Uso Internet

Views:
 
Category: Entertainment
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Slide 1: 

Internet, un novo amigo?

Slide 2: 

Internet proporciónanos gran cantidade de información sobre calquera tema. Hai documentos, imaxes, vídeos, sons, ... Pero esta información non está clasificada nin revisada. É necesario avaliar a información que atopamos. Calquera pode publicar en Internet polo que non debemos fiarnos de todo o que atopamos. COÑÉCEO UN POUCO MÁIS

VANTAXES : 

VANTAXES Fonte de información compartida mundialmente. Acceso doado e instantáneo a gran cantidade de información. Información sempre dispoñible, alterable e actualizable. Facilidade de publicación cun custo baixo. Liberdade de expresión. Recursos educativos: axuda nas tarefas escolares. Fai a comunicación moito máis sinxela: contacto permanente con amigos, familia...

Slide 4: 

Permite a discusión sobre calquera tema. É posible coñecer e interactuar con moitas persoas e en moitos lugares moi diferentes. Permite buscar información de “todos” os temas de forma sinxela, fácil e de xeito instantáneo. Pódense atopar moitos puntos de vista diferentes sobre unha noticia. A información sempre está dispoñible e pode ser alterada e actualizada. Permite o seguimento da información en tempo real.

Slide 5: 

Gran cantidade de xogos en vivo e en tempo real con moitas persoas á vez. Gran cantidade de recursos educativos e de todo tipo a disposición dos/as usuarios/as. Creación de redes colaborativas. A rede ten unha tradición moi rica de axuda e colaboración. Permite compartir moitas cousas persoais e coñecementos. Facilidade de actualizar os programas de ordenador de de forma sinxela e rápida.

Slide 6: 

Gran densidade de información: sobreinformación. Desorientación e naufraxio do/a usuario/a. Falta de rigor na información: contidos ilícitos, nocivos ou falsos. Información pouco durable, sen garantía de procedencia, autenticidade e credibilidade. Falta de control sobre a mesma. Información enmascarada: exceso de publicidade. PERIGOS

Slide 7: 

Malas prácticas de copiar e pegar. É a principal fonte de piratería. Con lnternet chegan moitos males como spam, virus. Pode crear dependencia. É unha rede descentralizada e accesible para todo o mundo, onde non hai ningunha institución que certifique que a información que nela se publica sexa rigorosa, fiable e de calidade. • Moitos perigos para os nenos e adolescentes: Páxinas con alto contido pornográfico De violencia De prácticas pouco saudables (anorexia, bulimia...) Enganos e estafas

Slide 8: 

Como buscar en Internet?

Se sabes como atopar o que buscas, poderás facer todo o que queiras, ou… cáseque todo. : 

Se sabes como atopar o que buscas, poderás facer todo o que queiras, ou… cáseque todo. Con todas as cousas que hai en Internet é fácil extraviarse e pasar horas e horas buscando o que desexas. Pon atención e mellorarás a túa búsqueda.

Para entrar na rede:NAVEGADORES : 

Para entrar na rede:NAVEGADORES Con calquera deles e tecleando a dirección axeitada, poderemos acceder a algún dos portais ou buscadores. Un navegador é un programa para visitar sitios web en Internet. Existen dende que Internet aparece e sen eles sería imposible navegar pola rede.

NAVEGADORES : 

NAVEGADORES Internet Explorer. Un dos máis utilizados en todo o mundo. Firefox: Está a competir co todopoderoso Internet Explorer. Protéxete de virus, e outras incomodidades. Google Chrome. É o novo navegador de Google, rápido e sinxelo de utilizar. Busca mellorar a rapidez e o tempo de resposta. Opera. Moito máis rápido que Internet Explorer. Permite navegar con varias páxinas nun só programa sen encher a barra de tarefas. Netscape

OS BUSCADORES : 

Son páxinas Web que te axudan a atopar información en Internet. Aínda que o máis coñecido é e, posiblemente, , tamén hai outros que podes coñecer: OS BUSCADORES

OS BUSCADORES : 

Os buscadores actúan de dúas formas: Como índices Como catálogos No primeiro caso, o buscador envía unha especie de robots electrónicos chamados “arañas” por todo internet, buscando todas as palabras que nós lle indicamos (palabras clave) de todas as páxinas que atopan e xuntándoas e organizándoas a modo de índice xigantesco. OS BUSCADORES

OS BUSCADORES : 

No segundo caso, como pode ser Yahoo, cando alguén pide que se inclúa a súa páxina web neste portal, é verificado por unha persoa real que decide en que categoría quedará incluida. Trátase máis ben, pois, dun catálogo. OS BUSCADORES

BUSCAR POR TEMAS : 

O directorio organiza a información por categorías ou temas que se poden subdividir en materias máis específicas. BUSCAR POR TEMAS Baixo cada categoría se listan os enlaces de documentos que corresponde a ese tema.

BUSCAR POR TEMAS : 

DIRECTORIOS Son a mellor opción se estás a realizar unha búsqueda sobre un tema xenérico e se se precisa información de fondo. BUSCAR POR TEMAS Por exemplo, queremos buscar xogos doutros países: China, India, África,… Prememos no directorio en “deportes y ocio” e despois en “juegos”

BUSCAR POR TEMAS : 

BUSCAR POR TEMAS Se miramos o contido pódenos valer:“Juegos para la cooperación y la paz”. E aquí seleccionamos “juegos del mundo”

BUSCAR POR TEMAS : 

As buscas por tema son, xeralmente, máis lentas que por palabra clave, xa que é preciso ir estreitando a busca ata chegar ao punto de interese. Sen embargo son máis precisas e resultan ideais cando se quere obter gran variedade de fontes. BUSCAR POR TEMAS Nos buscadores por temas non se debe utilizar a liña en branco para facer buscas por palabras clave, só se deben colocar os nomes de categorías xerais. Ex.- música.

BUSCAR POR PALABRAS CLAVE : 

BUSCAR POR PALABRAS CLAVE O motor de busca é un inxenio que rastrea a web recompilando datos e información polas distintas páxinas web e que a incorpora á súa propia base de datos. Consúltase mediante palabras clave. Son a mellor opción se sabes exactamente a información que necesitas.

BUSCAR PORPALABRAS CLAVE : 

BUSCAR PORPALABRAS CLAVE A páxina do buscador consultado ofréceche un espazo para que escribas a palabra relacionada co tema. Como resultado devólveche un listado de páxinas que conteñen esas palabras.

BUSCAR PORPALABRAS CLAVE : 

BUSCAR PORPALABRAS CLAVE As palabras clave son fundamentais á hora de realizar buscas en internet. Se as eleximos ben obteremos bos resultados coa información desexada. Segundo as palabras clave utilizadas podemos: Non atopar nada Atopar miles de respostas Ex.- “ Resultados 1- 10 de aproximadamente 1.430.000 páginas en español”

BUSCAR PORPALABRAS CLAVE : 

BUSCAR PORPALABRAS CLAVE Polo tanto debemos empregar un certo tempo en pensar as palabras clave a utilizar e como combinalas, tratando de acotar a busca o máis estreitamente posible. Poñer o maior número de palabras que definan o concepto para limitar o resultado Usar sempre minúsculas Utilizar sempre plurais, así os buscadores poden devolver resultados cando a palabra estea tanto en plural como en singular. Se o resultado é nulo hai que probar a buscar con menos palabras.

BUSCAR POR PALABRAS CLAVE : 

BUSCAR POR PALABRAS CLAVE Que debemos evitar...? Utilizar palabras moi comúns: libro, mar... Usar palabras ambiguas Poñer moitas palabras clave diferentes. Ex.- futbol balón equipos afición campos RECORDA: FORMULAR A PREGUNTA AXEITADA É O REQUISITO FUNDAMENTAL PARA OBTER A RESPOSTA XUSTA

TRUCOS PARA BUSCAR MELLORPALABRAS CLAVE : 

TRUCOS PARA BUSCAR MELLORPALABRAS CLAVE Determinar dúas ou tres palabras clave que deban estar presentes simultáneamente. Para buscar frases completas utilizaremos as comiñas dobres " ". Exemplos: “como hacer una pagina web” (Google non fai caso de acentos nin maiúsculas) “Rally paris dakar” ingredientes “arroz con leche”

TRUCOS PARA BUSCAR MELLORPALABRAS CLAVE : 

TRUCOS PARA BUSCAR MELLORPALABRAS CLAVE Se queremos usar máis dunha palabra clave ao mesmo tempo, podemos usar o símbolo + ou AND (Google o usa por defecto, non sendo preciso poñelo) Para atopar páxinas que inclúan determinadas palabras, pero non outras, deberemos poñer o signo '-' ou a palabra NOT diante das que non queremos buscar. Exemplos: Buscar noticias deportivas sobre ciclismo en Galicia pero que non conteñan nada relacionado con Coruña nin Pontevedra: noticias Galicia ciclismo -coruña -pontevedra

TRUCOS PARA BUSCAR MELLORPALABRAS CLAVE : 

Se pretendemos atopar unha determinada palabra ou outra, usaremos OR. Por exemplo, para buscar webs nas que apareza ‘libros' e ‘infantil', ou ben ‘libros' e ‘xuvenil‘ poñeremos: libros infantil OR xuvenil. (OR indica que só unha palabra estea presente) Se queremos atopar resultados relacionados cun periodo de tempo, colocamos (…) entre os números que o delimitan Picasso 1930…1950 TRUCOS PARA BUSCAR MELLORPALABRAS CLAVE

METABUSCADORES : 

METABUSCADORES Os metabuscadores solicitan a diferentes buscadores que realicen unha búsqueda ao mesmo tempo, como se consultaras varias enciclopedias ao mesmo tempo. Ningún buscador o sabe todo sobre as cousas na Web. Para asegurarte de que atoparás información da maior calidade posible, debes usar máis dun buscador, é dicir, un metabuscador. Algúns bos e gratuitos son: Copernic (www.copernic.com) Web Ferrer (www.ferrersoft.com)

A TER EN CONTA NOS BUSCADORES : 

A TER EN CONTA NOS BUSCADORES Cada buscador posúe a súa forma de avaliar o rating dunha páxina. En xeral, as que aparecen primeiro son as que o buscador considera como as máis importantes (máis visitadas, maior cantidade de referencias, mención das palabras buscadas o maior número de veces...) Pero… ás veces tamén se paga por aparecer nos primeiros lugares.

Pasos para buscar información en INTERNET: : 

Pasos para buscar información en INTERNET: En calquera caso: É fundamental planificar ben a búsqueda, tratando de buscar o máis atinadamente posible no menor tempo. Cada búsqueda é diferente e esixe estratexias distintas.

Pasos para buscar información en INTERNET: : 

Pasos para buscar información en INTERNET: Segue sempre estas suxestións: – Ten claros os teus obxectivos. – Elixe a ferramenta apropiada. – Aplica unha boa estratexia de busca. – Selecciona os resultados máis relevantes.

Pasos para buscar información en INTERNET: : 

O primeiro que debes facer é determinar exactamente as túas necesidades. Pasos para buscar información en INTERNET: Se eres algo experto e queres profundizar recurre a buscadores temáticos. Se só buscas información xeral, comeza polos buscadores xenéricos.

Pasos para buscar información en INTERNET: : 

Despois tes que ter moi claro que é o que buscas: Pasos para buscar información en INTERNET: Non é o mesmo buscar un dato puntual como a lonxitude da muralla china, que documentarse sobre o Entroido, esto vai esixir facer máis buscas e ir “tirando do fío”.

Pasos para buscar información en INTERNET: : 

Para intentar evitar obter unha lista de resultados enorme e inútil: 1.-Escolle os termos ou palabras clave que mellor definan a información a localizar e que non dean lugar a dúbidas. Pasos para buscar información en INTERNET: Por exemplo, para informarte sobre o tempo atmosférico o termo “tempo”, que ten outras acepcións, pode dar máis resultados inútiles que si se utiliza a palabra “clima”.

Pasos para buscar información en INTERNET: : 

2.-Utiliza tamén os directorios temáticos (as persoas responsables do seu mantemento xa filtrarían as páxinas para que non aparezan contidos irrelevantes nunha determinada categoría. 3.- Proba a aumentar o número de palabras clave, combinándoas entre si mediante operadores, de xeito que a consulta sexa máis concreta. 4.- Se utilizas palabras homónimas utiliza “-” ou not para excluir os significados non desexados. Pasos para buscar información en INTERNET:

Pasos para buscar información en INTERNET: : 

5.- Ás veces utilizar unha expresión completa pode ser a forma máis directa de atopar o resultado esperado. Ex: -Hai diferenza entre buscar por “deportes” ou por “deportes de equipo” Pasos para buscar información en INTERNET: -Se queremos saber canto mide a Muralla China, perderemos moito tempo en calquera buscador se só poñemos as palabras muralla china. Sería máis eficiente escribir “lonxitude da muralla china” ou “a muralla china mide”

NAVEGANDO POR INTERNET:ÚLTIMOS CONSELLOS : 

NAVEGANDO POR INTERNET:ÚLTIMOS CONSELLOS Mentras navegas pola rede, cada vez que vexas unha dirección que puidera ser do teu interese, engádea no apartado de favoritos (en Internet Explorer) e marcadores (en Netscape e Opera) É importante anotar os resultados das búsquedas para non entrar nos sitios dúas veces (normalmente aparecen en distinta cor, como xa visitados)

REFLEXIÓN IMPORTANTE : 

Aínda que hoxe en día Internet é unha ferramenta moi útil na búsqueda de información, non penses que aí está todo. Os libros son tamén moi bos axudantes de investigación. Non te esquezas deles! Alí, na biblioteca están sempre a agardar a túa visita. REFLEXIÓN IMPORTANTE

Slide 39: 

Seguridade en Internet

Slide 40: 

Ultimamente me estou relacionando con persoas moi sabias: algunhas que levan moitos anos traballando nas bibliotecas, outras que dominan moito, moito, as novas tecnoloxías (xa sabedes, eso dos ordenadores),… Precisamente metinme no blog da biblioteca do IES de Arzúa e atopeime con estes consellos tan estupendos. ESCOITADE CON ATENCIÓN!

PARA EMPEZAR : 

PARA EMPEZAR Evita navegar porque si, intenta que as túas horas sexan productivas e divertidas. Plantéxate que navegar por Internet para ver que atopas ven sendo como subir nun autobús, a ver a onde chegas. Intenta xogar de forma moderada, recorda que hai outros xeitos de divertirse. Instala antivirus e mantenos actualizados, evitarás moitos disgustos, SON UN DOS GRANDES PERIGOS DA REDE, e entran por onde menos o esperas, (moitas veces a través do correo electrónico).

PARA EMPEZAR : 

Non aceptes ficheiros de descoñecidos, aínda que insistan en que o fagas, poden ser perxudiciais para o teu ordenador. PARA EMPEZAR Cando envíes arquivos, asegúrate de que están libres de virus. En internet hai moitas páxinas de contido ilegal.

PARA EMPEZAR : 

As baixadas ilegais de material xeneran problemas de dereitos de autor e tamén poden danar teu ordenador. Baixa a música, pelis,... de sitios seguros libres de virus e outros espías para que non che amarguen a festa. PARA EMPEZAR

Normas respecto do correo electrónico : 

Normas respecto do correo electrónico Non respondas a mensaxes ou taboleiros de anuncios nos que se inclúan imensaxes agresivas, obscenas, ameazantes ou che fagan sentir mal. Para tratar con persoas ás que non coñezas directamente, usa contas de correo gratuitas distintas da túa habitual. Se recibes algo sobre o que desexas consello ou axuda diríxete á Organización de Proteción da Infancia ACPI: a.acpi@terra.es e cóntalles teu problema.

Normas respecto do correo electrónico : 

Normas respecto do correo electrónico Se o deciden os teus pais, ou alguén responsable o aconsella, reenvía o correo ameazante á Policía: tdelitostecnolóxicos@policia.es ou á garda civil: uco-delitoinformatico@guardiacivil.es e explica o que sucede. Moito coidado cando alguén che ofreza algo por nada na rede e che dea unha dirección á que acercarte por un regalo. Se vas debe ser cos teus pais.

Normas relativas á utilización dos chats : 

Normas relativas á utilización dos chats Intenta non utilizar o teu nome propio como nick nos chats. Coñece ós teus amigos de internet do mesmo xeito que coñeces ós outros, non lles permitas cousas que non permites ós que agora tes. Se te atopas nunha situación que che fai sentir mal, diríxete á Organización de Protección da Infancia ACPI: a.acpi@terra.es e cóntalles o teu problema.

Normas relativas á utilización dos chats : 

Normas relativas á utilización dos chats Non deas nunca información persoal sobre ti, o teu colexio ou a túa casa. Non envíes fotos sen o permiso dos teus pais. Non concertes “citas a cegas” con descoñecidos sen a presenza e/ou coñecemento dos teus pais. Recorda que a xente que navega pola rede non sempre é o que parece, porque non podes velos nin nin oilos. De forma que ó mellor ti pensas que estas a falar cunha rapaza de 12 anos e pode ser un señor de 45.

Normas relativas á navegación polas páxinas web : 

Normas relativas á navegación polas páxinas web Navega por sitios seguros: utiliza filtros protectores para navegar por internet.. Se atopas na rede páxinas de contido ilegal: racista ou xenófobo, páxinas de apoloxía do terrorismo ou de pornografía infantil, podes (e debes) denuncialo. Aconsellámosche que facilites esa información a través da Línea de Denuncia Anónima, onde non é necesario que proporciones datos persoais teus de ningún tipo. Línea de Denuncia Anónima: www.protegeles.com

Normas relativas á navegación polas páxinas web : 

Normas relativas á navegación polas páxinas web Se atopas foros ou páxinas de contido estrano denúnciao en www.protegeles.com e eles encargaranse de investigalo, non o fagas ti, que pode ser perigoso. Sé educado e respectuoso co resto dos usuarios, non te ampares no anonimato para insultar, enganar...., recorda que a ti pódenche facer o mesmo.

Algunhas páxinasque debes coñecer : 

Algunhas páxinasque debes coñecer http://chaval.red.es/ http://www.cibercentinelas.org/ http://www.enlaredprotegete.com/ http://www.exprimelared.com/ http://www.laredytu.com/ http://www.portaldelmenor.es/ http://www.protegeles.com

Slide 51: 

Traballo baseado: Nos materiais elaborados pola biblioteca do I.E.S. de Arzúa. Poñencia de Javier Celaya Cómo… conquistar Internet. Ian Lewis. Ed Oniro. Moitas grazas a todos eles

Slide 52: 

Biblioteca C.E.I.P. de Louro FIN

authorStream Live Help