slide 1: V OCABULARIO DA SOSTIBILIDADE
Revisando a sostibilidade do a ao z
A:
Comeza co A: Reducir o consumo
dos recursos naturais.
Solución: Aforrar
B:
Comeza co B: Zona que rodea a
Terra onde habitan os seres vivos.
Solución: Biosfera
slide 2: C:
Comeza co C: Acción de transmitir
xermes ou substancias prexudiciais
e perigosas ao medio natural.
Solución: Contaminación
D:
Comeza co D: Destrución da
vexetación forestal dun terreo que
vai en contra da sostibilidade.
Solución: Deforestación.
E:
Comeza co E: Comunidade de
seres vivos e do medio natural no
que viven.
Solución: Ecosistema
slide 3: F:
Comeza co F: Xeración que se vai
ver máis afectada debido ao
cambio climático.
Solución: Futuro
G:
Comeza co G: Que afecta a todo o
planeta como o cambio climático.
Solución: Global
H:
Comeza co H: Fórmula química do
líquido do que están compostos os
mares lagos e ríos incoloro en
pequenas cantidades inodoro e
insípido e co paso do tempo está
cada vez máis contaminado.
Solución: H2O
slide 4: I:
Comeza co I: Efecto que almacena
a calor do Sol.
Solución: Invernadoiro
L:
Comeza co L: Dise da enerxía que
menos contamina.
Solución: Limpa
M:
Comeza co M: Espazo onde se
verte a maioría de recursos
contaminantes e que afecta aos
animais mariños que viven alí.
Solución: Mar
slide 5: N:
Comeza co N: Conxunto de todas
as cousas e forzas que compoñen
o mundo físico especialmente todo
o que existe sen intervención do
home e que forma o medio onde
este e o resto dos seres viven e
que se ve gravemente afectado
pola contaminación.
Solución: Natureza
Ñ:
Contén o Ñ: Dise dos animais que
viven no medio que se ve máis
afectado pola contaminación.
Solución: Mariños
slide 6: O:
COmeza co O: Mellorar a axuda ao
medio ambiente.
Solución: Optimizar
P:
Comeza co P: Material constituído
por una variedade de compostos
orgánicos sintéticos ou
semisintéticos que teñen a
propiedade de ser maleables e
polo tanto poden ser moldeados en
obxetos sólidos de diversas
formas co que estamos
contaminando o planeta.
Solución:Plástico
slide 7: Q:
Comeza co Q: Consecuencia directa
do efecto invernadoiro.
Solución: Quencemento global
R:
Comeza co R: Volver utilizar algo
xeralmente cunha función distinta
da que tiña orixinalmente evitando
así volver mercalo.
Solución: reutilizar.
S:
Comeza co S: Proceso que permite
preservar manter e mellorar a
calidade dos recursos e dos
equilibrios naturais así como velar
polo futuro.
Solución: Sostibilidade
slide 8: T:
Comeza co T: Actividades
realizadas pola nosa clase ao longo
do curso para que axudemos ao
medio ambiente.
Solucion: Talleres
U:
Comeza co U: Que pertence ou se
refire a todos os países a todos
os tempos a todas as persoas ou
a todas as cousas como os
problemas ambientais.
Solución: Universal
slide 9: V:
Comeza co V: Facer de forma
voluntaria que caia ou saia o
contido dun recipiente o que pode
ser perigoso se o facemos nun
lugar natural con substancias
contaminantes.
Solución: Verter
X:
Contén o X: Auga que pasou a
estado sólido pola acción do frío
que é un dos elementos máis
prexudicados polo cambio climático.
Solución: Xeo
slide 10: Z:
Contén o Z: Gas que forma unha
capa da atmosfera que se ve
afectada pola contaminación e que
debemos preservar porque nos
protexe das radiacións ultravioletas.
Solución: Ozono