DEUSES DO OLIMPO: MITOLOXÍA GREGA

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

Traballo de investigación realizado polo alumnado de 1º ciclo de Primaria do Ceip Mestres Goldar

Comments

Presentation Transcript

GRECIA:

GRECIA PELOPONESO Monte Olimpo Monte Olimpo

XOGOS OLÍMPICOS DA ANTIGA GRECIA:

XOGOS OLÍMPICOS DA ANTIGA GRECIA En Grecia celebrábanse catro festivais nos que a participación estaba aberta a todos os gregos. Os Xogos Olímpicos de Olimpia , en honra de Zeus , eran os máis importantes. Os gañadores dos Xogos recibían como único premio unha coroa («cotinus») elaborada con ramas de oliveira que se cortaban dunha oliveira silvestre xunto ao templo de Zeus en Olimpia . Posteriormente substituíuse por loureiro.

DEUSES OLÍMPICOS:

DEUSES OLÍMPICOS Os deuses teñen corpos humanos , pero son moito máis grandes, máis fortes e fermosos e son inmortais . Aliméntanse de ambrosía e poden cambiar de aparencia utilizando a técnica da metamorfose. Do mesmo xeito que os homes, os deuses pensan e teñen ideas, aman , odian, senten envexa, celos e tamén padecen dores. Castigan sen piedade a calquera mortal que os ofenda.

DEUSES OLÍMPICOS:

DEUSES OLÍMPICOS Os deuses olímpicos eran os doce deuses máis importantes da mitoloxía grega. Vivían nun palacio na cima do monte Olimpo , a montaña máis alta de Grecia. Os seus reis eran os esposos Zeus e Hera.

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS ZEUS (XÚPITER) é o pai dos deuses e os homes, os seus poderes só están limitados polo destino. Co tempo converteuse no símbolo supremo e único da divinidade. Atributos : o raio, o cetro e a aguia .

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS HERA (JUNO) Deusa do matrimonio ATRIBUTOS: diadema e cetro acompañada dun pavo real, tamén un corvo e unha granada .

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS ATENEA (MINERVA) Deusa da sabedoría e da guerra xusta e vitoriosa. Protectora de Atenas. Represéntase como unha moza guerreira armada con lanza e escudo e cuberta con casco . Ás veces coa «éxida» na que está debuxada a cabeza da Gorgona Medusa. O seu animal emblemático é a curuxa .

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS POSEIDÓN (NEPTUNO) Deus da auga, especialmente do mar pero tamén de fontes, lagos e ríos. Represéntase con tridente , levando un carro tirado por cabalos, acompañado por Nereidas e Tritón que fai soar unha caracola de mar.

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS HADES (PLUTÓN) Deus dos mortos e dos infernos. Represéntase con cabelo e longas barbas, caveira, ósos e ciprés, portando na man un cetro de dúas puntas acompañado de Cerbero , o can de múltiples cabezas .

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS HEFESTO (VULCANO) Deus do lume, a forxa e os artesáns Represéntase vello, traballando na fragua co iunque e o martelo e rodeado polos seus axudantes os Cíclopes .

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS AFRODITA (VENUS) Deusa do amor e da beleza Represéntase saíndo do mar, sobre unha cuncha , rodeada de cupidos. Ás veces con mazá e unha pomba .

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS APOLO (FEBO) Deus da música, da poesía e da medicina. Represéntase cunha coroa de loureiro , con arco e frechas, cunha lira ou unha frauta ou unha serpe . Ás veces, conducindo o carro do Sol. Adoita ir acompañado polas Musas

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS DEMÉTER (CERES) Deusa da agricultura, a fertilidade e a terra Represéntana como a unha muller sobriamente vestida e coroada de espigas que porta un facho na man dereita e un feixe de espigas na esquerda. Outras veces cunha fouce ou coa «cornucopia» ou corno da abundancia.

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS ARTEMISA (DIANA) Deusa da caza, os bosques, os animais, as mulleres solteiras e a lúa. Represéntase como cazadora, con arco e frechas, con cervas ou cans ou unha osa . Como deusa da Lúa o seu atributo era un facho ou unha medialúa nos cabelos.

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS DIONISO (BACO) Deus do viño e a fertilidade da natureza, da alegría dos convites, do teatro. Represéntase cunha copa de viño, coroado de hedra e vide , empuñando o tirso, vara cuberta de follas de hedra ou vide.

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS ARES (MARTE) Deus da guerra Represéntase como un guerreiro novo e forte armado con casco, coraza, lanza e escudo.

OS DOCE MAGNÍFICOS:

OS DOCE MAGNÍFICOS HERMES (MERCURIO) Deus do comercio e mensaxeiro dos deuses. Represéntase co caduceo na man dereita, sandalias ou talóns alados , casco ou chapeu con ás e cun manto de viaxe.

E ALGÚN MÁIS…:

E ALGÚN MÁIS… HESTIA (VESTA) Deusa do lume sagrado e do fogar. Represéntase vestida, cun veo que desde a cabeza cóbrelle as costas, en actitude solemne e sosegada, cunha chama na man dereita símbolo do lume do fogar.

E CHEGAN AS MUSAS…:

E CHEGAN AS MUSAS… BACO (CARAVAGGIO) Nacemento de Venus (BOTTICELLI) O triunfo de Baco (VELÁZQUEZ) A fragua de Vulcano (VELÁZQUEZ)

E CHEGAN AS MUSAS…:

E CHEGAN AS MUSAS… DÉMETER. Ceres. Antoine Watteau, 1715 Apolo, deus da música e da poesía, coa súa lira. Ao seu lado a musa Calíope, a quen se atribuía o dominio da poesía lírica A inspiración do poeta. Poussin.

E A NÓS TAMÉN NOS CHEGARON AS MUSAS…:

E A NÓS TAMÉN NOS CHEGARON AS MUSAS… Se queredes pasar un bo rato podesdes ler os contos olímpicos que inventamos. Tamén podedes repasar as historias destes deuses no noso ÁLBUM DOS DEUSES

E A NÓS TAMÉN NOS CHEGARON AS MUSAS…:

E A NÓS TAMÉN NOS CHEGARON AS MUSAS… Se queredes aprender moitas cousas sen deixar de xogar probade con este xogo . Pasarédelo XENIAL!!

INVESTIGACIÓN 1º CICLO:

INVESTIGACIÓN 1º CICLO MOITAS GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN!

authorStream Live Help