A carta de Libruxa

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

PowerPoint Presentation:

Queridos nenos e nenas do Vista Alegre

PowerPoint Presentation:

Agora que vexo que vai volvendo todo á rutina, que ás 9 xa sona o timbre para entrar , que as clases volven estar cheas de ganas de aprender, de sorrisos e de amigos… Penso que é o momento para escribirvos esta carta.

PowerPoint Presentation:

Coma vós , eu tamén estiven de vacacións , e non foron unhas vacacións calquera .. N on non! Foron unhas vacacións moi pero que moi especiais …

PowerPoint Presentation:

Despois de moito tempo, voltei ao País das 1001 Bruxas , que por se non o sabiades , foi o país onde nacín fai xa moitos anos..

PowerPoint Presentation:

Alí viaxei á miña infancia, recordei cando comezaba a montar en vasoira e case non era capaz de voar nin un só metro… Pero a base de intentalo unha e outra vez e dalgunha que outra caída…

PowerPoint Presentation:

C onseguino ! Pouco a pouco fun capaz de voar !

PowerPoint Presentation:

Tamén recordei os meus primeiros conxuros ... Q ue desastre! Todo me saía do revés!

PowerPoint Presentation:

Pasa como nas mates, ao principio as contas parecen imposibles, e os problemas xa non digamos ! Pero se lemos con atención e perseveramos… Ao final somos capaces de alcanzar todo o que nos propoñemos !

PowerPoint Presentation:

Así foi como aprendín que se nos esforzamos moito , todos somos capaces de alcanzar case todo o que nos propoñemos .

PowerPoint Presentation:

Canto disfrutei nesta viaxe ! E non só por todas estas memorias, se non e sobre todo, porque coñecín a alguen moi especial, alguen que se convertiu nunha gran amiga e que curiosamente se chama coma min: Libruxa

PowerPoint Presentation:

é unha bruxa nova, moito máis nova ca min, e ademais , é unha bruxa encantadora. Libruxa

PowerPoint Presentation:

Como non podía ser doutra maneira , faleille moito de vós … Conteille moitas cousas das que fixemos no cole.

PowerPoint Presentation:

Cando o convertemos nun castelo e o enchemos de damas, cabaleiros , xograres , bispos… Canto aprendemos sobre a vida na Idade Media!

PowerPoint Presentation:

Cando nos visitaron os científicos e realizamos experimentos na biblio …

PowerPoint Presentation:

Ou da visita tan especial que tivemos en maio , cando os nosos amigos europeos viñeron a Burela …

PowerPoint Presentation:

Libruxa tamén me falou do seu traballo . Traballa no Centro de Investigación de Meigas, onde ensaia con outras bruxas conxuros novos .

PowerPoint Presentation:

Ultimamente estaban buscando un “antídoto antiguerra”, porque viron que a violencia está contaminando o noso mundo, e como di ela : “ E sa contaminación, ás veces, tamén está presente no cole e nas casas… ”

PowerPoint Presentation:

Cando nos pelexamos cos nosos compañeiros … Cando facemos que outra persoa se sinta mal pola nosa culpa Así, nós tamén estamos contaminando o mundo con violencia.

PowerPoint Presentation:

Despois de moito pensar, démonos conta de que desexabamos facer un intercambio.

PowerPoint Presentation:

Non estaría nada mal que eu viaxase de novo ata o País das 1001 Bruxas para unirme ao Centro de Investigación, xa que coa miña experiencia seguro que podo aportar moitas cousas …

PowerPoint Presentation:

E que Libruxa viñera para o Vista Alegre, para propoñervos moitas aventuras novas. C oa súa enerxía e entusiasmo seguro que facedes boas migas.

PowerPoint Presentation:

Libruxa xa está aquí, desexando coñecervos ! Eu aínda estou preparando a miña equipaxe , pero non podería marcharme sen despedirme de vós e darvos as grazas por todos estes anos cheos de momentos marabillosos . GRAZAS!

PowerPoint Presentation:

Espero que a recibades cos brazos abertos e que a tratedes sempre co mesmo cariño co que me tratastes a min.

PowerPoint Presentation:

Sempre vos levarei no meu corazón, seguirei en contacto con Libruxa , para que me manteña ao día de todo o que ides facendo , pois o Vista Alegre será sempre unha casa para min… e a súa biblio , a mellor das habitacións .

PowerPoint Presentation:

Unha aperta enorme, Libruxa

authorStream Live Help