2º ESO TEMA 6 PENÍNSULA IBÉRICAS.XI-XIII

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Slide1:

2º ESO TEMA 6: A PENÍNSULA IBÉRICA ENTRE OS SÉCULOS XI E XIII L U I S G Ó M E Z

Slide2:

A decadencia política e territorial de al-Ándalus A partir do século XI al-Ándalus iniciou unha progresiva decadencia política territorial Esta situación foi aproveitada polos estados cristiáns do norte peninsular para expandirse cara ao sur.

Slide3:

A evolución de al-Ándalus pasou por 3 períodos: REINOS DE TAIFAS (s. XI): cada reino taifa comprendía unha cidade principal e o territorio de arredor. Había diferentes grupos étnicos: os árabes, os musulmáns e os bérberes. Os estados cristiáns do norte aproveitaron a súa debilidade para atacalos. OS ALMORÁBIDES (s. XI-XII): entraron na Península en 1086 e impuxeron o seu dominio en al-Ándalus. Implantaron un forte radicalismo relixioso, perseguindo os mozárabes e os xudeus. OS ALMOHADES (s. XII-XIII): substituíron aos almorábides no norte de África. Entraron na Península e implantaron un maior radicalismo relixioso. Ao principio os almohades pararon as conquistas cristiás, pero despois foron derrotados na batalla das NAVAS DE TOLOSA (que marca o inicio da fase final da reconquista). A partir de aquí, o poderío almohade recaeu e foron expulsados.

Slide4:

A consolidación e o avance dos reinos cristiáns Durante os séculos XI, XII e XIII, os estados cristiáns peninsulares consolidáronse como reinos. Castela e Aragón estenderon o seu territorio cara ao sur aproveitando os problemas internos dos musulmáns. OS REINOS DE CASTELA E LEÓN Consolidouse como reino único en 1230: o rei Fernando III uniu os reinos de Castela, León, Galicia e Toledo. Expansión en varias etapas: - S. XI: chegou ata o Tajo - S. XII: conquistouse Cuenca. - S. XIII: tras a derrota dos almohades nas Navas de Tolosa, incorporouse Estremadura, o val do Guadalquivir, Córdoba, Xaén e Sevilla… Ao final, o territorio de al-Ándalus quedou reducido ao reino nazarí de Granada.

Slide5:

OS ESTADOS E REINOS ORIENTAIS Aragón e Navarra estiveron unidos entre os século XI e XII Trala morte do rei (Alfonso I o Batallador) os reinos separáronse: Aragón e os condados cataláns formaron a Coroa de Aragón Navarra quedou como reino independente. A COROA DE ARAGÓN: formouse en 1137 tras o matrimonio de Petronila (herdeira de Aragón) con Ramón Berenguer IV (conde de Barcelona. O seu territorio estendeuse cara al-Ándalus (sur) e cara o Mediterráneo. O REINO DE NAVARRA: Tras separarse de Aragón, non puido proseguir a súa expansión territorial, ao quedar bloqueada entre Aragón e Castela e quedar sen fronteira cos musulmáns. Por último, Portugal independizouse de León a mediados do s. XII e iniciou a súa expansión territorial cara o sur.

Slide7:

Goberno e administración dos reinos cristiáns As monarquías peninsulares O goberno dos estados peninsulares recaeu en reis . Funcións: - o mando do exército - a administración da xustiza - o dereito a acuñar moeda - a cobrar impostos e a conceder títulos. Pero este poder víase limitado pola autonomía dos señoríos e das cidades . Existiron diferenzas entre os distintos territorios da Península: - En Castela a monarquía era unitaria: formada por un só reino e a autoridade do rei era maior. - Na Coroa de Aragón a monarquía estaba composta por varios reinos que contaban coas súas propias institucións, leis e costumes.

Slide8:

As institucións : Curia, Cortes e Consellos Os reis axudáronse para gobernar da CURIA REXIA organismo composto polos estamentos nobiliarios (nobres – cabaleiros) estamentos eclesiáticos (bispos – abades) A partir de finais do s. XII en León, e no s. XIII nos demais reinos, os reis incorporaron á Curia Rexia os burgueses ricos designados polas cidades. Así naceron as CORTES: asembleas formadas por representantes dos 3 estamentos. Coas Cortes xurden os Consellos: organismos que tiñan a función de aconsellar ao rei.

Slide9:

A repoboación do territorio conquistado Os extensos territorios conquistados aos musulmáns neste período foron repoboados con poboación cristián. O sistema anterior de presura (ocupación libre da terra) foi substituído por outros sistemas de repoboación. TIPOS DE REPOBOACIÓN : REPOBOACIÓN DO CONCELLO OU MUNICIPAL: o territorio conquistado dividíase en concellos un municipios unha vila ou cidade amurallada e un termo municipal. Cada concello recibía do rei un foro (lei) que recollía os deberes, dereitos e privilexios dos seus habitantes axuda militar ao rei os impostos a pagar os permisos para celebrar feiras ou mercados Os repoboadores recibía unha casa, un terreo e terras. Zonas: vales do Duero, Tajo e Ebro.

Slide10:

REPOBOACIÓN POLAS ORDES MILITARES: levouse a cabo entre o Tajo e Serra Morena. Eran zonas fronteirizas, perigosas e de escasa poboación. Por iso a repoboación foi encargada ás ordes militares que eran monxes-guerreiros. Os monxes-guerreiros recibiron extensos señoríos denominados mestrados . A cambio tiñan que defender o territorio e fomentar o seu poboamento. REPOBOACIÓN POR REPARTIMENTO: consistía en repartir o territorio de forma proporcional á participación na conquista. Así, os nobres recibiron grandes propiedades, e as xentes do común, pequenos lotes de terra. Realizouse no val do Guadalquivir , en Murcia, na fachada levantina… Aos musulmáns que se renderon sen loitar permitíuselles permanecer nos arrabaldes urbanos ou no campo; mentres que nas zonas que se resistiron e loitaron, os vencidos foron expulsados.

Slide11:

Mapa cos sistemas de repoboación

Slide12:

As actividades económicas dos reinos cristiáns AS ACTIVIDADES AGRARIAS A agricultura e a gandería foron a base da economía dos reinos cristiáns peninsulares. Practicábanse nos extensos señoríos pertencentes á monarquía, a nobreza, o clero e as ordes militares. Agricultura: cultivaban cereais, vide e oliveira, hortalizas e árbores froiteiras. Gandería: grande importancia porque daba moitos beneficios aos propietarios dos rabaños. En Castela levouse a cabo a transhumancia sistema de cría de gando no que os rabaños se desprazan estacionalmente entre pastos de inverno e de verán.

Slide13:

AS ACTIVIDADES URBANAS As cidades cobraron importancia a partir do século XI grazas á conquista de destacadas cidades musulmás. Así. revitalizouse: a artesanía e o comercio: ARTESANÍA -En Castela os artesáns traballaban en talleres familiares e agrupábanse en confrarías para a axuda dos seus membros. -Na Coroa de Aragón, os artesáns agrupáronse en gremios. COMERCIO Realizábase en tendas urbanas, en mercados semanais e en feiras anuais. -En Castela, o comercio produciuse ao longo do Camiño de Santiago e tamén nos portos do Atlántico e do Cantábrico. Exportaban la, viño e ferro. Importanban tecidos, ouro e escravos… -Na Coroa de Aragón o foco máis importante foi Barcelona.

Slide14:

A sociedade estamental e as formas de vida O ESTAMENTO DOS PRIVILEXIADOS Nos reinos cristiáns peninsulares impúxose pronto a sociedade estamental . Desde o s. XI esta sociedade fíxose máis complexa: NOBREZA CLERO Privilexios Honras Non traballar Non pagar impostos Ser xulgados polas súas propias leis -Lugar destacado en cerimonias -Uso exclusivo de certos tecidos… Varios niveis dentro da NOBREZA : “ Ricos homes ”: donos de grandes señoríos e vivían en palacios. Fidalgos : posuían terras de menor tamaño e unha casa nativa. Cabaleiros viláns : agricultores acomodados con recursos para ter cabalo e armamento. CLERO: Alto clero Baixo clero

Slide15:

O ESTAMENTO DOS NON PRIVILEXIADOS CAMPESIÑADO . Era o grupo social maioritario. Formado por pequenos propietarios libres campesiños dependentes dos señoríos GRUPOS URBANOS . Oligarquía urbana : reducido grupo de persoas que vivían de modo similar á nobreza. Tiñan grandes rabaños, dirixían gremios, eran grandes comerciantes… No nivel intermedio : donos de talleres artesanais e pequenos comerciantes. No nivel inferior : asalariados que vivían na miseria.

Slide17:

Á marxe da sociedade estamental encontrábanse outros grupos. Os XUDEUS vivían en barrios urbanos propios, chamados xuderías. Eran prestamistas, médicos, artesáns especializados e funcionarios de confianza dos reis. Os MUDÉXARES eran os musulmáns que, tras a conquista, quedaron en territorio cristián. Vivían en barrios urbanos propios, chamados mourerías. Eran pequenos artesáns ou traballaban no campo a terra dose señores cristiáns. Os GRUPOS MARXINAIS, formados por vagos, mendigos e xentes sen oficio, asentábanse sobre todo nas cidades.

authorStream Live Help