Como buscar información nos libros

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Como buscar información nos libros:

Como buscar información nos libros Biblioteca do CEIP Vales Villamarín Betanzos

Fontes de información:

Fontes de información Persoas Familiares Profesores/as Especialistas Institucións Organismos públicos: concellos , consellerías , … ONGs Asociacións profesionais , culturais , … Documentos Libros informativos Publicacións periódicas Mapas , planos, diapositivas , debuxos Discos , cintas, vídeos, CD, DVD , películas Documentos informáticos e documentos en rede

Libros informativos:

Libros informativos Obras de consulta . Dicionarios , enciclopedias, atlas. Monografías temáticas . Documentos  que tratan un tema en particular. Narracións con información . Combinan   literatura e contidos de distintas materias. Libros de divulgación . Fan accesible o coñecemento científico  ao público en xeral .

PowerPoint Presentation:

Con só mirar os libros por fóra podemos coñecer todos estes datos:

PowerPoint Presentation:

Nas primeiras páxinas aparecen outros datos de interés:

PowerPoint Presentation:

Índices Prólogo Glosario Notas Bibliografía Estas ferramentas auxiliares sérvennos para atopar de xeito máis doado a información que buscamos nos libros : (Non todos os libros as teñen todas)

PowerPoint Presentation:

Índices Índice de contido ou sumario : catalógase a información por capítulos, seccións , artículos. Permite ao lector saber que contidos presenta a obra e en que páxina se atopa cada un. Índice alfabético : listado en orden alfabético dos conceptos que aparecen na obra. Case sempre está ao final do libro.

PowerPoint Presentation:

Introdución ou prólogo Comenta de forma xeral o contido da obra . Ás veces ofrece ao lector instrucións sobre o seu uso . Vai ao comezo da obra.

PowerPoint Presentation:

A bibliografía É a lista dos documentos que empregou o autor para redactar o seu libro. Tratan de temas relacionados co libro que estás a consultar, así que, se che interesa e queres saber máis , xa tes unha lista de libros para ler ou consultar. Aparece ao final.

PowerPoint Presentation:

O glosario É un vocabulario específico do tema que trata o libro . Coma nos dicionarios , as palabras están ordenadas alfabeticamente. Axúdanos a comprender palabras novas ou difíciles. Atopámolo ao final da obra.

PowerPoint Presentation:

As notas É información aclaratoria ou complementaria do que se di nun punto concreto do libro . Aparecen sinaladas cun número e situadas ao pé da páxina ou ao final do capítulo ou do libro.

Clasificación dos libros:

Clasificación dos libros Na biblioteca os libros están clasificados segundo o tema que tratan, cun código de cores que podes ver aquí:

PowerPoint Presentation:

Resumindo : Se queres atopar unha información determinada podes atopala nos libros, para iso , acode á biblioteca. A cor do andel e/ ou do “tejuelo” do libro indican o tema xeral que trata (historia, natureza , …). O título dun libro informativo ofrece pistas sobre o seu contido . Se les o resumo da contraportada ou a introdución ( ou prólogo) podes coñecer o tema máis polo miúdo . Os índices ou sumarios indican como está organizado o libro. Se consultas o índice alfabético podes atopar o concepto concreto que buscas e ver en que páxina (s) se atopa . Se non entendes algunha palabra, busca no glosario, ou nun dicionario aparte. As notas tamén che poden axudar .

PowerPoint Presentation:

Como se consulta unha enciclopedia Coñécese como enciclopedia á obra que contén o conxunto do saber científico. As enciclopedias conteñen información sobre persoas (biografías), topónimos, países, información xeográfica e histórica, artigos científicos e técnicos . As entradas están ordenadas alfabeticamente . Conteñen tanta información que case sempre están compostas por varios tomos ou volumes . Poden ser xerais ou temáticas. Que é unha enciclopedia :

PowerPoint Presentation:

Enciclopedias xerais Recollen o coñecemento científico relativo a todos os temas. Os termos están ordeados alfabeticamente. Cada volume, no seu lombo, ten impresas as palabras-guía , que nos indican a primeira e a última dese tomo. No interior, os artigos teñen dúas partes: a primeira, moi similar á dun dicionario , e a segunda parte é a propiamente enciclopédica. Adoita ir precedida da abreviatura ENC . Nesta parte ofrécese información diferente según o tema: un país, unha provincia , un animal, unha persoa , etc. Ademais inclúen ilustracións, gráficos , etc . que tamén debemos consultar.

PowerPoint Presentation:

Enciclopedias temáticas Poden recoller o saber sobre un tema determinado. Enciclopedias de arte, de historia, de animais, etc. Se tratan todos os temas, organízanse de forma que cada tomo se ocupa dun tema determinado. Hai que recorrer ao sumario ou índice alfabético de cada tomo ou ao xeral.

authorStream Live Help