Todos os camiños levan á biblioteca

Views:
 
Category: Entertainment
     
 

Presentation Description

presentación ponecia Encontros Plambe

Comments

Presentation Transcript

Todos os camiños levan a... : 

Todos os camiños levan a... BIBLIOTECA (e a BIBLIOTECA leva a todos os camiños!!) C.E.I.P. de Louro Abril 2012

Centro de Infantil e Primaria : 

Centro de Infantil e Primaria Ámbito rural e costeiro Pouco alumnado A maioría do profesorado é definitivo Louro non ten moita oferta cultural e Muros está a 5 Km, polo que os nenos e nenas dependen dun adulto que os leve. CONTEXTO DO CENTRO

Slide 3: 

O equipo de biblioteca o forman: Un representante de cada ciclo A persoa especialistade PT Sesións semanais de adicación á biblioteca: Coordinadora: 6 sesións Resto do equipo: 2 sesións Nunha das sesións coincidimos todos os integrantes. A coordinadora tamén coincide con cada un do resto do equipo na outra sesión que teñen con dispoñibilidade para a biblioteca. Total: 5 persoas

POR QUE UN PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO? : 

POR QUE UN PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO? No Centro, xa hai moitos anos que se traballa ao redor dun tema anual pero...  Aínda que se divide o tema en distintos apartados para cada un dos ciclos, cada profesor/a, individualmente, plantéxase o traballo e o leva a cabo.  Gústanos a idea de traballar nas aulas temas que non veñen nos libros de texto e que poidan ter un certo atractivo para o alumnado, que lles produzan inquedanzas, gañas de aprender,.. Pero ten que ser máis coordinado, máis global.  Por unha banda: Róndanos na cabeza a aprendizaxe por proxectos pero temos medo...  Por outra, e sobre todo despois de incorporarnos ao Plambe e asistir a tantas conferencias, cursos,.., sentimos a necesidade de ver que o noso alumnado é capaz de chegar á información, seleccionala, resumila, incorporala ao seu coñecemento,... “Ten que aprender a aprender”. Moitos dos atrancos atopados na lecto-escritura, na expresión,... teñen que ver con todo esto.

Slide 5: 

Como un proxecto realmente de Centro, onde:  O coñecemento non estea parcelado por áreas.  Haxa interdisciplinariedade con todas elas.  Nos propoñamos metas comúns e camiñemos xuntos/as. - Para esto se necesita:  Coordinación entre o profesorado  Planificación  Recursos A BIBLIOTECA será o centro ao redor do cal se desenvolva todo o proxecto. A que nos aporte os recursos e os medios, desde a que se elabore un plan de traballo e unhas propostas e a que nos leve a aunar e compartir esforzos. Podemos empezar por plantexar o tema anual doutro xeito:

XENERALIDADES DOS PROXECTOS QUE LEVAMOS A CABO : 

XENERALIDADES DOS PROXECTOS QUE LEVAMOS A CABO Elección do tema no 1º claustro do curso Selección do material: Recursos da biblioteca Recursos na rede Compra de fondos Plantexamento da actividade por ciclos: Todos os cursos traballan uns aspectos mínimos propostos desde a biblioteca adaptando o nivel da información e o xeito de traballalos. Cada ciclo céntrase nalgún aspecto concreto do tema. No 1º trimestre

Slide 7: 

Interdisciplinariedade coas diferentes áreas ou proxectos que haxa no Centro: Plástica E.F. Música Inglés Axenda 21 Escolar. . . Durante este trimestre cada unha das persoas responsables destas áreas se documenta, planifica o traballo que vai realizar e como o vai facer. A comunicación entre todo o profesorado é contínua. Compártese toda a información que se vai obtendo: verbalmente incorporándoa a unha carpeta que hai co nome do Proxecto no escritorio do ordenador de xestión da biblioteca

No 2º trimestre : 

No 2º trimestre Exposición dos fondos no corredor Curso 2010-11: O mundo clásico: Grecia e Roma

Slide 9: 

Entrega a todo o profesorado da guía elaborada cos recursos dispoñibles e co guión dos aspectos a traballar nos ciclos.

Slide 18: 

Olimpiadas Deuses A Odisea Grandes pensadores (Arquímedes, Esopo, Pitágoras, Fidias, Platón, Aristóteles, Esquilo,…) (Os contidos adaptáronse á idade correspondente)

Traballo nas clases : 

Traballo nas clases INFANTIL A elaboración do material para traballar nas titorías soe facelo o equipo de biblioteca. Escribiron o seu nome co alfabeto grego. Aproximáronse á vida cotiá dos gregos e gregas a través dos libros de consulta que as profes lles lían. Escoitaron moitas fábulas da mitoloxía grega - Aprenderon o nome das illas da antiga Grecia.

Slide 21: 

A partir deles, realizaban diferentes tarefas na clase: Na aprendizaxe da lectoescritura utilizaban os nomes dos personaxes, traballaban frases curtas,... Coloreaban aos personaxes. E, ao final, se lles entregou a cada rapaz e rapaza un pequeno libriño cos seus traballos. Demostraron moito interese pola mitoloxía, Nos momentos de lecer, espontaneamente, xogaban a ser personaxes mitolóxicos Viron moitos vídeos de relatos mitolóxicos, que en ocasións, subían ao blog de Infantil.

Slide 22: 

Elaboráronse unhas fichas nas que se refrexaban a vida, costumes e mitos da Grecia Clásica. 1º CICLO

Slide 27: 

En 1º foron situando os lugares, personaxes, seres mitolóxicos, construcións,... que saían nos libros que ían lendo. Na clase tamén foron aparecendo uns seres… 2º ciclo Foron traballando a partir de materiais na rede.

Slide 28: 

3º ciclo A búsqueda de información levounos á elaboración dunhas fichas. O traballo foi sempre en equipo: Ás veces respostando diversas cuestións plantexadas Outras, planificando e estruturando o propio alumnado un tema concreto. Realizando algún mural . . .

Slide 37: 

Ademais, en todas as clases se realizaron lecturas en común de determinados libros: E se proxectaron películas e documentais

Slide 38: 

Inglés: - Centrouse sobre todo na adquisición de vocabulario básico referente á mitoloxía e aos Xogos Olímpicos para o que se elaboraron sendos murais (tendo como referencia libros de consulta e recursos web). - Viuse unha película sobre os Xogos Olímpicos e confeccionáronse coroas de loureiro e de oliveira. E.F: Desde esta área traballáronse tanto os Xogos Olímpicos como aqueles que se realizaban a cotío no tempo de lecer. Para esto, falouse nas clases dos xogos máis comúns e algúns se puxeron en práctica na clase. Co 1º e 2º ciclos xogouse ao 3 en raia (tabula lusoria) Para o alumnado do 3º ciclo, se elaborou unha web quest sobre as Olimpiadas.

Slide 39: 

Música Desde aquí estudouse a música en Grecia: a súa orixe, os instrumentos, a súa función, ... A partir, moitas veces, dunha ilustración comentábanse os aspectos que se querían destacar. Outras veces había que buscar a información a través de libros ou na web. Con toda a información, cada alumno/a puido confeccionar un curioso e artístico libro.

Slide 40: 

Plástica - Aprovéitase esta área para realizar traballos colaborativos entre o alumnado de todo o Centro: Normalmente o alumnado colabora na ambientación dos corredores: Habitualmente, ben na aula de música ou na biblioteca, soe haber traballos para facer. Así, nos recreos, aquelas persoas que queiran, poden ir aportando “a súa arte”. - Independentemente, nas sesións desta asignatura traballouse, por exemplo en 3º ciclo, o debuxo en cadrícula (o discóbolo, Axterix,..) Noutros cursos máis baixos aproveitábase para facer os murais, debuxos,...

Slide 41: 

EDL O concurso literario “Laxe das Rodas”que convoca todos os cursos, deixa a posibilidade de que o tema da creación teña que ver co proxecto documental dese ano. Axenda 21 Escolar Incluído neste proxecto temos un invernadoiro que, nesta ocasión, serviunos de canle para: - Averiguar o tipo de cultivos que había no Mediterráneo e así, tentar cultivalos nós tamén: olivo, vides, cereais, figueiras, especias, ... Coñecer algúns aspectos da cultura romana: as calzadas, as pontes, e outras construcións. Para poñer en práctica os seus coñecementos fixeron unha maqueta de Pompeia.

Slide 42: 

FORMACIÓN DO PROFESORADO Case sempre facemos Grupos de Traballo: Aproveitamos para elaborar materiais para o alumnado en relación co Proxecto para poñer en práctica o que aprendemos (presentacións, animacións con flash, ...)

Slide 43: 

XINCANA Último día do 2º trimestre. Distribúese ao alumnado de 5 anos e a todo o de primaria en 6 grupos de idades mesturadas. Ambiéntanse 6 espazos do colexio con temática grega e romana e no seu interior un personaxe iralles propoñendo aos grupos que vaian pasando preguntas sobre o tema, a realización dunha proba e un xeroglífico (que os levará ao seguinte lugar a visitar). O alumnado de 3 e 4 anos só realiza a visita polos diferentes espazos habilitados pero sen realizar as probas. Os pais e nais tamén son invitados e realizan o recorrido unha vez que os rapaces e rapazas rematan a proba.

Slide 50: 

A cada grupo se lle dá un medallón identificativo do mesmo. Se lle asigna un capitán ou capitana e se lle dá unha tarxeta co punto de partida. Teñen 15 minutos en cada espazo para conseguir os puntos.

Slide 51: 

IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS Participación na xincana:  Percorrido polos diferentes espazos e conversa cos personaxes que os habitan.  Aportación da comida para a degustación culinaria (dáselles unhas suxerencias sobre o tipo de comidas e alimentos da época. Ás veces, hai na biblioteca receitas á súa disposición para que poidan elexir). “Festa dos maiores”, en colaboración co EDL Concurso do Preguntón: Dez preguntas de elección múltiple para respostar por parte do alumnado. Menos por parte do profesorado, poden recibir axuda de calquera persoa. As respostas están nos libros da exposición do corredor. A biblioteca está aberta para poder consultar.

Slide 53: 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Festival de Nadal Entroido - O “Facundo” (boneco que se queima), sempre ten que ver co tema a tratar. Esta vez foi o mesmísimo César. É o alumnado do 3º ciclo, nas clases de Plástica, quen o confecciona. - Tamén é el o que nos dá as consignas para cada día. - Os disfraces teñen que estar relacionados co tema do Proxecto. Os accesorios e complementos necesarios fanse en Plástica: hoplóns, espadas, cabalo de “trola”,...

Slide 54: 

Saídas: Lugo Ponte Maceira E xurden algunhas murgas, como a de Infantil: Os hoplitas espartanos Non nos dá medo loitar somos os máis aclamados. por iso imos gañar. Se non queres ter follóns Cando ven o noso hoplón Se vencemos os de Esparta non nos toques os hoplóns. cagan polo pantalón. á noite comemos tarta. Revista do Centro: A estética e a maquetación inténtase que vaian acordes co tema traballado.

Slide 55: 

AVALIACIÓN

MOITAS GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN : 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN

authorStream Live Help