OS DEREITOS HUMANOS

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

Sobre os dereitos humanos e a Declaración Universal. Fonte: Educación para a Cidadanía, ed. Xerais

Comments

Presentation Transcript

OS DEREITOS HUMANOS:

OS DEREITOS HUMANOS

PowerPoint Presentation:

Falamos de dereitos humanos cando nos referimos ao acordo de todos os individuos sobre os dereitos que non se lle poden negar a ninguén. Son o conxunto de esixencias básicas que pode e debe reclamar calquera persoa polo feito de pertencer á raza humana.

PowerPoint Presentation:

Son Inalienables , é decir, non poden ser cancelados ou outorgados por ningunha institución: son previos a elas. Existen aínda que non sexan recoñecidos. Son Universais , válidos para calquer persoa sen ter en conta onde reside, a súa posición social, a súa relixión, raza ou sexo.

PowerPoint Presentation:

Trátase de ter e levar unha vida digna, pero cando hai que loitar pola comida ou por garantir a nosa simple supervivencia , é difícil que poidamos comportarnos dun xeito humano. Sen as necesidades básicas cubertas, a vida humana non pode darse e deixa de ser digna.

PowerPoint Presentation:

A dignidade é o respeto e a estima que unha persona ten de sí mesma e que deben terlle as demáis personas

PowerPoint Presentation:

O problema é que estes dereitos humanos están sendo vulnerados constantemente e en calqueira parte do mundo

Historia dos Dereitos Humanos:

Historia dos Dereitos Humanos Os dereitos humanos aparecen por primeira vez, no s. XVII, na política inglesa como demanda da burguesía para protexerse contra os abusos da coroa, limitando o poder dos monarcas sobre os cidadáns e establecendo unha serie de principios sobre os que estos non podían decidir. Foi John Locke quen os formulou e os antecedentes hai que rastrealos nas revolucións inglesa, francesa e americana

PowerPoint Presentation:

A primeira foi a Declaración dos dereitos do home e do cidadán de 1789 Recordade, sen embargo, a Olympe de Gouges Posteriormente o concepto dereitos humanos foi proclamado como universal na Declaración universal dos dereitos humanos , do 10 de decembro de 1948 Eleanor Roosevelt mostra a Declaración de Dereitos Humanos aprobada o 10 de decembro de 1948 pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas

PowerPoint Presentation:

Esta declaración foi adoptada tras a II Guerra Mundial, cando aínda estaba na memoria colectiva os doce millóns de seres humanos vítimas das torturas e da exterminación a mans do réxime nazi.

Artigos da declaración:

Artigos da declaración Artigo 1- Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos Artigo 3. Toda persoa ten dereito á vida e á liberdade Artigo 4. Ninguén será sometido á escravitude Artigo 14. Toda persoa ten dereito a buscar asilo e refuxio Artigo 18. Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión Artigo 19.Toda persoa ten dereito á liberdade de opinión e de expresión Artigo 26. Toda persoa ten dereito á educación.

Os dereitos da infancia:

Os dereitos da infancia A Declaración universal inclúe os dereitos dos nenos e nenas específicamente aprobados pola Asemblea Xeral da ONU en 1959. Recollía 10 principios fundamentais.

PowerPoint Presentation:

A igualdade de todos os nenos e nenas O dereito ao desenvolvemento físico, mental e social O dereito a unha nacionalidade O dereito ao coidado da sáude dos nenos e nenas A protección dos nenos discapacitados A dereito á protección dunha familia O dereito á educación A prioridade na protección de nenos e nenas A protección contra o abandono, a crueldade ou a explotación A protección contra a discriminación

PowerPoint Presentation:

Sen embargo……… Nalgúns países se lles aplica a pena de morte a menores de idade (Paquistán, Arabia Saudita, Irán, Nixeria, China…) 1,2 millóns de nenos e nenas son vítimas do tráfico de seres humanos con destino á explotación laboral e sexual 300.000 nenos e nenas foron recrutados por grupos armados e grupos gobernamentais en 20 conflitos en todo o mundo e utilizados como espías, como escravos sexuais e a morres no campo de batalla. Moitos deles son secuestrados e afastados das súas familias.

PowerPoint Presentation:

Cada ano , arredor de 2 millóns de nenas corren o risco de sufrir mutilación xenital en diferentes países do mundo. Ata hoxe, entre 100 e 130 millóns de mulleres e nenas sufriron mutilación xenital.

Os dereitos das mulleres:

Os dereitos das mulleres Aínda que a Declaración universal dos dereitos humanos recoñece no seu artigo 1º a igualdade de homes e mulleres e o dereito á non discriminación por razón de sexo, as mulleres seguiron sendo obxecto de discriminacións importantes e tratos sexistas por parte de Algúns Estados que non recoñecen os seus dereitos Pola persistencia de certas actitudes sociais

PowerPoint Presentation:

A ONU segue recoñecendo nos seus informes que o colectivo feminino sofre máis a precariedade laboral, os danos contra a saúde ou os fenómenos de violación, torturas e escravitude. E non só nos países en vías de desenvolvemento…….