vex e fauna lagoa

Views:
 
Category: Entertainment
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Slide 1:

Vexetación e fauna da lagoa e o complexo dunar de Monte Louro

Slide 2:

A vexetación da Iagoa A vexetación distribúese por zonas: as especies que soportan mal as variacións de salinidade, están distribuidas pola marxe da lagoa, próxima á desembocadura dos ríos como o Carrizo, a espadana amarela, a espiga de auga,… Carrizo Espadana amarela Espiga de auga

Slide 3:

As especies capaces de sobrevivir con máis salinidade, sitúanse nas beiras da lagoa ou nas dunas como o xunco ou o Cardo marítimo. O xunco é unha planta característica das dunas pero que non é demasiado abondosa nestas e si en cambio nos bordes de Area Maior. Aparece formando cepellóns e co talo ríxido e redondo, rematando nunha punta moi afiada. Florece no verán cunha inflorescencia globosa case ao final do talo. Pode chegar a medir un metro

Slide 4:

Nas dunas domina a grama mariña (responsable da fixación das dunas) e o cardo de ribeira, pranta con follas espiñentas. A cima da duna móbil está colonizada polo feo. Grama mariña

Slide 5:

Cardo marítimo Ten as follas moi duras e dentadas, rematando cada dente nunha espiña. É de folla perenne e moi ramificada. Florece no verán botando unha flor azulada. A súa raíz ten propiedades diuréticas.

Slide 6:

O Feo . Ten as súas folias enroladas para reducir a perda de auga mediante a evaporación. Quizá sexa a pranta con raíces máis longas. Sitúase normalmente no alto da duna e coas súas raíces chega facilmente ás capas onde pode atopar auga. Florece a principios do verán, a partir do mes de maio ou abril, e a súa flor é unha espiga de forma cilíndrica.

Carrasca de San Xoán. As súas follas están completamente cubertas cunha borra branca que oculta o seu verdor. Florece no verán e bota unhas flores de cor amarela. Emprégase como depurativa :

Carrasca de San Xoán. As súas follas están completamente cubertas cunha borra branca que oculta o seu verdor. Florece no verán e bota unhas flores de cor amarela. Emprégase como depurativa

Slide 8:

Leiteiras. É unha pranta perenne, sen pelos e con follas moi carnosas colocadas como se foran as tellas dun tellado. Ao cortala sáelle un látex da cor do leite, de aí o seu nome. Florece no verán é ten a propiedade de servir como purgante e como remedio (o seu “leite”) para a curación das verrugas.

Slide 9:

A carón das dunas e xa nas rochas podemos atopar a Herba de namorar , pranta perenne con follas moi longas e estreitas que lle saen todas da base. As flores van agrupadas en cabezuelas globosas rosadas. Florece entre os meses de maio e agosto.

Slide 10:

Un dos principais valores deste humedal son as pradeiras sumerxidas de Eleocharis parvula, (xunquillo salado), especie considerada en perigo a nivel estatal e que ten en Louro a súa única poboación galega actual e unha das súas tres poboacións coñecidas en España. É moi importante respectar estas prantas. As das dunas porque son as que as consolidan e agrandan e as dos arredores porque son as primeiras prantas colonizadoras que posibilitarán o establecemento doutras especies vexetais

Slide 11:

A fauna da Iagoa A importancia da lagoa vén dada pola súa utilización como zona de descanso de numerosas aves que migran ou que a empregan como zona de invernada. Desde o mes de setembro ata xaneiro ou febreiro a lagoa énchese de numerosas aves que se veñen a unir coas residentes de todo o ano, sendo esta, precisamente, a mellor época para observalas. A caza nesta zona está completamente prohibida pois é preciso preservar a tranquilidade das aves para que poidan descansar e buscar o seu alimento. É importante, ademais de non as molestar, non obrigalas a facer vóos innecesarios.

Slide 12:

Posiblemente a raíña das aves que pasan a invernía na lagoa de Louro sexa a garza (Ardea cinerea). Gran ave de cor grisacea e cun vó moi característico: o pescozo dobrado, as patas botadas hacia atrás e batendo as ás moi lentamente. Pode alcanzar unha estatura próxima ao metro. Chegan en número de cinco ou seis ao ano, aínda que excepcionalmente se teñen contado ata trinta exemplares.

Slide 13:

Ánades reais (Anas latyrhynchos), patos de aproximadamente 60 centímetros e de colorido diferente segundo sexan machos ou femias: el coa cabeza verde, colar branco e peito castaño e ela completamente castaña.

Slide 14:

Fochas (Fulica Atra), de 40 centímetros. Completamente negra e co dorso redondeado. É residente todo o ano na lagoa.

Slide 15:

Parrulo cristado (Aythya uligula), de 40 centímetros Percuran o seu alimento mergullándose na auga. O macho ten un gran colorido e a femia é tamén de cor castaña.

Slide 16:

Todas estas especies e algunha outra máis ocupan a zona máis alonxada das dunas e a máis achegada aos canavais e xunqueiras da beira da estrada, utilizando esta parte como refuxio perante intrusos e tamén como zona de posta para a cría dos seus niños. Pero sen lugar a dúbidas as aves que máis abundan son as gaivotas , que acostuman agruparse no centro mesmo da lagoa formando grandes colonias, normalmente de Gaivotas arxénteas e moi ocasionalmente de Gaivotas choronas , facilmente dintinguible pola súa cabeza negra e corpo completamente branco, e Gaivóns , que son as maiores das gaivotas

Slide 17:

FIN

authorStream Live Help