Selección de poemas

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Diapositiva 13:

Selección de poemas

Diapositiva 13:

de Manuel María Club de lectura Benxamíns 22 de febreiro de 2016

Diapositiva 13:

“A fala” O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble , o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo , maxicamente vello , eternamente novo.

Diapositiva 13:

O idioma é a patria , a esencia máis nosa , a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén . ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén ! O idioma é o amor, o latexo , a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer.

Diapositiva 13:

O Cuco, cuco cuqueiro . O cuco, cuco, cucón . Madrugón e cantareiro ! Cantareiro e madrugón ! Óese na carballeira o vello cuco souril ó nacer a Primaveira entre o Marzo e o Abril. O vello cuco cucou e moito máis cucará! O cuco non me capou e nunca me capará! Polas mañás ben cediño o cuco canta: “ cu-cu ...” Como o teño por veciño eu trato ó cuco de tu! “O cuco”

Diapositiva 13:

“ Escola ” A miña escola é moi grande, destaca entre os edificios . Según dice o director ten moitos e bos servicios . É de construción recente e semella unha colmea . Vista por fóra parece máis que escola, unha cadea . Está feita de cemento , non ten pedra ou cantería . Máis que construción galega semella de Andalucía …! Ten moitas mestras e mestres i un alumnado escesivo . O ensino non é bon. Penso máis ben que é cativo! A maior parte dos mestres moi tristeiro papel fan: nada ensinan de Galicia e falan en castelán …! Non me gusta a miña escola , nela todo me é estraño . Eu son un neno galego e non un americano…!

Diapositiva 13:

“Galicia” Galicia docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar ! Ten portos , mariñeiros , cidades e labregos, cargados de traballos , cargados de trafegos ! Galicia é unha nai velliña , soñadora : na voz da gaita rise na voz da gaita chora! Galicia somos nós: a xente e mais a fala. Si buscas a Galicia en ti tes que atopala ! Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento… Pero hai outra Galicia que vai no sentimento!

Diapositiva 13:

“ O ar co da ve ll a ” O arco da vella no ceo subido co seu colorín , co seu colorido. O arco da vella con sete colores que teñen no ceo beleza de flores. O arco da vella no ceo chantado co seu colorín , co seu colorado. O arco da vella é un arco triunfal con sete guerreiros que a ninguén fan mal. O arco da vella De luz feito é. Resulta un milagre Que siga de pé!

Diapositiva 13:

“ Pobo ” Vinte, trinta casas. Aí están cunha feitura xusta e aldeán . A terra é moura. Dorme con desgana sen a curva feminina da montana . Us prados, a mazaira e a cerdeira . Os palleiros ocupan media eira. Os cas , entre as casas, a folgar, ladrando por ladrar.

Diapositiva 13:

Non canta na Cha ninguén . Por eso o meu carro canta. Canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai carro máis fermoso : fino como un asubío . Anque é , ás vegadas , saudoso, faise , no ar, rechouchío . O meu carro é cerna dura: sábese carballo e freixo. Que fermosa a súa feitura! Que lixeireza a do eixo! As cousas vanse aledando por onde o meu carro pasa . Carrétame herba pró gando ! Traime a colleita pra casa! “O carro”

Diapositiva 13:

A neniña está cosendo un fermoso delantal. Dá puntadas e puntadas nun farrapo de percal! A neniña está cosendo , a neniña está bordando: en cada puntada súa un soño vai apreixando ! A boneca é unha espiga de maíz, con pelo loiro . A boneca hai que vestila que non pode andar en coiro ! “A boneca ” A neniña éunha probiña . Cose, cose no retal: á boneca hai que poñerlle un fermoso delantal …! A boneca é moi fermosa , máis fermosa non a hai ! A boneca fai de filla i a neniña fai de nai …!

authorStream Live Help