienses

PowerPoint Presentation:

Entón déronse reformas sociais e políticas a favor do pobo Houbo dous reformadores importantes: Solón e Clístenes ( s. VI a. C) que: 1.Anularon a esclavitude por débedas 2.Todos os cidadáns tiveron dereito a participar no goberno da cidade 3.Todos estiveron protexidos pola lei O seguinte paso foi crear a democracia

A Democracia Ateniense:

A Democracia Ateniense A palabra procede de demos (= pobo) e krátos (= poder): poder do pobo. Os cidadáns reuníanse nunha Asamblea (Ecclesía) próxima a Acrópole para votar as leis. Os maxistrados eran cidadáns elexidos pola Asamblea que se ocupaban dos asuntos públicos. Os máis importantes: Os estrategos (dirixían o exército e a política exterior) Os arcontes ( elexidos por sorteo) presidían tribunais e cerimonias relixiosas.

PowerPoint Presentation:

Asamblea Ou Ecclesía Sabes que nome corresponde a cada número?

Pero era unha democracia limitada xa que: :

Pero era unha democracia limitada xa que: Só participaban nos asuntos públicos os cidadáns, unha minoría: Homes libres, maiores de idade Nados de pai cidadán e nai ateniense Debían: Pagar impostos Defender a polis militarmente

NON PARTICIPABAN NO GOBERNO DA POLIS:

NON PARTICIPABAN NO GOBERNO DA POLIS As mulleres O metecos ou estranxeiros A enorme masa de escravos que eran os que sostían verdadeiramente ao pobo traballando na produción agrícola e artesá

Relixión:

Relixión Os gregos adoraban aos mesmos deuses. Eran politeístas: existían numerosas divindades inmortais e tiñan poderes extraordinarios. Os deuses gregos eran antropomórficos e parecíanse física e psíquicamente aos seres humanos: comían, amaban, rían, choraban ou loitaban Habitaban no Olimpo, un monte sagrado, onde Zeus era considerado o pai de todos os deuses.

PowerPoint Presentation:

As polis gregas eran independentes políticamente pero compartían elementos como a lingua e a relixión. Cada polis asignaba a un dos deuses gregos como a divinidade guardiana da súa comunidade. Busca información sobre os deuses protectores de polo menos 5 polis. POLIS DIOS PROTECTOR CARACTERÍSTICAS DO DEUS ATENAS Atenea Deusa da sabiduría

O esplendor de Atenas:

O esplendor de Atenas No s. V a. C, un pobo de oriente, os medos ou persas, someten as cidades gregas de Asia Menor e intentan conquistar tamén as polis de Grecia.

Guerras Médicas Importantes batallas:

Guerras Médicas Importantes batallas Maratón (490 a. C): os persas foron vencidos polos atenienses.

PowerPoint Presentation:

Salamina : dez anos despóis tamén foron derrotados. Os persas retíranse de Grecia.

Liga de Delos- Atenas domina Grecia:

Liga de Delos- Atenas domina Grecia Foi unha asociación entre cidades gregas dirixidas por Atenas. As polis daban cartos para manter unha flota de guerra e para que non volvese a suceder o que pasou cos persas. Estes impostos, Atenas, gardábaos na illa de Delos.

PowerPoint Presentation:

Pero algunhas polis quixeron abandoar a liga. Atenas non o permitiu colocando colonos e soldados en distintos puntos estratéxicos O tesouro da liga foi trasladado a Atenas Obrigou a outras polis a pagar un novo tributo para manter ao seu exército e a súa flota Páx. 176- 1 e 2

Guerra do Peloponeso:

Guerra do Peloponeso Atenas ao non deixar que as outras polis deixaran a Liga provocou esta guerra: Corinto, Esparta e outras enfrontáronse a Atenas o que a arruinou poñendo fin a súa etapa de hexemonía sobre o resto das polis.

Grecia Helenística:

Grecia Helenística No S. IV a. C. Macedonia, un territorio ao Norte de Grecia era unha monarquía agrícola e íllada O rei Filipo II aproveitou os enfrontamentos das cidades gregas e lanzou un potente exército para conquistar toda Grecia O seu fillo, Alexandre Magno , sucedeuno con 20 anos, no 336 a.C

PowerPoint Presentation:

Alexandre chegará a ser o dominador dos persas, enimigo dos gregos, e chegará, coas súas conquistas á India Quería crear un imperio, dende Europa a Asia, baseado na lingua e cultura gregas pero a súa morte aos 33 anos truncou o seu proxecto.

PowerPoint Presentation:

As súas conquistas deron moita riqueza a Grecia porque apoderouse de moitos territorios e abriu novas rutas comerciais Pero cando morreu o enorme imperio dividiuse en varios reinos: Exipto Macedonia Mesopotamia…..

Foron os Reinos Helenísticos :

Foron os Reinos Helenísticos O centro da civilización helenística foi Alexandría fundada no delta do Nilo no 331 a. C. Foi importante pola súa impresionante biblioteca e polo porto E foi a capital da dinastía do Ptolomeos

authorStream Live Help