FORMACIÓN DOCUMENTAL

Views:
 
Category: Entertainment
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

FORMACIÓN DOCUMENTAL : 

FORMACIÓN DOCUMENTAL

AS FONTES DE INFORMACIÓN : 

AS FONTES DE INFORMACIÓN

Onde podo atopar a información? : 

Onde podo atopar a información? Persoas Institucións Documentos: - libros de consulta/monografías - publicacións periódicas - mapas, planos, diapositivas, debuxos - discos, cintas, vídeos, CDs, DVDs, películas - documentos informáticos e documentos en rede

OS DOCUMENTOS : 

OS DOCUMENTOS

DOCUMENTOS : 

DOCUMENTOS Impresos Electrónicos Audiovisuais Textuais: Libros Xornais Revistas Icónicos: Fotografías Carteis Videos Discos CD-ROM Páxinas web Libros electrónicos

OS LIBROS…. : 

OS LIBROS….

POR FÓRA : 

POR FÓRA Pódense diferenciar tres partes: o lombo as tapas ou cuberta a contracuberta lombo Cuberta Contracuberta Ás veces teñen un forro de papel que o encadernador pon para protexer a cuberta, é a sobrecuberta.

Slide 8: 

O lombo e a cuberta conteñen os datos básicos para identificar ese libro: Autor/a: persoa que escribe o texto. Título: palabra ou frase que o/a autor/a elixe para identificar o libro. Danos unha primeira idea sobre o seu contido. Editorial: empresa que se encarga de publicar o libro. Colección: conxunto de obras independentes relacionadas entre sí cunha numeración sucesiva. Un libro pode pertencer ou non a unha colección.

Slide 9: 

A contracuberta soe ofrecer un pequeno resumo do contido do libro, que nos dá unha idea sobre o mesmo e nos permite decidir se nos interesa ou non.

POR DENTRO : 

POR DENTRO A portada: Nela, repítense os datos da cuberta e se engaden outros como o/a ilustrador/a ou o/a traductor/a… Os datos da portada son máis completos que os da cuberta. Aínda que non en todos os libros, poderíanse distinguir as seguintes partes:

Slide 11: 

A contraportada: É a parte de atrás da portada, e é onde soe aparecer información sobre aspectos legais do libro como ano e lugar de publicación número da edición Depósito Legal Copyright ISBN nº da edición, reedición, reimpresión,… taller gráfico e imprenta, …

Slide 12: 

Gardas: Folla de papel entre o libro e cada un dos cartóns da cuberta. Ás veces van pegadas a esta para reforzar a súa unión coas follas do libro. Anteportada ou portadilla: Folla anterior á portada na que aparece só o título. Non todos os libros teñen portadilla. Solapa: Parte interior da cuberta do libro que, en ocasións, se aproveita para facer un resumo da obra, ou unha pequena biografía do/a autor/a.

AS SÚAS FERRAMENTAS AUXILIARES : 

AS SÚAS FERRAMENTAS AUXILIARES SUMARIO OU ÍNDICE PRÓLOGO GLOSARIO NOTAS BIBLIOGRAFÍA

Sumario ou índice : 

Sumario ou índice Permítenos coñecer os diferentes capítulos nos que se divide un libro. Danos unha visión xeral dos temas que trata.

Introdución ou prólogo : 

Introdución ou prólogo Comenta de forma xeral o contido da obra. Ás veces ofrece ao lector ou lectora instruccións sobre o seu uso.

A Bibliografía : 

A Bibliografía É a lista dos documentos que empregou o/a autor/a para redactar o seu libro. Esta lista contén información complementaria para o/a lector/a.

O Glosario : 

O Glosario É o vocabulario específico da obra. Axúdanos a comprender as palabras novas ou difíciles.

As Notas : 

As Notas É información aclaratoria ou complementaria do que se di nun punto concreto do libro. Aparecen sinaladas ao pé da páxina ou ao final do capítulo ou do libro.

Slide 19: 

OS XORNAIS

Por fóra : 

Por fóra A primeira páxina do periódico chámase portada ou primeira plana e a última chámase contraportada. En ambas soen atoparse os datos xerais sobre o xornal: cabeceira, editor, dirección do editor, etc… Algúns xornais presentan na portada unha gran fotografía, e outros presentan textos como no resto de páxinas. O sumario soe estar, polo xeral, na portada e tamén as noticias que se consideran máis importantes.

Por dentro : 

Por dentro O xornal contén información textual e gráfica. Os textos están organizados por noticias. Cada noticia vai precedida por un titular que resume a información nunha frase. Titular Corpo da noticia

Slide 22: 

Algunhas noticias conteñen tamén unha entradiña, que resume a información nun párrafo ou dous, e despois o texto completo. O periódico divídese en varias seccións: Nacional, Internacional, Sociedad, Local, Espectáculos, Economía, Televisión, etc. Entradiña Sección

DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS : 

DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS

Slide 24: 

A diferenza dos documentos impresos, estes elabóranse e lense empregando as diferentes tecnoloxías. Tipos : – Audiovisuais- vídeos, DVD, etc.- nos que predomina a imaxe e o son. – Multimedia ou electrónicos porque inclúen informacións de diferentes tipos.

O CD-ROM (Compact Disk Read Only Memory) : 

O CD-ROM (Compact Disk Read Only Memory) Disco de 12 cm. de diámetro que só permite lectura . Contén información de todo tipo: textos, debuxos, fotos, sons, etc. Trae os seus datos de identificación impresos nunha carátula ilustrada. Estes datos poden variar, pero soen ser os seguintes: Título Autor Editorial Ano de publicación contido requisitos técnicos instruccións para a súa instalación e uso.

CD-ROM por dentro : 

CD-ROM por dentro Un CD-ROM equivalente a 250.000 páxinas de texto. Chámase documento multimedia porque utiliza varios medios para presentar a información. Para lelos necesitamos un ordenador e un programa especial que se chama navegador. Para movernos polo contido do CD-ROM debemos utilizar o teclado ou o rato e pulsar sobre os diferentes debuxos ou actividades que queremos abrir.

Internet: páxinas web : 

Internet: páxinas web Internet é unha rede de ordenadores que se comunica a través de liñas telefónicas. Permítenos consultar as informacións almacenadas en ordenadores de calquera parte do mundo. Esa información lémola a través das páxinas web.

Páxinas web: ”tea de araña” : 

Páxinas web: ”tea de araña” É un arquivo informático que inclúe texto nun formato especial para a súa difusión. Pode conter texto, gráficos, imaxes, son e vídeo. Non están numeradas e non se corresponden cunha páxina dun libro. Lense desprazándose polo texto arriba ou abaixo.

Elementos das páxinas web : 

Elementos das páxinas web Encabezamento (inclúe o título da páxina) Enlaces ou Hipervínculos Relacionan unhas páxinas con outras Corpo (contén o texto, as ilustracións…) Pé (cando existe, contén datos do responsable da páxina, a última actualización, o correo- e,...) Marcos: Algunhas páxinas web están divididas en varios espazos chamados marcos con informacións independentes.

authorStream Live Help