10 2205 HISTORIA EUA

Views:
 
Category: Entertainment
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Slide1: 

A COLONIZACIÓN DE AMÉRICA Durante os séculos XVII e XVIII chegan ás costas do este ondas de inmigrantes británicos que fundan las Trece Colonias. Todo vai relativamente ben ata que a metrópole británica aumenta as taxas para axudar a sufraga-los gastos da Guerra dos Sete Anos. Comeza a difundirse polas colonias a idea de que a metrópole só se aproveita deles e poden vivir ben sen a súa protección.

Slide2: 

A GUERRA DE INDEPENDENCIA AMERICANA En 1845 comeza oficialmente a guerra. As Trece Colonias loitan contra o exército británico en clara desvantaxe, máis o apoio que reciben de Francia, molesta pola derrota na Guerra dos Sete Anos, e de España axudan a que a loita se decante do lado americano. En 1783 os contendentes firman a Paz de Versalles, tratado no que Gran Bretaña recoñece a independencia das Trece Colonias.

Slide3: 

A CREACIÓN DOS ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA En 1776, durante a Guerra de Independencia, escribiran a Declaración de independencia. En 1787, reúnense 55 representantes das colonias e redactan a Constitución dos Estados Unidos de América. Fórmase un goberno federal e o 30 de abril de 1789 ó heroe de guerra George Washington é elixido primeiro presidente dos Estados Unidos de América. En 1803 os Estados Unidos de América mercan Luisiana a Francia e Florida a España. Logo dunha segunda guerra con Gran Bretaña que queda igualada, os EUA experimentan unha rápida expansión económica

Slide4: 

A GUERRA CON MÉXICO E A EXPANSIÓN CARA O OESTE Seguindo a Doutrina de Monroe e en busca de novos territorios, os colonos americanos tentan asentarse en México. Unha vez que os colonos son cerca do 60% da poboación de Texas, levántanse en armas, proclámanse independentes e anexiónanse os EUA. Dende o 1846 ata o 1848 ten lugar a chamada Guerra mexicano-estadounidense, que finalmente gañará EUA polo que anexiona os estados de Arizona, California, Colorado, Nevada, Novo México e Utah.

Slide5: 

A GUERRA CIVIL AMERICANA (I) Capitalistas Escravistas En 1860, Abraham Lincoln, un antiescravista, gaña as eleccións presidenciais. No 1861 Carolina do Sur, Mississippi, Florida, Alabama, Georgia, Louisiana, Texas, Virginia, Arkansas, Tennessee e Carolina do Norte independízanse e fundan os Estados Confederados de América.

Slide6: 

A GUERRA CIVIL AMERICANA (II) Logo dunha guerra que dura dende o 1861 ata 1965, vencen os estados do norte e establécese a abolición da escravitude, mais non se lle conceden dereitos civís ós ex-escravos. A “eliminación” de diferenzas entre o norte e o sur do país axuda a acelera-la industrialización, especialmente no norte.

Slide7: 

A EXPANSIÓN COLONIAL Dende finais de 1800 ata comezos 1900, ondadas de emigrantes europeos chegan ós EUA. Isto provoca: Incremento da industria e dos terreos dedicados á explotación capitalista. Múltiples guerras cos nativos polo territorio. No 1867, os EUA mercan Alasca a Rusia. A finais de 1800, os EUA comezan a estenderse ó estilo colonial europeo. Prodúcense as seguintes guerras: Guerra hispano-estadounidense. O país norteamericano apodérase de: Cuba, Porto Rico, Filipinas e Guam. Guerra filipino-estadounidense. A guerra asola o arquipélago asiático. EUA consegue algúns territorios.

Slide8: 

A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL (I) En 1914 comeza a Primeira Guerra Mundial Os EUA participan na guerra mais sen un peso demasiado importante. Axudan coma provedores baratos e, ó final da contenda, coma reforzos, inclinan a balanza do lado da alianza, unha vez que a Triple Entente está desgastada e desmoralizada.

Slide9: 

A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL (II) En 1919 remata a guerra co Tratado de Versalles, documento no que os aliados impoñen a Alemaña duras sancións económicas, militares e territoriais. Os EUA non están de acordo e non ratifican o tratado. Os EUA comezan a desconfiar de Rusia, que facía pouco sufrira un revolución comunista. Ó final da Primeira Guerra Mundial perderan a vida arredor de 15 millóns de persoas e gran parte de Europa quedara destruída.

Slide10: 

A GRAN DEPRESIÓN O 24 de outubro de 1929, conocido como Xoves Negro, comezou a maior crise mundial que o capitalismo coñeceu ata o de agora. Causas: Falta de compradores para a superprodución das fábricas que se enriqueceran durante a Gran Guerra. - Ante os grandes beneficios , aumento extraordinariamente das inversións en bolsa, ata que a burbulla estalou. Algúns bancos e empresas reclaman os seus aforros e quedan sen eles. A baixada de prezos orixina o descenso da produción e do emprego. Cada vez prodúcese menos e mércase menos. Cerran empresas e aumenta considerablemente o paro.

Slide11: 

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (I) En setembro de 1939 comeza a Segunda Guerra Mundial. Como na anterior, os EUA convértense nos grandes exportadores do mundo (non só ós aliados).

Slide12: 

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (II) En 1940 o presidente norteamericano Roosevelt prohibe as exportacións a Xapón como castigo polas ofensivas do país asiático nesas terras. Isto provoca problemas a Xapón, especialmente por falta de combustible. En Decembro de 1941 Xapón ataca a base estadounidense de Pearl Harbour, co que os EUA toman parte oficialmente na contenda. En 1945, logo de varias ofensivas militares tanto en Europa como en Asia, o presidente norteamericano, Harry S. Truman, dá a orde de bombardear con bombas atómicas as cidades de Hiroshima (6 de Agosto) e Nagasaki (9 de Agosto). Morreron en total uns 60 millóns de persoas.

Slide13: 

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL (III) En 1945, trala perda de Italia por parte do Eixe Roma-Berlín, o desastre militar en Europa do exército nazi e a rendición de Xapón finaliza a Segunda Guerra Mundial. No 1946 o presidente Truman aproba o Plan Marshall, un plan de axuda económica a Europa.

Slide14: 

A GUERRA FRÍA Trala Segunda Guerra Mundial a URSS e os EUA pasan a ser as grandes potencias mundiais. Nas décadas de 1940 a 1960 ambos países, especialmente a URSS, tentan instaurar gobernos afíns á súa órbita política en todo o mundo. Ambos se encerellan en guerras civís en todo o mundo para tentar conseguir o maior número de apoios.

Slide15: 

A ERA KENNEDY En 1961 John Fitzgerald Kennedy é elixido presidentes dos EUA. Tenta promove-los dereitos dos afroamericanos. - Tranquiliza-la situación coa URSS.

Slide16: 

A GUERRA DO VIETNAM No 1964 os EUA participan abertamente na Guerra do Vietnam logo duns supostos ataques vietnamitas a postos americanos no pacífico. Continxentes importantes, especialmente das zonas pobres do pais, son enviados para loitar nesa contenda. Continuas protestas populares contra a guerra de Vietnam.

Slide17: 

NIXON E O WATERGATE En 1969 Richard Nixon é elixido presidente dos EUA. 17 de xuño do 1972 descóbrese o escándalo Watergate: Destápase unha trama de espionaxe contra o partido demócrata (opositor ó republicano de Nixon). Logo das investigacións de dous periodistas e da testemuña anónima Garganta Profunda, descóbrese que o promotor da trama é o goberno de Richard Nixon. O 9 de agosto do 1974, ante o proceso de destitución contra el (impeachment), Richard “Tricky” Nixon dimite como presidente dos EUA.

Slide18: 

EUA NA ACTUALIDADE (I) 1990 – Primeira Guerra do Golfo. Iraq invade Kuwait. Debido ás relacións comerciais con Kuwait George Bush Senior e a ONU atacan a zona e acada a liberación do país. O conflito remata en 1991 coa rendición de Iraq, mais permiten a Saddam Hussein manterse no poder. 1991 – Disólvese a URSS polo que desaparece o bipolarismo político. 1998 – Escándalo Lewinsky. Descóbrese que o presidente Bill Clinton mantivo relacións sexuais coa súa bolseira Mónica Lewinsky.

Slide19: 

EUA NA ACTUALIDADE (II) 11 de setembro do 2001 – Catro avións secuestrados pola organización terrorista Al-Qaida producen varios atentados nos EUA. 2003 – Logo de presentar mostras falsas de que Iraq posuía armas de destrución masivas, os EUA a unha alianza occidental atacan Iraq. Faise un seguimento especial en todo o mundo sobre o Caso Lewinsky e fanse continuas alusións ós impeachment americanos.

Slide20: 

POLÍTICA DOS EUA DATOS XERAIS Capital: Washington, DC Cidade máis grande: Nova York 18.498.000 hab. no 2004 Forma de goberno: República Federal Presidente: George Walker Bush Vicepresidente: Dick Cheney Área: 9.631.418 km² Idioma oficial: inglés (86%) e tamén se fala o español (13%) Poboación: 298.171.951 hab.

Slide21: 

ESTADOS DOS ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA

Slide22: 

ORGANIZACIÓN POLÍTICA DOS ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA O poder executivo está encabezado polo presidente que é elixido nas eleccións nacionais cada catro anos. O proceso de elección dun presidente nos Estados Unidos é único. O vicepresidente, elixido do mesmo partido político do presidente, actúa como presidente no caso de morte ou incapacidade do presidente ata rematar o período. O poder lexislativo componse de dúas cámaras: o Senado e a Cámara de Representantes. O poder xudicial está composto polos tribunais federais de distrito, 1 por estado, 11 tribunais federais de apelación e a Corte Suprema.

Slide23: 

OS ESTADOS MÁIS IMPORTANTES: CALIFORNIA DATOS XERAIS Capital: Sacramento Cidade máis grande: Los Ángeles Gobernador: Arnold Schwarzenegger Idioma oficial: inglés Poboación (ano 2000): 36.132.147 hab. É o estado máis poboado do país. Como país independente sería a sétima potencia mundial.

Slide24: 

OS ESTADOS MÁIS IMPORTANTES: TEXAS DATOS XERAIS Capital: Austin Cidade máis grande: Houston Gobernador: Rick Perry Idioma oficial: ningún. Os máis empregados son o inglés (68,8%) e o español (27%). Poboación (ano 2000): 20.851.820 hab. (2º posición) O seu produto interior bruto e o terceiro máis grande de USA. Actualmente é unha zona conflitiva debido á emigración mexicana.

Slide25: 

OS ESTADOS MÁIS IMPORTANTES: FLORIDA DATOS XERAIS Capital Tallahassee Cidade máis grande:Jacksonville Gobernador: Jeb Bush Idioma oficial: Inglés. Non obstante o 16% da poboación fala español. Poboación (ano 2000): 15.982.378 hab. Case o 20% da poboación é hispana. Destaca a numerosa poboación hispana de Miami, o 66% é latina.

Slide26: 

OS ESTADOS MÁIS IMPORTANTES: NOVA YORK DATOS XERAIS Capital: Albany Cidade máis grande: Nova York Gobernador: George Pataki Idioma oficial: Ningún, inglés de facto. Poboación (ano 2000): 18.976.457 hab. Neste estado está Nova York, capital política e financeira do mundo. É un dos grandes referentes culturais dos EUA.

authorStream Live Help