Fagamos unha curtametraxe

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

Explicación para elaborar unha curtametraxe. Dirixido ao alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria. Equipo de Normalización Lingüística e Tic do CEIP Pena de Francia. Curso 2014/2015

Comments

Presentation Transcript

Slide1:

FAGAMOS UNHA CURTAMETRAXE ! CÁMARA… ACCIÓN! CEIP PENA DE FRANCIA CURSO 2014/2015

Slide2:

Velaquí tes uns poucos consellos que che serán de grande utilidade. Pero antes de nada, un detalle moi importante que debes ter en conta: para comezar esta aventura cómpre ganas de aprender e de divertirse contando cos amigos ou coa familia. Recorda, sempre é mellor tendo axuda!

Slide3:

Decidir que queres contar é o inicio do camiño . Cómpre reflexionar sobre o ton que lle queres dar á túa creación: queres que sexa dramática, divertida, de aventuras, artística… ou todas a un tempo? Esta decisión determinará o seu xénero : drama, comedia, aventuras, documental, vídeo musical, fantástico, misterio… Tamén deberás pensar onde rodar, que personaxes intervirán , quen queres que os interprete e como queres que o fagan . Pode ser na aula , na casa ou no parque, pode ser disfrazados, maquillados, con tal ou cal vestiario , podes contar con moita ou pouca xente … Calquera elección será boa. A IDEA

Slide4:

Pois ben, chegou o momento de conseguir o necesario! É preciso deixar fóra a vergoña e animarse a facer cousas divertidas diante da cámara. Para os vídeos musicais tamén é importante facerse cun reproductor onde escoitar a canción que escollamos para manter o ritmo. Precisamos dunha cámara de vídeo! Pero hoxe en día é doado conseguila xa que mesmo as cámaras fotográficas e os teléfonos móbiles contan cunha . O resultado será igual de divertido! MANS Á OBRA!

Slide5:

Todo director que queira facer un bo traballo debe contar cun bo equipo. Decidide entre todos a función que desenvolverá cadaquén . GUIONISTA : cóntalle o que queres facer , porque el será o encargado de escribir o guión, que é un documento moi importante no que se describen todos os detalles necesarios para a realización do vídeo, tanto a historia e os diálogos como os aspectos técnicos ( localizacións , son, iluminación…). Trátase de contar como é o vídeo e o que nel sucede. O EQUIPO

Slide6:

DEBUXANTE DE STORY BOARD : ás veces, escribilo non abonda para explicalo , e para iso existe outra ferramenta : o “ story board ”. Para entendelo , digamos que consiste en debuxar as diferentes partes ou escenas do vídeo como se fose un cómic ou unha historieta ilustrada. Non é necesario debuxalo todo, máis ben as cousas importantes, pero será de moita axuda para decidir onde faremos a gravación , quen sae en cada parte do vídeo e que facer en cada momento.

Slide7:

AXUDANTE DE DIRECCIÓN : terás que contarlle todo o que queiras facer será o encargado de axudarte a organizalo todo. Ás veces un só non pode! PRODUCTOR : é a persoa que se encarga de conseguir todo o preciso para gravar o vídeo: atopar os lugares e obxectos axeitados ( localizacións e escenografía), o vestiario e tamén os actores, actrices e bailaríns ou bailarinas (reparto).

Slide8:

DIRECTOR DE ACTORES : será o encargado de indicarlles aos actores o que teñen que facer e como deben interpretar o seu papel. Cando deben cantar e bailar e cal é o baile que deben facer , por exemplo . O director de actores e o director de vídeo teñen que poñerse antes de acordo para decidilo . E recordade : os personaxes non actúan do mesmo xeito nunha comedia que nun drama, nun vídeo de aventuras que nun musical. DESEÑADOR DE VESTIARIO : o seu papel é o de axudarte a escoller o vestiario axeitado para os actores e actrices, que poderán ir da maneira que vós decidades .

Slide9:

TÉCNICO DE CÁMARA : pódelo facer ti mesmo , pero se tes outra persoa poderá facerse cargo de gravar coa cámara seguindo as túas indicacións . ESCENÓGRAFO : será o encargado da escenografía, é dicir , de preparar o lugar onde gravaredes , por se precisades fondos ou obxectos que axuden a que a escena quede mellor .

Slide10:

TÉCNICO DE ILUMINACIÓN : poderá ser o encargado de que o lugar onde vaiades gravar teña boa luz. Terá que ver a través da cámara para asegurarse de que ninguén quede na sombra e de que toda a escena se vexa ben. Para evitar riscos coa corrente eléctrica un bo consello é gravar en exteriores aproveitando a luz natural. TÉCNICO DE SON : será o encargado do equipo que reproduza a canción escollida , lanzándoa cando comecedes a gravar e parándoa cando sexa necesario. Terá en conta que todos a escoiten ben e deberá comprobar que a gravación vai acorde co ritmo e melodía. Se é preciso, deberá pedir silencio para evitar que entren ruídos molestos ou que afecten a gravación .

Slide11:

Se cada un fixo a tarefa que lle tocaba, xa podedes comezar a rodaxe . Entramos de cheo na fase de producción. Poida que precisedes facer antes algún ensaio no lugar da gravación para que todo saia logo o mellor posible. Cando vexas que todo está ao teu gusto, berra ben alto… Acción! Nese momento comezará todo. É importante dicir que non importa se alguén se equivoca, iso pásalle aos mellores artistas. O segredo para que quede perfecto é repetilo ata que ti esteas contento co resultado final. ACCIÓN!

Slide12:

En canto este momento chegue xa podes dicir que o vídeo está listo e podes amosárllelo á túa mestra ou aos teus pais , seguro que lles encantará. E recorda : o mellor resultado final é telo pasado ben!! BRINCA VAI! PACO NOGUEIRAS

Slide13:

TIPOS DE PLANOS O concepto de plano establécese sempre tomando como referencia á figura humana. O plano é fundamental para estruturar a mensaxe que se pretende comunicar. Podemos establecer tres grandes familias de planos:

Slide14:

xerais Os planos xerais son fundamentalmente informativos. Serven para mostrar unha localización e para situar ao espectador. Gran plano xeral : predomina o entorno sobre as personaxes e os obxectos .

Slide15:

Plano xeral : mostra a acción por completo, os obxectos e as personaxes .

Slide16:

INTERMEDIOS: Os planos intermedios serven para relacionar ás personaxes . Son máis expresivos que informativos. Plano americano : as personaxes aparecen encadradas ata os xeonllos .

Slide17:

Plano medio : a personaxe aparece encadrada ata a cintura.

Slide18:

Cortos: Primeiro plano : o encadre inclúe a cabeza, o pescozo e parte dos ombros. Plano detalle : o encadre presenta un fragmento do obxecto ou da personaxe que interesa resaltar.

Slide19:

Xa tedes toda a Información necesaria para facer A vosA cUrtAMETRAXE . Ánimo e moita sorte!

authorStream Live Help