Alvaro Cunqueiro

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Recoñecimento de Harold Godwinson : 

Recoñecimento de Harold Godwinson

Slide 3: 

Unha noite de cinza caíu sober da terra as linternas andaban por entre os mortos

Slide 4: 

e nas feridas do máis ferido de todos Edith Swanehals poñía a luz violeta dos seus ollos

Slide 5: 

por si aquel era Harold fillo de Godwin que ela amara tanto.

Slide 6: 

E aquel mesmo era a boca pola que saía un fío de sangue pousada na boca terrea dunha toupeira.

Slide 7: 

Viña de lonxe o canto do mar. Edith sentouse a carón do morto e cun fío branco que tirou dos seus soñares comezou a tecer un pequeno pano pra tapar os ollos do Rei.

Slide 8: 

Escoitábase o mar, e mailas follas secas do bosque arremuiñando nos camiños entre os outeiros.

Slide 9: 

A derradeira caricia de Edith foi aquel calado tecer perto do morto, e cando saía a lúa misturou fíos azúes da luz da viaxeira cos seus

Slide 10: 

-as agullas iban e viñan en silencio as mans movéndose coma quen anaina un neno

Slide 11: 

o mirar violeta de Edith adentrábase máis e máis nas escuras feridas, recoñecendo o sangue do amante, e maila morte.

Slide 12: 

Así foi que Edith xa estaba cega cando lle preguntaron quen entre aquelas sesenta ducias de mortos era Harold.

Slide 13: 

- Este, dixo sinalando, a tentas, que facía cantar os reiseñores nas noites de verán cando me bicaba e me dicía - Swanehals, Colo de Cisne, envelleceremos xuntos pro ti máis lentamente.

Slide 15: 

Sandra Abalde Graña 1º BACH. D

authorStream Live Help