Santa Catalina gal

Views:
 
     
 

Presentation Description

Vida Sor Catalina de Labouré

Comments

Presentation Transcript

PowerPoint Presentation:

SANTA CATALINA LABOURÉ

PowerPoint Presentation:

Catalina Labouré naceu o 2 de Maio de 1806, en Fain-les-Moutiers, Francia. Eran once irmáns na familia e dedicábanse aos labores do campo Todos eran moi devotos da Santísima Virxe .

PowerPoint Presentation:

Cando tiña nove anos, morreu a súa nai e, ese mesmo día, unha empregada sorprendeu a Catalina sobre unha cadeira abrazando unha imaxe da Virxe e pedíndolle protección e amor. “Dende agora Ti serás a miña única NAI”

PowerPoint Presentation:

A súa irmá maior entrou no Seminario e Catalina tivo que facerse cargo das tarefas da casa. Tivo que deixar a escola e non puido aprender a ler nin escribir. Cada día, cando remataba a súa tarefa, facía oración.

PowerPoint Presentation:

Aos 14 anos pediu ao seu pai permiso para ser relixiosa, pero o seu pai non llo permitiu porque a necesitaba para atender ás tarefas da casa. Isto doeulle, pero obedeceu. Sen embargo, pedíalle moito a Xesús que lle concedera ser relixiosa.

PowerPoint Presentation:

Cando tiña 18 anos soñou que lle dicía un ancián sacerdote : “Un día, axudarasme a coidar aos enfermos”. A imaxe dese sacerdote quedoulle gravada para sempre na memoria .

PowerPoint Presentation:

Un día visitou á súa irmá relixiosa e viu o retrato de San Vicente de Paúl. Decatouse de que era o mesmo sacerdote que vira en soños. Desde ese día propúxose ser Filla da Caridade.

PowerPoint Presentation:

Por fin, o seu pai deulle permiso para ingresar coas Fillas da Caridade. O informe de ingreso dicía: “Le e escribe, é piadosa, ama o traballo e é moi alegre” Catalina aprendera a ler e escribir soa e estaba feliz de ser relixiosa .

PowerPoint Presentation:

Unha noite, mentres durmía, escoitou que por tres veces a chamaban polo seu nome. Espertou e viu un neno vestido de branco que lle dixo: “Érguete e ven á capela, a Santísima Virxe espérate”. Catalina seguiu ao neno. O corpo do rapaz irradiaba vivos resplandores e ao seu paso todo quedaba iluminado.

PowerPoint Presentation:

Con gran sorpresa atopou todas as velas prendidas na capela e Sor Catalina viu unha señora de extremada beleza atravesar maxestuosamente o presbiterio; o neno levouna cara á Virxe María.

PowerPoint Presentation:

Nosa Señora comunicoulle esa noite varias cousas futuras que ían suceder na Igrexa e recomendoulle que o mes de maio foise celebrado con maior fervor na honra da Nai de Deus. Catalina creu sempre que o neno que a guiara era o seu anxo da garda.

PowerPoint Presentation:

Despois dun ano de estar no Seminario foi traballar nun hospital-asilo. Alí viviu durante 46 anos, nos que serviu aos pobres en traballos diversos.

PowerPoint Presentation:

Cinco anos pasounos na cociña, poñendo todo o seu esmero en facer o mellor posible a comida para os pobres.

PowerPoint Presentation:

Durante moitos anos atendeu a granxa, na que había un bo número de vacas e tamén numerosas pombas.

PowerPoint Presentation:

Tamén atendeu unha sala de anciáns enfermos. Os últimos anos da súa vida, estivo na portería, onde con cariño recibía a cantos alí chegaban.

PowerPoint Presentation:

O 27 de Novembro de 1830 a Virxe encomendoulle facer unha medalla que tivera a súa imaxe. Prometeulle axudas moi especiais para quen levara esta medalla. A Virxe díxolle a Sor Catalina que moitas grazas e axudas celestiais non se obteñen porque non se piden.

PowerPoint Presentation:

Sor Catalina foi ao Arcebispo consultarlle o caso e este deulle permiso para que fixera as medallas. A partir deste momento comezaron os milagres. Para 1836 repartíranse máis de 130.000 medallas .

PowerPoint Presentation:

SIGNIFICADO DE LA MEDALLA ANVERSO María amósase en pé. María coas mans abertas en actitude de acollida. Lese unha oración: “Oh María sen pecado concibida, roga por nós que recurrimos a Ti.

PowerPoint Presentation:

SIGNIFICADO DE LA MEDALLA REVERSO Un M coroado pola cruz: indica a unión de María co misterio da Paixón e Cruz do seu Fillo. Dous corazóns : o de Xesús e o de María. Doce estrelas : Xesús estableceu a súa Igrexa sobre o fundamento de Pedro e os seus Apóstolos.

PowerPoint Presentation:

E así, mentres esta devoción se propagaba por todas partes, Catalina seguía no seu destino, varrendo, lavando, coidando dos animais da granxa e facendo de enfermeira, como a máis humilde e ignorada de todas as Irmás.

PowerPoint Presentation:

Dende 1830 ata 1876, ano en que morreu, Catalina estivo na Comunidade sen que a ninguén se lle ocorrera que ela era a quen se lle aparecera a Virxe María.

PowerPoint Presentation:

Catalina pediu que se colocara unha imaxe da Virxe Milagrosa no sitio onde se lle aparecera e, ao vela, aínda que é unha imaxe fermosa, ela exclamou: ¡Ouh, a Virxe é moitísimo máis fermosa que esta imaxe!.”

PowerPoint Presentation:

En 1874 aos 70 anos, Catalina enfermou e morreu sen sufrir. As Irmás preguntábanlle: “¿Non sente vostede medo de morrer?” Ela contestou: “¿Por que hei de ter medo de ir ver ao Noso Señor, á súa Nai e a San Vicente?

PowerPoint Presentation:

O seu corpo atópase incorrupto en París, Francia. Pouco tempo despois da morte de Catalina, foi levado un neno de 11 anos, inválido de nacemento e ao achegalo ao sepulcro da santa, quedou instantaneamente curado.

PowerPoint Presentation:

En 1947, o Papa Pío XII declarou santa a Catalina Labouré .

PowerPoint Presentation:

A Capela das Aparicións en París, está sempre chea de xente rezando á Virxe Milagrosa. Ao pé do altar atópase o corpo de Santa Catalina .

PowerPoint Presentation:

Oxalá que a vida de Santa Catalina nos motive para saber mirarnos no espello da nosa Nai María. Que aprendamos dela a vivir con sinxeleza, cunha mirada limpa e realizando en cada momento aquilo que é o noso deber. ¡ OUH MARÍA SEN PECADO CONCIBIDA, ROGA POR NÓS QUE RECURRIMOS A TI !

authorStream Live Help