Slide 3:
INTRODUCCIÓN Estamos no ano 3108. Sodes arqueólogos que estades escavando nunha zona remota do planeta e encontrastes algo marabilloso. Tedes ante vós as probas para certificar que unha lenda moi antiga é verdade. Encontrastes un libro e diferentes obxectos (como a vasilla da fotografía de arriba) de hai moito tempo co que podedes probar que no planeta Terra se celebraron os Xogos Olímpicos algunha vez.
Slide 4:
TAREFAS Despois de moitos anos de investigación agora tedes que mostrar a todos os habitantes da Terra, da Lúa e Marte (que son os lugares habitados no ano 3108) os vosos achados. Co traballo de investigación que ides realizar teredes que conseguir: Coñecer cando, onde, quen e como se celebraban os Xogos Olímpicos Antigos. Coñecer cando, onde, quen e como se celebraban os Xogos Olímpicos Modernos. Saber cal son os organismos e actividades paralelas que xurdiron arredor desta reunión deportiva. E valorar o deporte como unha actividade para mellorarse a un mesmo e facer amigos.
Slide 5:
PROCESO ¿ Como realizaredes este traballo de investigación? Primeiro tedes que facer grupos para traballar (Recordade seredes un equipo no que os éxitos e os fracasos serán compartidos). Despois teredes que ler un libro antigo que se titula: ASTERIX NOS XOGOS OLIMPICOS Posteriormente tedes que buscar en Internet as respostas ás preguntas que encontraredes neste documento: Que sabes dos XOGOS OLÍMPICOS? Toda esta información expoñerédela nun Power Point que poderá incluír texto, imaxes e sons. Terá que ser como máximo de 10 diapositivas. E ensinarédesllo a toda a clase unha vez rematado. Para realizar esta tarefa podedes consultar estas webs que seleccionamos: Símbolos olímpicos Xogos Olímpicos antigüidade I Xogo s Olímpicos antigüidade II Xogos Olímpicos antigüidade III Vestimenta antiga Discriminación olímpica Probas olímpicas antigüi dade Pierre de Coubertin ------ O Barón de Coubertin Xogos Olímpicos antigüidade (orixe) Xogos Olímpicos modernos I Lema Olímpico Premios olímpicos modernos Ceremonia olímpica --- Facho olímpico XXOO 2008 Mascotas olímpicas XXOO en España XXOO para discapacitados físicos, psiquicos e sensoriais COI Xogos olímpicos da antigüedad e Xogos antiguos e modernos Mascotas olímpicas Xogos paralímpicos Pruebas olímpicas da antigüedad e Aros olímpicos Información de China
Slide 6:
AVALIACIÓN Contidos Suficiente Notable Sobresaliente Máxima puntuación Xogos Olímicos Antigos Responder ás preguntas correctamente Respostas correctas unidas a imaxes e sons que melloren a explicación. Respostas correctas, con imaxes e sons que melloren a explicación e con un diseño atractivo. 4 puntos Xogos Olímpicos Modernos Responder ás preguntas correctamente Respostas correctas unidas a imaxes e sons que melloren a explicación. Respostas correctas, con imaxes e sons que melloren a explicación e con un diseño atractivo. 4 puntos Traballo en equipo Realizar o traballo entre los dos. Realizar o traballo entre os dous e respectando a opinión de ambos. Realizar o traballo entre ous dous, respectando a opinión de ambos e sabendo resolver os problemas mediante o diálogo . 2 puntos A nota da avaliación será a mesma para os dous membros da parella, xa que sodes un equipo: