Arquitectura ruta da auga,IES de Porto do Son

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

Proxecto inmterdisciplinar, ruta da auga

Comments

Presentation Transcript

A capela:

Entendendo a arquitectura da ruta da auga (información recollida polos alumnos de 1º ESO)

A capela:

O hórreo Construción destinada a secar e gardar o millo Pé: son os soportes máis xeneralizados, construídos en pedra de diferentes formas, como a troncopiramidal. Tamén se lle chama cepa Capa: pedra grande e plana, de diversas formas, que se coloca sobre os pés do hórreo para evitar que os ratos poidan entrar nel. Tamén se chama tornarratos, moa ou rateira Doela: cada unha das pezas que forman as paredes dun hórreo de pedra Lampión: remate en forma de cruz que se coloca no cume dianteiro do tellado do hórreo Tremiñado : p iso do hórreo. Tamén se chama chan

A capela:

O cruceiro Plataforma: superficie plana e horizontal elevada sobre o chan Pedestal: peza sólida que soporta o peso dunha estatua, unha columna etc. Tamén se chama pé Fuste : p arte alongada dunha columna, comprendida entre a base e o capitel Capitel: peza con ornamentos situada na parte superior da columna, que presenta figuras ou ornamentación diferente, segundo os estilos, sobre a que descansa a cruz. Tamén se chama chapitel Cruz: r epresentación da cruz de Cristo, símbolo dos cristiáns Cruz monumental de pedra, de entre 3 e 5 metros, sostida por unha columna asentada nunha plataforma

A capela:

O muíño Aparello que serve para moer ou triturar certos produtos Quenlla: gabia, abertura longa e estreita para conducir a auga. Tamén se chama cal, caldeira ou canle Pé: pedra cilíndrica fixa cun furado no medio sobre a que xira a capa ou moa Inferno: zona por onde sae a auga a presión e vai bater co rodicio Rodicio: peza semellante a unha nora, que xira ao recibir a auga da cal que o pon en movemento. Tamén se chama reducio ou rodecio

A capela:

A casa Poio: b anco de pedra pegado á parede, xunto ás portas das casas, nos patíns, etc. Soleira: peza de pedra ou doutro material colocada na parte inferior do oco dunha porta ou ventá. A da porta tamén se chama limiar Lumieira: peza horizontal, xeralmente de pedra ou madeira, que limita pola parte superior o oco dunha porta ou ventá. Tamén se chama cargadeiro, cargadoiro, cubrición, lintel, padieira ou sobrelume Sobrado: planta alta dunha vivenda de só dúas plantas, en particular cando o piso é de madeira. Faiado: parte máis alta da casa, inmediatamente debaixo do tellado

A capela:

A capela Peto de ánimas: construción de cantaría situada nos camiños e encrucilladas na que se representan escenas do purgatorio e que ten na base un peto para as esmolas Adro : terreo, xeralmente cercado, que adoitan ter as igrexas ao seu redor ou ben diante delas Boeta: caixa na que se recollen as esmolas nas igrexas ou noutros lugares. Tamén se chama arqueta ou peto Nicho : concavidade nun muro ou parede para colocar algún adorno, imaxe, etc. Espadana : campanario dunha soa parede, que se eleva xeralmente sobre a fachada principal e ten un ou máis vans É unha igrexa pequena que só ten un altar. Esta é a capela do Loreto.

authorStream Live Help