Como agua

Views:
 
Category: Entertainment
     
 

Presentation Description

Pequena presentación sobre a novela, o contexto e a autora

Comments

Presentation Transcript

Presentación de PowerPoint:

Como agua para chocolate Lectores rebuldeiros 4º ESO

Presentación de PowerPoint:

A Autora Laura Esquivel naceu en Cidade de México no ano 1950. Mestra e especialista en teatro infantil, antes de escribir a súa primeira novela Como auga para chocolate (1989), xa había ter a oportunidade de compoñer numerosos guións cinematográficos. En 1992 a novela foi levada ao cine polo director Alfonso Arau , partindo do guión escrito pola propia Laura Esquivel .

Presentación de PowerPoint:

Que significa o título? “ Como agua para chocolate” significa estar a punto de ferver , como ten que estar a auga para facer o chocolate. “Tita estaba como agua para chocolate, porque hervía de rabia, se sentía mal y enojada con Rosaura, porque ésta quería que su hija la cuidara hasta que ella muriera. Tita no podía creer que su hermana obligara hacer a su hija, lo mismo que le hicieron a ella, arruinándole la vida….”

Presentación de PowerPoint:

Que tipo de narrativa é? Esta obra pertence a unha corrente literaria hispanoamerica chamada REALISMO MÁXICO. Consiste en amosar o irreal e estraño como algo cotiá e común. Dentro deste xénero , o imposible semella posible. Vladimir Kush Realismo máxico na novela

Presentación de PowerPoint:

O argumento Como agua para chocolate narra a historia dun amor imposible: Tita , a filla menor de Mamá Elena, está destinada a permanecer solteira para coidar da súa nai ata que esta morra. Orfa aos dous días de vida, Tita é criada por Nacha, a cociñeira da casa, o que a converte nunha extraordinaria coñecedora da comida. Tita demostra desde pequena grandes dotes creativos, intelixencia, así como un carácter doce e á vez firme, o que lle permite destacar en todo o que fai; con todo, a súa nai reprime todas as súas iniciativas e, entre elas, a de casarse con Pedro, a quen ama apaixoadamente .... pero Pedro terá que casr coa irmá se quere estar preto de Tita , o cal crea un montón de situacións inverosímiles.

Presentación de PowerPoint:

A estrutura: 12 Capítulos en clave gastronómica. I Enero -Torta de Navidad II Febrero- Pastel Chavela III Marzo- Codornices en Pétalos de Rosas IV Abril- Mole de Guajolote con Almendra y ajonjolí V Mayo- Chorizo Norteño VI Junio- Masa para Hacer Fósforos VII Julio- Caldo de Colita de Res VIII Agosto- Champandongo IX Septiembre- Chocolate y Rosca de Reyes X Octubre- Torrejas de Natas XI Noviembre- Frijoles Gordos con Chile a la Tezcucana XII Diciembre- Chiles de Nogada

Presentación de PowerPoint:

Temas principais 1 . O amor prohibido (erotismo): É o fío condutor da obra. Existe ente Tita e Pedro debido á condena que herdou da súa nai ao prohibirlle casarse por cumprir a tradición familiar de coidala ata a súa morte. 2. A infidelidade é tamén outra mostra de amor prohibido, exemplo diso observámolo na relación de Mamá Elena cara ao seu marido e en Pedro cara Rosaura , en ambos casos por un amor prohibido. 3. O amor eterno : A valentía de Pedro ao aceptar casarse con Rosaura para poder estar preto de Tita , e a seguridade dela para deixarse morrer nos seus brazos sen que nada máis lle importase. 4. Os aromas da cociña : Ademais de que cada capítulo está encabezado por unha receita da tradicional cociña mexicana, a cociña foi o lugar onde Tita pasou toda a súa vida, rodeada de receitas que Nacha ensinoulle.

Presentación de PowerPoint:

Exemplos de realismo máxico A comida inflúe nas persoas , segundo o estado de ánimo que tiñaTita ao preparala: Un exemplo claro é cando Pedro lle regala unhas rosas a Tita , e ela as pon na comida. Ao facer isto Tita estaba moi estimulada. Comprobamos que Pedro ao probala cre que é o mellor agasallo dos deuses e que se excita. Tamén Gertrudis , ao probar a comida, ponse vermella e sae correndo a bañarse(despois fará o amor no cabalo). Outro exemplo: Tita chora preparando o pastel para a voda da súa irmá Rosaura . Todos enferman por esta causa. b) O nacemento de Tita xa presaxia o seu destino fatal: Dise que Tita nace por un torrente de bágoas e esta se esparellou por toda a cociña, que despois que o piso se secou co sal que quedou xuntaron unha bolsa de 5 quilos que utilizaron para cociñar durante moito tempo.

Presentación de PowerPoint:

As receitas

Presentación de PowerPoint:

A película

Presentación de PowerPoint:

Biblioteca do IES Monte das Moas Club de lectura de 4º de ESO

authorStream Live Help