seoane_celsa

Views:
 
Category: Entertainment
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

LUÍS SEOANE : 

LUÍS SEOANE CELSA R.I. AFORCOUSE EN XULLO DO ´64

Slide 2: 

Celsa R.I. pendurouse dunha viga. Aforcouse nun alpendre. Profesión: pescantina. Estado: viuda.

Slide 3: 

Ós coarenta e cinco anos xa era vella. Cómo brúa a mar.

Slide 4: 

Qué negra noite, Celsa R.I.

Slide 5: 

O vento bate a porta aberta do alpendre e abana paseniñamente teu corpo. Renxe a viga.

Slide 6: 

Cando nena, o pai mariñeiro contáballe a Celsa R.I. dunha onda roxa no mar, cun anxo sentado enriba.

Slide 7: 

Tamén da estadea azul cun pano branco perpetuamente ergueita na mesma rocha que enfeitizaba os mariñeiros.

Slide 8: 

O pai de Celsa R.I. falaba de encantamentos. Non falaba da súa vida.

Slide 9: 

Tampouco o fixera o seu home. Afogado, naufragou nun barco de pesca.

Slide 10: 

¿Que se ten de falar da vida dun mariñeiro?

Slide 11: 

Celsa R.I. vivía nunha aldea de vellos e nenos. Illada, soia, medoñenta.

Slide 12: 

Tampouco tiña nada que falar de sí.

Slide 13: 

¿A quen lle podía impotar Celsa R.I. nunha terra maldita, de xentes emigradas,

Slide 14: 

rillada polos usureiros, apremeda dende lonxe polos burócratas?

Slide 15: 

Celsa R.I. traballadora no peirao, aforcouse.

Slide 16: 

Non a levou ningún anxo da terra. Non a enfeitizou ningunha estadea azul.

Slide 17: 

Cómo brúa a mar… Qué negra noite, Celsa R.I.

Slide 18: 

O vento bate a porta aberta do alpendre e abana paseniñamente teu corpo. Renxe a viga.

authorStream Live Help