logging in or signing up Balea Varada galefas Download Post to : URL : Related Presentations : Share Add to Flag Embed Email Send to Blogs and Networks Add to Channel Uploaded from authorPOINT lite Insert YouTube videos in PowerPont slides with aS Desktop Copy embed code: (To copy code, click on the text box) Embed: URL: Thumbnail: WordPress Embed Customize Embed The presentation is successfully added In Your Favorites. Views: 458 Category: Education License: All Rights Reserved Like it (1) Dislike it (0) Added: December 06, 2010 This Presentation is Public Favorites: 0 Presentation Description No description available. Comments Posting comment... Premium member Presentation Transcript Slide 1: E OUTROS CONTOS BALEA VARADA Slide 2: Contan algunhas lendas que Galiza foi, antes de que se fixera o mundo, o Paraíso. Aquí, O Supremo , no sétimo día, despois dun arduo traballo, sentou para contemplar o que fixera. Slide 3: Ao pousa-las mans, cunha delas, marcou o que hoxe son as cinco grandes rías galegas, coa outra moldeou nas profundidades do océano a falla onde hoxe se atopa ... Slide 4: ... o monstro do Prestige Slide 5: Na época de Noé, a pomba que atopou a nosa terra despois do Diluvio , albiscou primeiramente as grandes carballas, os bidueiros e ameneiros, as faias, as concheiras..., todas gardadas .., Slide 6: gardadas polos mouros xigantes que soportaron os temporais e as treboadas do diluvio. Pouco despois de atracar nunha das rías, Noé fundou a cidade de Noia na comarca do Barbanza. Slide 7: Co tempo, os descendentes foron espallándose por outras terras, entre eles Céltigo, neto de Brigo ( irmán de Noé), por Fisterra, Cessair marcharía para Irlanda , Slide 8: Leucoiña, convertida en serea quedaría en Thalavo e namoraría máis tarde a Teucro, terminando este por suicidarse nas augas de Ons, preto do Burato do Inferno; e así outros polo mundo adiante. Eles foron os primeiros conquistadores da Galiza despois do diluvio. Slide 9: Os mouros das nosas terras, son seres que viven nos dous mundos, o de aquí e o de alá, e que fan cousas que non son boas de entender. Cando queren escóndense, desaparecen, e cando lles peta ou ... os chaman, aparecen. Disto sabían e saben moito os noso antepasados celtas, os druídas, as nosas meigas, os menciñeiros, os compostores, e mesmo moita xente que máis dunha vez conseguiu velos , e mesmo falar con eles. Slide 10: Unha das historias que imos contar semella unha situación parecida – polo do éxtase da felicidade- á do Santo Ero de Armenteira, que estivo vendo o Paraíso (1150-1350) escoitando cantar un paxaro ó lado dunha fonte, como ben nos conta o rei Afonso X “O Sabio” na cantiga 103 a Santa María Slide 11: Cando lle preguntamos a alguén que paxaro puído ser o de tan doce canto, moitos din que seguro que foi un paifoco, pero non só polo canto, se non porque saben que é un paxaro de bo agoiro. Slide 12: Este, xunto coa lavandeira e a andoriña, foron os que axudaron a Xesucristo a sacarlle as espiñas cando estaba na Cruz. Tamén, noutros tempos , o paifoco, foi o encargado de ir busca-lo lume a Sol. Conseguiuno pero quedoulle un pouco chamuscado o papo. Slide 13: Mentres o noso Santo gozaba coa comentada melodía, xentes de outras terras, uns con boa e outros con mala fe, querían coñecer ou conquistar as nosas costas . O mouro Almanzor conseguiuno por pouco tempo, e daquela raptou, pola súa beleza, para o seu arén a Santa Trahamunda. Slide 14: pero as súplicas da santa fixeron que volvera o pouco tempo miragreiramente para o Campo da Palma, preto do mosteiro de Poio. Slide 15: Outro, S. Barandán ou San Brandán, prior de máis de tres mil monxes, das terras de Irlanda, buscando o paraíso, viuse un día envolto nun Nubeiro viaxando nun dos seus barcos, e arrastrado polos ventos foi parar preto dunha das nosas illas. Slide 16: Como aínda non tocaba terra, unha balea protexida polos mouros deulle un empuxón e arrastrouno dentro da ría . O santo salvouse pero a balea quedou varada en non puído saír. San Brandán sentíuse tan agradecido que implorou durante noventa días e noventa noites ós deuses pola balea, conseguindo deste xeito, que aínda hoxe se poida ver a “Balea Varada” (Illa de Tambo) dentro da ría de Pontevedra, no mesmo sitio onde quedara encallada. Slide 17: San Brandán, ó igual que Santo Ero, quedou prendido destas terras, e contan que viu a luz da felicidade, outros din que a intensa luz foi o resplandor que fixeron as Xacias e os Mouros cando sacaron o ouro para darlle a benvida o Santo, pois había tempo que non viran ningún barco polas nosas costas Outros din que foron os Carbuncos coas súas pedras preciosas na fronte Slide 18: Din que os carbuncos prorovocaron os lóstregos envelenados e cegadores para asusta-lo Santo e que marchara axiña, ou mesmo matalo, pero Balán, rei dous mouros, dende o seu castelo no monte Siradella impediuno Slide 19: O Santo, despois dun tempo, quixo volver a súa terra e contarlles a todos o que acababa de descubrir, levándolles a Luz que lle dera a el a felicidade. Botouse ó mar despois de recompoñer a súa dorna de coiro. Quixo recordar ben o sitio e xirou a cabeza , vendo sen querer unha luz na furna do Burato do Inferno na Illa de Ons, onde se atopaba o Boi de Ouro , encarnizando ó demo e gardando a porta. Slide 20: Nese momento outro Nuboeiro envolveu o barco e non puido ver nada ata chegar mar a dentro, xa moi lonxe das nosas costas O Santo pasou o resto da súa vida intentando volver a facer aquela travesía e compartir aquela felicidade cos seus, pero o Boi de Ouro xa avisara a tódalas forzas do mal : os congros, os sapos, os mouchos, as serpes, as pegas, os corvos,... para , entre todos, poder impedir a volta do Santo. Slide 21: A pesar da gran devoción do Santo, nas seguintes travesías non conseguiu alcanzar as costas galegas, sempre atopaba tempestades na costa que o facían retroceder. Colón. Deu moitas voltas pero o único que conseguiu foi descubrir outras terras, entre elas a costa Americana. Moitos son os que din que foi o primeiro Europeo que pisou esas terras, antes de Colón. Slide 22: Outro dos homes, de non tan boa fe, foi o famoso capitán Drake, que destruíu todo canto se tiña feito nas illas, quedando como cando foi a posterior batalla de Rande. Slide 23: Na illa de Tanavo –así se chamaba daquela- ainda que non era moi grande, había unha pequena ermida feita polas xentes de San Fructuoso, varias casas, un precioso faro con escaleira de caracol, algúns pecios e moitos tesouros. Houbo algo de sorte e cando fuxiron co botín os carbuncos lograron afundir algún dos barcos piratas. Slide 24: No ano 1195, cando Santo Ero quedou prendido, a illa chamábase Thalavo, pasando despois a Tanavo, e cando espertou xa cambiara a Tambo no ano 1495. Tanto cambio foi para confundir ós saqueadores que viñan buscando os tesouros. Entre estes tamén houbo algunhas princesas que viñan buscar os aneis feiticeiros e protectores das mouras. Outras querían só a herba namoradeira, ou a auga milagreira da fonte de S. Miguel, ou os Toxos de Meigas que abundan na illa. Slide 25: Hoxe atópanse no Museo de Pontevedra o anel das Illas Cies e o de Ons. Tamén, pero de bronce, está o anel da Lanzada . Slide 26: Sobre os Toxos das Meigas tamén nos fala o Padre Sarmiento nas súas viaxes, cando visitou a illa bordeándoa nunha barca, pois estaba prohibido entrar por ser recinto militar. As illas que perderon o anel perderon parte da súa protección e por isto están expostas a moitas maldicións. A moitas delas, non fai pouco que lle aconteceu a maldición do Prestige Slide 27: Para rematar , cóntovos que existen conxuros para desfacer estas maldicións, hainas que consultar no Ciprianillo ou ben escoller algúns destes tres que eu propoño : Slide 28: 1º.- Coller un congro ou outro animal maldito, e bendicilo o día do Samaín nunha das covas das illas atlánticas (por exemplo no Burato do Inferno , na Cova dos Farallóns, na Cova das Pombas...) No Samaín o demo pode saír de moitas formas, pero o igual que a Santísima Trinidade, se capturamos un dos animais que o representan, fulminaremos a maldición. Slide 29: 2º.- Recitar nove veces, despois de ver no mesmo día o Arco da Vella e o Arco da Lúa ou do Trono na Lanzada, as seguintes frases: “Arco da Lúa, Arco do Trono, non deixes caer máis pestes, que agora son o teu dono”. Slide 30: Ten que ser na Lanzada ou en calquera sitio onde se vexa a illa de Ons, pois esta illa é unha das que ten entrada principal para o Outromundo Segundo Frei Manuel tamén pode ser na Balea Varada, pois noutro tempo esta illa-balea foi templo de Neptuno. Se se fixera aquí, tería que ser na Cova das Pombas, e teriamos que conseguir que durante o conxuro un pomba levara unha folla ou unha pola de oliveira. Slide 31: Contan que é fácil ver o Arco da Lúa na Lanzada, pois atopouse unha necrópole nesta zona e, a Santa Compaña vai decote alí para transportar á xente ata o Burato do Inferno a través do Arco, pois non lle gusta molla-los pés De todos xeitos, está máis preto “Balea Varada”, pois mesmo podemos estar tomando un café ou un refresco en Combarro mentres esperamos ver o difícil Arco da Lúa. Para os que nos fan ascos, mellor que café, poden tomar unha infusión de ruda. Slide 32: 3º.- O terceiro e último é o máis fácil. Trátase de facer unha apócema coas herbas que o Padre Sarmiento viu na illa , sacándolle o zume e tendo que quedar coma a augardente. Primeiramente teredes que saber como son, daravos un pouco de traballo, pero tedes sorte de ter información en moitos sitios. Logo igual teredes que esperar a que vos deixen entrar na illa. Slide 33: Despois hai que levar unha pota grande para mesturar os elementos e rematar bebendo e repetindo tres veces o mesmo tempo o conxuro que temos na Galiza para espantar as meigas e o meigallo e tódalas maldicións. É típico cando facemos a queimada. A derradeira condición é a de ter que levar unha ducia de amigos e facelo o día do Samain Slide 34: Se decidides facer o terceiro conxuro, aquí tedes as plantas que viu o Padre Sarmiento e o conxuro. Plantas: Herba da becerra, perexil do mar, toxos de meigas, cebola do mar, fiúncho bravo, fabas bravías, trobisco, espora de cabaleiro amarelo, cardos, borrallas bravías, pimpinela, carnabazas, chicorias silvestres, codesos, e malvas entre outras. Slide 35: Conxuro: “Mouchos, curuxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños, espíritos das nevadas veigas. Corvos, píntegas e meigas, feitizos das menciñeiras. Pobres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas. Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Ouveo do can, pregón da morte; fociño do sátiro e pé de coello. ecadora lingua da mala muller casada cun home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, muxido da mar embravecida. Slide 36: Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porca da cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ó do inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas vasoiras, índose bañar a praia das areas gordas. Oíde, oíde! Os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente quedando así purificadas. E cando este beberaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos ceibes dos males da nosa alma e de todo enmeigamento. Slide 37: Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada: se é verdade que tendes máis poder que a humana xente, aquí e agora, facede que os espíritos dos amigos que están fóra, participen con nós desta queimada.” FIN Slide 38: Debuxos: Faustino Ucha Alvariñas Texto: Antonio Ferrer Moreira Balea Varada You do not have the permission to view this presentation. In order to view it, please contact the author of the presentation.
Balea Varada galefas Download Post to : URL : Related Presentations : Share Add to Flag Embed Email Send to Blogs and Networks Add to Channel Uploaded from authorPOINT lite Insert YouTube videos in PowerPont slides with aS Desktop Copy embed code: (To copy code, click on the text box) Embed: URL: Thumbnail: WordPress Embed Customize Embed The presentation is successfully added In Your Favorites. Views: 458 Category: Education License: All Rights Reserved Like it (1) Dislike it (0) Added: December 06, 2010 This Presentation is Public Favorites: 0 Presentation Description No description available. Comments Posting comment... Premium member Presentation Transcript Slide 1: E OUTROS CONTOS BALEA VARADA Slide 2: Contan algunhas lendas que Galiza foi, antes de que se fixera o mundo, o Paraíso. Aquí, O Supremo , no sétimo día, despois dun arduo traballo, sentou para contemplar o que fixera. Slide 3: Ao pousa-las mans, cunha delas, marcou o que hoxe son as cinco grandes rías galegas, coa outra moldeou nas profundidades do océano a falla onde hoxe se atopa ... Slide 4: ... o monstro do Prestige Slide 5: Na época de Noé, a pomba que atopou a nosa terra despois do Diluvio , albiscou primeiramente as grandes carballas, os bidueiros e ameneiros, as faias, as concheiras..., todas gardadas .., Slide 6: gardadas polos mouros xigantes que soportaron os temporais e as treboadas do diluvio. Pouco despois de atracar nunha das rías, Noé fundou a cidade de Noia na comarca do Barbanza. Slide 7: Co tempo, os descendentes foron espallándose por outras terras, entre eles Céltigo, neto de Brigo ( irmán de Noé), por Fisterra, Cessair marcharía para Irlanda , Slide 8: Leucoiña, convertida en serea quedaría en Thalavo e namoraría máis tarde a Teucro, terminando este por suicidarse nas augas de Ons, preto do Burato do Inferno; e así outros polo mundo adiante. Eles foron os primeiros conquistadores da Galiza despois do diluvio. Slide 9: Os mouros das nosas terras, son seres que viven nos dous mundos, o de aquí e o de alá, e que fan cousas que non son boas de entender. Cando queren escóndense, desaparecen, e cando lles peta ou ... os chaman, aparecen. Disto sabían e saben moito os noso antepasados celtas, os druídas, as nosas meigas, os menciñeiros, os compostores, e mesmo moita xente que máis dunha vez conseguiu velos , e mesmo falar con eles. Slide 10: Unha das historias que imos contar semella unha situación parecida – polo do éxtase da felicidade- á do Santo Ero de Armenteira, que estivo vendo o Paraíso (1150-1350) escoitando cantar un paxaro ó lado dunha fonte, como ben nos conta o rei Afonso X “O Sabio” na cantiga 103 a Santa María Slide 11: Cando lle preguntamos a alguén que paxaro puído ser o de tan doce canto, moitos din que seguro que foi un paifoco, pero non só polo canto, se non porque saben que é un paxaro de bo agoiro. Slide 12: Este, xunto coa lavandeira e a andoriña, foron os que axudaron a Xesucristo a sacarlle as espiñas cando estaba na Cruz. Tamén, noutros tempos , o paifoco, foi o encargado de ir busca-lo lume a Sol. Conseguiuno pero quedoulle un pouco chamuscado o papo. Slide 13: Mentres o noso Santo gozaba coa comentada melodía, xentes de outras terras, uns con boa e outros con mala fe, querían coñecer ou conquistar as nosas costas . O mouro Almanzor conseguiuno por pouco tempo, e daquela raptou, pola súa beleza, para o seu arén a Santa Trahamunda. Slide 14: pero as súplicas da santa fixeron que volvera o pouco tempo miragreiramente para o Campo da Palma, preto do mosteiro de Poio. Slide 15: Outro, S. Barandán ou San Brandán, prior de máis de tres mil monxes, das terras de Irlanda, buscando o paraíso, viuse un día envolto nun Nubeiro viaxando nun dos seus barcos, e arrastrado polos ventos foi parar preto dunha das nosas illas. Slide 16: Como aínda non tocaba terra, unha balea protexida polos mouros deulle un empuxón e arrastrouno dentro da ría . O santo salvouse pero a balea quedou varada en non puído saír. San Brandán sentíuse tan agradecido que implorou durante noventa días e noventa noites ós deuses pola balea, conseguindo deste xeito, que aínda hoxe se poida ver a “Balea Varada” (Illa de Tambo) dentro da ría de Pontevedra, no mesmo sitio onde quedara encallada. Slide 17: San Brandán, ó igual que Santo Ero, quedou prendido destas terras, e contan que viu a luz da felicidade, outros din que a intensa luz foi o resplandor que fixeron as Xacias e os Mouros cando sacaron o ouro para darlle a benvida o Santo, pois había tempo que non viran ningún barco polas nosas costas Outros din que foron os Carbuncos coas súas pedras preciosas na fronte Slide 18: Din que os carbuncos prorovocaron os lóstregos envelenados e cegadores para asusta-lo Santo e que marchara axiña, ou mesmo matalo, pero Balán, rei dous mouros, dende o seu castelo no monte Siradella impediuno Slide 19: O Santo, despois dun tempo, quixo volver a súa terra e contarlles a todos o que acababa de descubrir, levándolles a Luz que lle dera a el a felicidade. Botouse ó mar despois de recompoñer a súa dorna de coiro. Quixo recordar ben o sitio e xirou a cabeza , vendo sen querer unha luz na furna do Burato do Inferno na Illa de Ons, onde se atopaba o Boi de Ouro , encarnizando ó demo e gardando a porta. Slide 20: Nese momento outro Nuboeiro envolveu o barco e non puido ver nada ata chegar mar a dentro, xa moi lonxe das nosas costas O Santo pasou o resto da súa vida intentando volver a facer aquela travesía e compartir aquela felicidade cos seus, pero o Boi de Ouro xa avisara a tódalas forzas do mal : os congros, os sapos, os mouchos, as serpes, as pegas, os corvos,... para , entre todos, poder impedir a volta do Santo. Slide 21: A pesar da gran devoción do Santo, nas seguintes travesías non conseguiu alcanzar as costas galegas, sempre atopaba tempestades na costa que o facían retroceder. Colón. Deu moitas voltas pero o único que conseguiu foi descubrir outras terras, entre elas a costa Americana. Moitos son os que din que foi o primeiro Europeo que pisou esas terras, antes de Colón. Slide 22: Outro dos homes, de non tan boa fe, foi o famoso capitán Drake, que destruíu todo canto se tiña feito nas illas, quedando como cando foi a posterior batalla de Rande. Slide 23: Na illa de Tanavo –así se chamaba daquela- ainda que non era moi grande, había unha pequena ermida feita polas xentes de San Fructuoso, varias casas, un precioso faro con escaleira de caracol, algúns pecios e moitos tesouros. Houbo algo de sorte e cando fuxiron co botín os carbuncos lograron afundir algún dos barcos piratas. Slide 24: No ano 1195, cando Santo Ero quedou prendido, a illa chamábase Thalavo, pasando despois a Tanavo, e cando espertou xa cambiara a Tambo no ano 1495. Tanto cambio foi para confundir ós saqueadores que viñan buscando os tesouros. Entre estes tamén houbo algunhas princesas que viñan buscar os aneis feiticeiros e protectores das mouras. Outras querían só a herba namoradeira, ou a auga milagreira da fonte de S. Miguel, ou os Toxos de Meigas que abundan na illa. Slide 25: Hoxe atópanse no Museo de Pontevedra o anel das Illas Cies e o de Ons. Tamén, pero de bronce, está o anel da Lanzada . Slide 26: Sobre os Toxos das Meigas tamén nos fala o Padre Sarmiento nas súas viaxes, cando visitou a illa bordeándoa nunha barca, pois estaba prohibido entrar por ser recinto militar. As illas que perderon o anel perderon parte da súa protección e por isto están expostas a moitas maldicións. A moitas delas, non fai pouco que lle aconteceu a maldición do Prestige Slide 27: Para rematar , cóntovos que existen conxuros para desfacer estas maldicións, hainas que consultar no Ciprianillo ou ben escoller algúns destes tres que eu propoño : Slide 28: 1º.- Coller un congro ou outro animal maldito, e bendicilo o día do Samaín nunha das covas das illas atlánticas (por exemplo no Burato do Inferno , na Cova dos Farallóns, na Cova das Pombas...) No Samaín o demo pode saír de moitas formas, pero o igual que a Santísima Trinidade, se capturamos un dos animais que o representan, fulminaremos a maldición. Slide 29: 2º.- Recitar nove veces, despois de ver no mesmo día o Arco da Vella e o Arco da Lúa ou do Trono na Lanzada, as seguintes frases: “Arco da Lúa, Arco do Trono, non deixes caer máis pestes, que agora son o teu dono”. Slide 30: Ten que ser na Lanzada ou en calquera sitio onde se vexa a illa de Ons, pois esta illa é unha das que ten entrada principal para o Outromundo Segundo Frei Manuel tamén pode ser na Balea Varada, pois noutro tempo esta illa-balea foi templo de Neptuno. Se se fixera aquí, tería que ser na Cova das Pombas, e teriamos que conseguir que durante o conxuro un pomba levara unha folla ou unha pola de oliveira. Slide 31: Contan que é fácil ver o Arco da Lúa na Lanzada, pois atopouse unha necrópole nesta zona e, a Santa Compaña vai decote alí para transportar á xente ata o Burato do Inferno a través do Arco, pois non lle gusta molla-los pés De todos xeitos, está máis preto “Balea Varada”, pois mesmo podemos estar tomando un café ou un refresco en Combarro mentres esperamos ver o difícil Arco da Lúa. Para os que nos fan ascos, mellor que café, poden tomar unha infusión de ruda. Slide 32: 3º.- O terceiro e último é o máis fácil. Trátase de facer unha apócema coas herbas que o Padre Sarmiento viu na illa , sacándolle o zume e tendo que quedar coma a augardente. Primeiramente teredes que saber como son, daravos un pouco de traballo, pero tedes sorte de ter información en moitos sitios. Logo igual teredes que esperar a que vos deixen entrar na illa. Slide 33: Despois hai que levar unha pota grande para mesturar os elementos e rematar bebendo e repetindo tres veces o mesmo tempo o conxuro que temos na Galiza para espantar as meigas e o meigallo e tódalas maldicións. É típico cando facemos a queimada. A derradeira condición é a de ter que levar unha ducia de amigos e facelo o día do Samain Slide 34: Se decidides facer o terceiro conxuro, aquí tedes as plantas que viu o Padre Sarmiento e o conxuro. Plantas: Herba da becerra, perexil do mar, toxos de meigas, cebola do mar, fiúncho bravo, fabas bravías, trobisco, espora de cabaleiro amarelo, cardos, borrallas bravías, pimpinela, carnabazas, chicorias silvestres, codesos, e malvas entre outras. Slide 35: Conxuro: “Mouchos, curuxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños, espíritos das nevadas veigas. Corvos, píntegas e meigas, feitizos das menciñeiras. Pobres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas. Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Ouveo do can, pregón da morte; fociño do sátiro e pé de coello. ecadora lingua da mala muller casada cun home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, muxido da mar embravecida. Slide 36: Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porca da cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ó do inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas vasoiras, índose bañar a praia das areas gordas. Oíde, oíde! Os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente quedando así purificadas. E cando este beberaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos ceibes dos males da nosa alma e de todo enmeigamento. Slide 37: Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada: se é verdade que tendes máis poder que a humana xente, aquí e agora, facede que os espíritos dos amigos que están fóra, participen con nós desta queimada.” FIN Slide 38: Debuxos: Faustino Ucha Alvariñas Texto: Antonio Ferrer Moreira Balea Varada