ECOFEMINISMO,

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

Activistas pola sostibilidade, IES de Porto do Son

Comments

Presentation Transcript

GRETA THUNBERG:

ECOFEMINISMO

GRETA THUNBERG:

RACHEL CARSON Primeira científica con conciencia ambiental. Naceu en EEUU en 1907 nunha familia de granxeiros. Foi bióloga mariña e a súa carreira estivo centrada en concienciar a poboación sobre o medio ambiente. Creou a Axencia de Protección Ambiental e axudou a modificar a lexislación neste ámbito en varios países. A súa obra máis coñecida é Primavera silenciosa que trata sobre os pesticidas , o DDT, entre outros.

GRETA THUNBERG:

JANE GOODALL Naceu en 1934 en Londres. O seu interese polos animais africanos veu por un regalo dun simio moi realista que lle fixeron de pequena. Aos 23 anos viaxou a Kenia , ata que en 1960 embarcou nunha viaxe a Tailandia para investigar sobre os chimpancés salvaxes. Este proxecto ía durar seis meses, pero continúa na actualidade despois de 58 anos. É considerada unha das científicas de maior impacto no século XX. Os resultados das súas investigacións son recoñecidos por contradicir unha forte crenza: os humanos non son os únicos seres que crean e utilizan ferramentas xa que os simios tamén o fan.

GRETA THUNBERG:

VANDANA SHIVA Naceu en 1952 na India. É unha das activistas do ecofeminismo máis recoñecidas a nivel mundial. Recibiu o Premio ao Sustento Ben Gañado e creou a fundación para a Investigación científica, tecnolóxica e ecolóxica en 1982. As súas iniciativas máis relevantes son: - Impulsar a agricultura ecolóxica. Estudar da biodiversidade . Fomentar o compromiso das mulleres nos movementos ecoloxistas. Loitar para cambiar as prácticas na agricultura e na alimentación.

GRETA THUNBERG:

PRISCILLA ACHAKPA Nacida en Nixeria. Co seu compromiso visibiliza o traballo da muller ao mesmo tempo que protexe o medio ambiente. Colabora e dirixe iniciativas como o Programa de Mulleres Ambientais (WEP) co que está a crear conciencia entre as mulleres do ámbito rural para que usen novas ferramentas, enerxías limpas e seguridade alimentaria. Ao decatarse de que son as mulleres as máis afectadas polo cambio climático, involucra as traballadoras do campo para que poidan mitigar eses efectos e adaptarse ao seu impacto nelas mesmas e nas súas familias.

GRETA THUNBERG:

AMINA MOHAMMED Nace en Nixeria en 1961. Dirixiu grandes proxectos relacionados co clima, coa protección do medio ambiente e a conservación dos recursos para un desenvolvemento sostible. Foi unha peza fundamental na elaboración da Axenda 2030 da ONU, que ten por obxecto asegurar o progreso social e económico. Tamén participou en iniciativas para a defensa dos dereitos humanos das mulleres africanas como a campaña Girl Effect e African Women .

GRETA THUNBERG:

CHRISTIANA FIGUERES Naceu en Costa Rica en 1956. É antropóloga, economista e analista social. Colabora no deseño de novas medidas para afrontar o cambio climático e fixo grandes contribucións na defensa do medio ambiente. Dá charlas frecuentes para concienciarnos de que todos somos responsables e deberiamos actuar deixando de contaminar, impulsando as enerxías limpas e a eficiencia enerxética. A revista Time en 2016 incluíuna na lista das 100 persoas máis relevantes do mundo.

GRETA THUNBERG:

PAULA CABALLERO Activista colombiana. Ten un proxecto de intervención en varios países para rematar coa pobreza e conservar os recursos naturais. Ocupa cargos de gran relevancia en relación co desenvolvemento sostible, o cambio climático e a biodiversidade . “As devastadoras inundacións no sur de Asia e Texas , as tormentas do Caribe e os incendios no oeste de EEUU anuncian un perigoso mañá se non abordamos o cambio climático hoxe. Porque, nun sentido moi real, 2030 é agora”.

GRETA THUNBERG:

YAYO HERRERO Nacida en Madrid en 1985. Antropóloga, enxeñeira e mestra. É coordinadora estatal de Ecoloxistas en Acción. Nunca se sentira ecoloxista, ata que un día visitou unha granxa de aves. A partir de aí empezou a preguntarse se realmente era necesario que houbese ese tipo de explotacións para poder comer. Tamén é directora de FUHEM, unha fundación independente que promove a xustiza social e a sostibilidade ambiental. Está moi involucrada en que todos tomemos conciencia da necesidade de cambiar os hábitos de consumo nun planeta con recursos limitados.

GRETA THUNBERG:

DOLORES ROMANO Foi presidenta de Greenpeace España ata 2004. Na actualidade é responsable en Ecoloxistas en Acción da campaña contra alteradores hormonais. Dedica a súa vida ao medio ambiente, a previr os efectos da contaminación e a sensibilizar á poboación sobre os riscos da exposición a substancias tóxicas. Tamén está detrás das campañas que denuncian a presión que exercen sobre os mercados as industrias químicas europeas.

GRETA THUNBERG:

GRETA T HUNBERG Estudante sueca de 16 anos e activista pola defensa do medio ambiente, diagnosticada de autismo. En 2018 foi unha peza fundamental das loitas estudantís no seu país, xerando conciencia sobre o quecemento global. A conferencia que dou na ONU sobre o cambio climático fíxose viral e agora é coñecida en todo o mundo. “A nosa biosfera está sendo sacrificada para que os ricos de países coma o meu poidan vivir luxosamente , pero o sufrimento de moitos está pagando os luxos duns poucos .”

authorStream Live Help