Dom III TO C. Lc 1,1-4. 4, 14-21

Views:
 
     
 

Presentation Description

Liturxia Catolicismo CRisto Fe

Comments

Presentation Transcript

Santo Evanxeo segundo Lucas (1, 1-4; 4, 14-21 ):

Santo Evanxeo segundo Lucas (1, 1-4; 4, 14-21 ) DOMINGO III DO TEMPO ORDINARIO (C) NAZARET

PowerPoint Presentation:

Ilustre Teófilo : Posto que moitos emprenderon a tarefa de narrar axeitadamente os feitos ocorridos entre nós…

PowerPoint Presentation:

… Tal como nolos transmitiron desde o principio as testemuñas oculares e mailos predicadores da palabra…

PowerPoint Presentation:

Decidín eu tamén, despois de me informar con tino desde as orixes, escribirchos ordenadamente para ti…

PowerPoint Presentation:

A fin de que coñezas ben a firmeza das ensinanzas nas que te instruíron.

PowerPoint Presentation:

Naquel tempo, coa forza do Espírito Santo, Xesús volveu a Galilea, e a súa sona estendeuse por toda a redonda.

PowerPoint Presentation:

Ensinaba nas sinagogas, e todo o mundo dicía moito ben del.

PowerPoint Presentation:

Chegou a Nazaret, onde se criara, e o sábado entrou, como estaba afeito, na sinagoga. Ergueuse para facer a lectura, e déronlle o libro do profeta Isaías .

PowerPoint Presentation:

Abriuno e atopou unha pasaxe que dicía: O Espírito do Señor está sobre min porque El foi quen me unxiu para proclamarlles a Boa Nova aos pobres.

PowerPoint Presentation:

Mandoume para lles anunciar a liberación aos secuestrados e a vista aos cegos, para lles dar liberdade aos asoballados, e proclamar o ano de graza do Señor.

PowerPoint Presentation:

Pechando o libro, devolveullo ao encargado e sentou. Todos os ollos da sinagoga enteira estaban fixos nel.

PowerPoint Presentation:

Logo empezoulles a dicir: Hoxe cúmprese diante de vós esta pasaxe da Escritura.

► PALABRA DO SEÑOR:

► PALABRA DO SEÑOR ► LOÁMOSTE, CRISTO

authorStream Live Help