Guía de lectura para o verán

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Slide 1: 

Chega o verán, por fin o bo tempo. Calquera sitio pode ser bo para ler por pracer: a praia, o monte, o aeorporto, o tren, a cama, ... Aí queda a nosa proposta, so tendes que pasar pola biblio antes de rematar o curso. Proposta de reseñas para a guía de lectura de verán

Slide 2: 

É unha lectura atraente.Nunha noite calorosa de verán prodúcese un grande incendio nun bosque galego. Pola noite uns rapaces descobren unha gran nave da que xorde unha estraña criatura anfibia que dá a luz a súa cría. Aquí comeza unha fantástica aventura dun rapaz, afeccionado aos bechos, que vive nun planeta aínda verde e azul. Herikberto M. Quesada é artista e deseñador. Este é o primeiro libro dunha saga de ficción que vos atrapará. Paga a pena lelo e desfrutar coas magníficas ilustracións de seres reais e imaxinarios capaces por si mesmas de transportarnos nos mundos e nos espazos do universo. O home do traxe branco. O accidente Herikberto M. Quesada, Xerais. 1º ciclo (e máis...)

Slide 3: 

Jorge García e Pedro Rodríguez uníronse na súa admiración por Xulio Verne, o autor de obras como A volta ao mundo en 80 días ou Viaxe ao centro da terra, e transformaron a un xovencísimo Verne en personaxe central deste cómic, dunha aventura chea de maxia que leva ao aspirante a escritor a vivir entre dous mundos. Sen dúbida, metáfora do que foi a vida do autor e a de calquera lector apaixonado. A fantasía non ten tempo nin idade! Premio Josep Coll da Asociación Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña. Las aventuras imaginarias del joven Verne. La puerta entre dos mundos Jorge García y Pedro Rodríguez. Edit. Glenat

Slide 4: 

A chegada dun novo alumno procedente dun centro de acollida convulsiona a vida dun centro escolar de clase acomodada. A actitude aberta de tres amigos que o acollen e protexen desperta as iras dunha banda neonazi, disposta a vingar o seu atrevemento. A partir da problemática das bandas urbanas plantea cuestións como a necesidade de ser tolerantes, solidarios e xenerosos. El curso en que me enamoré de ti Blanca Álvarez. Edit. Planeta-Oxford

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás. Finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil. : 

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás. Finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil. Dragal. A herdanza do dragón Elena Gallego Abad, edit. Xerais.

Slide 6: 

“Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retornará á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato”. O verán é tempo de viaxes. Xabier P. Docampo e o ilustrador Xosé Cobas, propóñennos, neste fermoso libro, acompañalos por mundos imaxinados reais e fantasiosos... sen esperas no aeroporto! Premio AELG 2009, Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado 2008. O libro das viaxes imaxinarias Xabier P. Docampo e Xosé Cobas, Xerais 2º ciclo(e máis... e menos)

Slide 7: 

Con guión de Felipe Hernández Cava e debuxos de Bartolomé Seguí, As serpes cegas acadou o Premio Nacional de Cómic 2009. Este galardón súmase a outros xa recibidos como o Premio da Crítica, o Premio Diario de Avisos ao Mellor Guión e o Premio do Saló do Cómic de Barcelona á Mellor Obra e Mellor Guión. A lectura non decepciona. Sitúámonos en 1939 en Nova York. Un misterioso home de traxe vermello busca a Ben para saldar contas. Mentres, Ben apura o tempo para levar a cabo a súa vinganza persoal. Cun ritmo narrativo dinámico, nunha atmosfera cercana ao cine negro americano, os autores lévannos da man da intriga por un marco histórico recoñecible: a Guerra Civil española e os convulsos anos trinta sobre os que pairan ameazantes os totalitarismos enfrontados ás democracias. As serpes cegas Felipe Hernández Cava e debuxos de Bartolomé Seguí. Bdbanda.

Slide 8: 

Un mozo de dezaseis anos é enviado pola súa nai a Auvers cunha tía para apartalo de París unha tempada . Despois de oito meses e non chegar a facerse amigo de ningún mozo da vila, que el consideraba uns brutos, coñece a Vincent Van Gogh. Durante sesenta e nove días comparten as súas vidas. O mozo acompañarao nas súas saídas diarias en busca de motivos que poder pintar. Coñeceremos algúns dos personaxes e lugares que o pintor plasmou nos seus cadros. Tamén descubrirá o amor e terá que tomar decisións sobre esa relación e resolver as dúbidas que o asaltaban . Esta historia, que transcorre durante un verán, pode ser unha boa compañeira para os días de estío que se achegan . O autor xa nos fixera disfrutar con Rinocerontes e Quimeras. O pintor do sombreiro de malvas Marcos Calveiro. Edit. Xerais.

Slide 9: 

El pequeño Polio recolle unha parte da infancia de Mahmoud Slimani. Dende a cidade francesa de Toulon, e dende os seus seis anos, Mahmoud, de orixe arxelina, vai asistindo ao enfrontamento entre os dous países que ama: Francia e Arxelia. Coa subida ao poder do xeneral De Gaulle, a colonia do norte de África reclama a independencia. Pero Mahmoud é ante ante todo un neno, un neno que descobre a vida e a morte, a amizade e o valor da familia. O temperán interese do autor polo debuxo e o mundo dos cómics e a súa posterior preocupación polos temas sociais como a inmigración e o racismo están presentes nesta obra. El pequeño Polio Farid Boudjellal. Ediciónes La Cúpula (Cómic)

Slide 10: 

Venecia, 1739. Coma nun teatro barroco, álzase o pano e todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta mirada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova ópera, mentres procura un estradivarius perdido, prodixioso instrumento no que fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. Un intrigante relato que confirma ao autor como un dos novos autores de referencia nas nosas letras. Non hai máis que lembrar Festina Lente. Settecento Marcos S. Calveiro, Edit. Xerais Bacharelato, adultos (e máis... e menos)

Slide 11: 

Escritora polaca nada en 1923. Escribe dende os anos 50 pero non comezou a recibir recoñecemento universal cos premios Club Pen polaco e o Nobel de Literatura de 2004. O transitorio e o permanente; a idea poética besbellando ao ouvido; o desdobramento do eu adulto e o eu adolescente cinguidos pola “bufanda” a “raias de cores” tecida pola nai; a memoria necesariamente presente; o poeta e o home sorprendidos; a interpretación trascendente a partir do cotiá, das ausencias e as feridas nos obxectos e as palabras; o absurdo do “matar por matar”; a lectura; as homenaxes a Proust, Ella Fitzgeral ou Veermer,... Fermoso. Fermoso ler poesía tamén no verán. Aquí Wistaewa Szymborska. Edición bilingüe e tradución de Gerardo Beltrán y Abel A. Murcia Soriano. (polaco-castelán)

Slide 12: 

O cómic de Ari Folman e David Polonski está a ser unha lectura apropiada nestes tempos. Líbano, Beirut, 1982, masacre dos campos de refuxiados de Sabra e Chatila, onde morren miles de palestinos. Tras o asasinato do presidente libanés Bashir Geyamel, os israelís participaron nesta matanza. A chamada dun amigo desesperado esperta o pesadelo. Procurarse a si mesmo no que fora un mozo israelí, a través das lembranzas tamén rexeeitadas dos que entón viviran con el esa tolemia, saber que grao de inculpación lle correspondía nesa realidade. O seu propio vals coas balas, o seu vals con Bashir. Vals con Vashir Ari Folman e David Polonski, Edit. Salamandra.

Slide 13: 

En pleno comunismo, durante o período do mandato de Mao Zdong en China, dous adolescentes fillos de intelectuais “disidentes”, vense obrigados a realizar a etapa de reeducación nas montañas do Fénix do ceo, na fronteira co Tibet. Afastados do mundo e practicamente condenados a este infrahumano retiro obrigado, os dous amigos afrontan os seus traballos. A música, a capacidade para contar historias e a descuberta dunha maleta con libros prohibidos -Balzac, Víctor Hugo, Stendhal, Dumas,...- transfórmase para eles, e para a xove costureira china, nunha posibilidade de mudar o destino. Para amantes da literatura e da liberdade. Balzac y la joven costurera china Dai Sijie, Edit. Quinteto.

En novembro de 2002 a costa galega tinguiuse de negro e o chapapote do Prestige trouxo consigo unha profunda dor colectiva. En "Nove" esa conmoción social trasládase ao desacougo, á soidade e ao desamor máis íntimo. Esas son as emocións que habitan a illa de Novembro, onde o chan é unha osamenta enorme de balea e as tebras cobren a terra de escuridade. : 

En novembro de 2002 a costa galega tinguiuse de negro e o chapapote do Prestige trouxo consigo unha profunda dor colectiva. En "Nove" esa conmoción social trasládase ao desacougo, á soidade e ao desamor máis íntimo. Esas son as emocións que habitan a illa de Novembro, onde o chan é unha osamenta enorme de balea e as tebras cobren a terra de escuridade. Así doe novembro así doen as moas apretadas contra ti, coma un barco unha traxedia para un pobo ou o recordo dun membro fantasma doe porque non te dás ido aínda que marcharas Nove María Lado, ilustracións de David Rubín

Horario de verán : 

Horario de verán bibliotec@ Podes levar en préstemo libros ou pelis Permanecerá aberta de Os días 2,15 e 29 de xullo a biblioteca 10:30 a 13:00 Para facer devolucións ou préstamos

authorStream Live Help