Curros Enríquez: Nouturnio

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Slide 1: 

NOUTURNIO Manuel Curros Enríquez

Slide 2: 

Da aldea lexana fumegan as tellas detrás dos petoutos vai póndose o sol

Slide 3: 

Retornan prós eidos coa noite as ovellas tiscando nas beiras o céspede mol.

Slide 4: 

Un vello, arrimado nun pan de sanguiño, o monte atravesa de cara ó pinar.

Slide 5: 

Vai canso; unha pedra topou no camiño e nela sentouse pra folgos tomar...

Slide 6: 

-Ai! -dixo-, que triste, que triste eu estou! I on sapo, que o oía, repuxo: -Cro, cro!

Slide 7: 

Ás ánemas tocan!... Tal noite como esta queimóuseme a casa, morreume a muller

Slide 8: 

Ardeume a xugada na corte, i a besta, na terra a semente botouse a perder.

Slide 9: 

Vendín prós trabucos bacelos e hortas e vou polo mundo de entón a pedir;

Slide 10: 

Mais cando non topo pecháda-las portas, os cans sáienme a elas e fanme fuxir

Slide 11: 

- Canta, sapo, canta; ti e eu somos dous. I o sapo, choroso, cantaba: - Cro, cro!

Slide 12: 

Soliños estamos antrambos na terra, mais nela un buraco ti alcontras i eu non.

Slide 13: 

A ti non te morden os ventos da serra i a min as entranas i os osos me ron.

Slide 14: 

Ti, nado nos montes, nos montes esperas, decote cantando, teu térmeno ver

Slide 15: 

Eu, nado entre os homes, dormento entre as feras, e morte non acho, si quero morrer.

Slide 16: 

- Xa tocan... Recemos, que dicen que hai Dios!... El reza, i o sapo cantaba: - Cro, cro!

Slide 17: 

A noite cerraba, i o raio da lúa nas lívidas cumes comenza a brilar

Slide 18: 

Curisco que tolle nos álbores brúa i escóitase ó lexos o lobo oubear.

Slide 19: 

O probe do vello, cos anos cangado, ergueuse da pedra i o pau recadou;

Slide 20: 

Virou para os ceos o puño pechado e cara ós touzales rosmando marchou. ..

Slide 21: 

Cos ollos seguíndoo na escura extensión, o sapo quedouse cantando: - Cro, cro!

Slide 22: 

Realizado por: Miguel Álvarez Fandiño Alexandra Gil Gil

authorStream Live Help