Slide 2:
Todo canto eu amei perdéuseme contigo:
Slide 3:
a luz clara e vibrante da miña xuventude
Slide 4:
os bosques entrañables perfeitos de quietude,
onde o vento vivía con un lecer antigo.
Slide 5:
Entón era o silencio
o meu mellor amigo,
Slide 6:
era eu namorado
de todo canto vía
Slide 7:
Vivir era unha leda, fermosa moradía
Slide 8:
onde o mencer entraba
recendendo a pantrigo.
Slide 9:
De súpeto viñeches con esa lonxanía, caraveliño feble en terra ventureira e eu abrín outra nova fiestra para o día.
Slide 10:
E todo canto eu amei foi unha lumieira,
foi a fouce tan íntima que decote se afía
para ceifar dun pulo brutal a primaveira.