Evanxeo do domingo III de Advento

Views:
 
     
 

Presentation Description

O evanxeo do domingo en galego.

Comments

Presentation Transcript

ADVENTO III (C):

ADVENTO III (C) SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS (3, 10-18)

PowerPoint Presentation:

Naquel tempo , a xente preguntáballe a Xoán: ‑¿E logo, que temos que facer?

PowerPoint Presentation:

El respondíalles: ‑O que teña dúas túnicas, que as reparta con quen non teña ningunha; e que faga o mesmo o que teña que comer.

PowerPoint Presentation:

Foron tamén uns recadadores a se bautizar, e preguntáronlle: ‑ Mestre, ¿que temos que facer?

PowerPoint Presentation:

El contestoulles: ‑ Non esixades nada máis do que vos está mandado.

PowerPoint Presentation:

Tamén uns soldados lle preguntaron: ‑ E nós, ¿que temos que facer?

PowerPoint Presentation:

El contestoulles: ‑ Non asoballedes nin saqueedes a ninguén, e contentádevos coas vosas pagas.

PowerPoint Presentation:

Como o pobo estaba esperando polo Mesías, empezaba a pensar se acaso non o sería Xoán; pero el declarou diante de todos:

PowerPoint Presentation:

‑ Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte ca min, e a quen eu non son digno de lle desatar os amallós do seu calzado.

PowerPoint Presentation:

El havos bautizar con Espírito Santo e con lume.

PowerPoint Presentation:

Porque trae a forcada na man, para limpar a súa eira e recoller na hucha o seu trigo; pero a palla ha de a queimar no lume que nunca se apaga.

PowerPoint Presentation:

Con esta e outras moitas exhortacións anunciáballe a Boa Nova á xente.

PowerPoint Presentation:

Palabra do Señor Loámoste , Cristo

authorStream Live Help