Miro Villar

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Slide 1: 

MIRO VILLAR XXII Quando trovo in questo mio silenzio una parola scavata è nella mia vita come un abisso Giuseppe Ungaretti

Slide 2: 

Sentado na ancha mesa da soidade compoño versos que non escoitas, nos catro borralleiros sen fume de cabichas dormen restos da carta

Slide 3: 

pola que aínda espero, nun fumegante rostro arrecendo o tabaco de amar papel os labios.

Slide 4: 

teño diante un froiteiro de desamor na boca, a zumosa laranxa para esquecer o gusto

Slide 5: 

dos túrxidos peitos, un perucho marelo para esquecer o azucre do pube nos meus dedos,

Slide 6: 

dous plátanos maduros para esquecer a polpa carnosa dunhas pernas que me cravas en soños

Slide 7: 

nas costas do desvelo, dous acios de uvas claras e de uvas moi vermellas e bagos desprendidos

Slide 8: 

para esquecer os ollos limpos, o nariz doce e a sombra dos mamilos, pero nada é o mesmo para o goce adiado que por ausencia sufro.

Slide 9: 

sentado na ancha mesa lembranzas recompoño nos versos que me acoden tristes, que non escoitas

Slide 10: 

porque existe unha sima que abrimos co silencio da noite máis profunda nos nosos sentimentos.

Slide 11: 

sentado na ancha mesa só desta dor dispoño e froitas sen sabores repoño nos meus versos

Slide 12: 

que non escoitas, lonxe como estamos dun eco que esperte do letargo palabras de desexo nos tremecentes corpos de cada despedida.

authorStream Live Help