1º Centenario de nacemento de ÁLVARO CUNQUEIRO

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Slide 1:

ÁLVARO CUNQUEIRO 1º Centenario do seu nacemento

Slide 4:

Cunqueiro viviu unha infancia feliz: "... aos nove anos fora incesantemente a velar os niños con todos os rapazolos do pobo, a asar castañas nos bosques e a vestirnos coas follas das árbores o primeiro de maio" O tempo que non pasaba nos entretementos propios da infancia dedicábao á lectura: "Lembro alternar os libros que puidésemos chamar de cabalerías co Vermello e Negro de Stendhal e a Historia de Cristo de Renán. Posiblemente, en rigor, non os entendese pero non os volvín a ler e gardei sempre a emoción que transpiraban, esa poesía renaniana."

Slide 5:

Daqueles tempo lembrou sempre, con moito cariño, as moitas horas pasadas na barbería de Manuel Ledo, O Pallarego" a quen dedica as palabras que seguen: "Foi o meu gran mestre. Con el aprendín filosofía, música, literatura, xeografía. Aquí viña eu todos os días a lerlles o xornal a todos os que estaban, inventando a metade das noticias mentres o Pallarego glosábaas. Aquí escribín as miñas obras de teatro, que versaban sobre os acontecementos do día anterior na barbería do Pallarego e aquí representabámolas. Aquí formabamos as nosas rondallas con letras que facía Jácome"

Slide 8:

Pero en Lugo, ademais, Cunqueiro realiza: "O descubrimento máis sensacional e importante da miña vida: o idioma galego. Ata os apuntes de Química facíaos en galego" Achado parello á fascinación do novo estudante ante o mapa de Galicia de Domingo Fontán: "Foi o meu gran encontro co meu país galego: alí estaba a miña terra, a terra da miña vocación e dos meus días"

Slide 9:

En 1927 Cunqueiro matricúlase, como alumno libre, na Facultade de Filosofía e Letras, na sección Historia, da Universidade de Santiago de Compostela. "Así que chego a Santiago. Quédome asombrado, absorto. Aínda hoxe en día, cada vez que entro na cidade chego como un bobo... Percorro todo en soidade e gústame entrar e saír polas súas rúas, plantarme ante a Catedral e mirala e mirala..."

Slide 10:

Entre 1927 e 1934, Cunqueiro compaxina prolongadas estancias en Mondoñedo cos seus estudos en Santiago, onde convive nunha pensión de rúa do Ensino co seu amigo Fole. Ambos comparten os faladoiros do Español ou O Derby e forman parte do grupo de mozos intelectuais -Eiroa, Colmeiro, Cadrado, Seoane- que, dende as artes plásticas e a literatura, recollen a testemuña, cara a 1930, da primeira xeración vangardista galega de Manuel Antonio, Maside ou Dieste.

Slide 11:

A pesar da intensa e froitífera relación co grupo compostelán, afirma Cunqueiro: "Creoume o complexo de ser literaria ou intelectualmente distinto aos demais. Eles e eu liamos un libro, Joyce e Huxley, poño por caso, e sempre era eu o que sacaba un xuízo totalmente diferente aos outros. O mesmo cando asistiamos a unha conferencia de Ramón Gómez da Serna ou de Lorca, ou un concerto de Sainz da Maza. [...] Eu sabía que como escritor non ía ser mellor nin peor que outros, pero si diferente. Que eu tiña rexistros que outros non tocaban, e que gran parte da miña obra sería feita en soidade e a contrafío de modas e influencias. "

Slide 12:

Tras varias colaboracións esporádicas, en 1930 comeza a publicar artigos e poemas en varios números da revista Vallibria , dirixida en Mondoñedo polo cronista da vila, don Xosé Trapero Pardo, á vez que impulsa e dirixe, ata 1933, a revista Galiza , de signo galeguista e practicamente monolingüe, na que escriben tamén Aquilino Igrexa Alvariño e José Díaz Jácome, ademais dos xa consagrados Castelao, Otero Pedrayo ou Vicente Risco

Slide 14:

Membro tamén do Partido Galeguista, pero afín á corrente de Suárez Picallo, é o pintor e debuxante Luís Seoane, protagonista con Cunqueiro do momento cultural galego dos anos da República. Ambos, que se coñecen desde setembro de 1931 "En setembro de 1931 coñeceu a Luís Seoane, feito decisivo non seu futuro como escritor. Seoane animouno a publicar Mar ao Norde e encargouse de ilustralo e de falar con Ánxel Casal para que fose a editorial Nós que ou imprimise." Os dous colaboran periodicamente na Nosa Terra, semanario oficial do partido. Grazas a Seoane, Cunqueiro coñece a Ánxel Casal, propietario da imprenta Nós, editora, na súa segunda etapa, da revista de igual nome, clásica do nacionalismo galego.

Slide 16:

O mesmo ano no que se publica " Mar ao Norde" -1932- as firmas de Cunqueiro e Seoane aparece nas tres publicacións periódicas máis interesantes do momento: Universitarios , Resol e Yunque . En Universitarios, dirixida por Fernández del Riego en Santiago de Compostela, colaboran tamén Carballo Calero, Arturo Cadrado, Outeiro Espasandín e Bouza Brey, e conta con ilustracións de Maside e Vidarte. Cunqueiro publica un artigo dedicado a Pedro Bernardo Díaz.

Slide 18:

Amor de auga lixeira, muiñeira. Amor de auga tardía, ribeira. Amor de auga florida, cantiga. Amor de auga perdida, o meu amigo.

Slide 23:

No 1937 incorpórase ao Pobo Galego de Vigo, onde estará ata novembro de 1938, comeza a traballar en La Voz de España de San Sebastián, cidade que abandona, en abril de 1939, para instalarse en Madrid como membro da redacción de ABC. As colaboracións cos medios informativos vinculados a Falanxe increméntanse e a súa firma aparece en numerosos artigos de Vértice, Lexións e Falanxes, Escorial, Destino, Fantasía, Contrasinal e un longo etcétera.

Slide 24:

En 1940 Álvaro Cunqueiro casa con Elvira González –Seco Seoane, pertencente a unha distinguida familia da vila. O seu pai, César González-Seco Romero, nado en 1878, foi político, articulista e impresor. Posuía varias casas na rúa Bispo Sarmiento, chegando a vivir durante unha temporada nunha delas Elvira e Álvaro. O matrimonio tivo dous fillos, César, nado en 1941, e Álvaro, nado en 1944. Cunqueiro estaba fondamente namorado . A parella terá dous fillos.

Slide 25:

En 1943 abandona Falanxe e en 1944 retíraselle o carné de xornalista tras un incidente co embaixador francés a quen cobrara uns artigos que nunca escribiu. Permanece en Madrid dous anos colaborando esporadicamente en revistas literarias como Finisterre, Posío e Fantasía. En 1947 decide volver a Galicia e abafado por un sentimento fondo de fracaso e soidade, tanto no profesional, posto que non pode traballar perdida a confianza dos "persoeiros" que "prometeran convertelo no máis grande do xornalismo español" senón tamén no persoal porque a muller coa que casara fondamente namorado, acaba de deixalo, refúxiase en Mondoñedo. Mais no niño sentimental no que o mozo Cunqueiro medrara en galeguidade queda unha gran persoa e mellor amigo: Francisco Fernández del Riego que vai loitar por axudarlle a recuperar a confianza en si mesmo, a restaurar os vencellos con algunhas das antigas amizades e establecer outras novas implicando nos proxectos colectivos que comezaban a debuxarse.

Slide 27:

Permanece en Mondoñedo por un tempo mentres grazas á intervención de Francisco Fernández del Riego, comeza a colaborar nas prestixiosas páxinas culturais do diario compostelán La Noche , esencial na recuperación da cultura galega de posguerra. Ademais os seus artigos empezan a ser habituais nos principais diarios galegos: O Progreso, La Voz de Galicia, La Región .....

Slide 28:

Pero será o Faro de Vigo o xornal ligado de xeito máis profundo a Cunqueiro. Nos anos cincuenta, como colaborador. Dende 1961 como redactor en persoal, subdirector entre 1964 e 1965 e, finalmente, director do diario de 1965 e 1970. Cunqueiro escribiu centos de artigos para o xornal vigués agrupados, moitas veces, en series como "O pasaxeiro en Galicia", "Retratos e paisaxes", "Unha fiestra", "Correo sen data", "A volta de folla" ou "O envés", pero tamén a súa firma, ou a de calquera dos seus pseudónimos: Patricio Mor , Álvaro Labrada , Manuel María Seoane , atopábanse nas páxinas culturais do diario nas que, con periodicidade semanal dende 1962, incluía excelentes traducións ao galego de gran número poetas e, esporadicamente, moitos dos poemas que logo formarían parte de Herba aquí ou acolá.

Slide 29:

O Cunqueiro xornalista destaca pola súa erudición, sexa ficticia ou real, típica dun home curioso e polo grao de comunicación que establece co lector, Erudición e diálogo que o escritor mindoniense ofrece tamén en centos de conferencias, nas súas intervencións radiofónicas e ata nos guións televisivos que escribe para documentais sobre temas galegos; complemento perfecto, estes últimos, dos seus libros de viaxes e das súas guías entre elas as de: Lugo, Vigo e a súa Ría, ou as Rías Baixas galegas pero tamén de numerosos ar- tigos como a xa citada serie "O pasaxeiro en Galicia" ou os recompilados en "Viaxes imaxinarias e reais", "Os outros camiños" e tantos outros. "Cunqueiro foi un narrador ao tradicional, con resaibo por contar e oír contar unha historia. Non ten pena da vida quen na longa noite non saiba dicirse un conto, Cunqueiro dixit. Ben podería nacer en Irlanda, un país que tanto comparte co seu, onde aínda a xente congrégase ao redor dun bo lume e un narrador que cativa á súa audiencia ata a madrugada." Escribiu Antonio Rivero Taravillo do autor galego no Correo de Andalucía .

Slide 30:

Cunqueiro tamén é autor de obras teatrais escritas en galego: A primeira delas foi primeira Xan o bo conspirador -1933-, ofrece a confrontación, no fondo dun espello, entre o home tradicionalista, cálido e fino, e o espírito revolucionario dun home, calculador e materialista, que non ten historias que contar Logo virán: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca , escrita en 1958 e estreada na Coruña dous anos máis tarde; A noite vai coma un río , escrita en 1960 e que permaneceu inédita ao longo de cinco anos ata que se publicou en revístaa Grial, e a terceira que titulou Palabras de véspera . Abandonou pronto este xénero literario porque el mesmo consideraba que era unha estupidez escribir teatro. Dixo ao respecto: "Escribín A noite vai coma un río, porque me aseguraron que sería representada. O teatro non é para lelo, senón para oílo e velo sobre un escenario. En Galicia a actividade teatral sempre estivo postergada, e ademais, tamén o tipo de teatro que eu facía non estaba moi de acordo coas correntes de tipo social do momento."

Slide 33:

Escola de menciñeiros. Aínda que haxa quen crea que todos eses personaxes son froito da imaxinación, algúns existiron, así, Cunqueiro coñeceu a algúns dos seus personaxes: "Perrón de Braña viña moito pola botica do meu pai . A Borrallo de Lagoa parece que o estou vendo na botica do meu pai, agardando a que lle despachasen pastillas de clorato e un duro de augardente alemán. Cabo de Lonxe viña á botica do meu pai, sentaba nun curruncho, botaba un pitillo e non tiña ganas de apostas coas letras nin de falar de Cuba." E segue logo: "Cando eu era neno, e viña Pardo á nosa botica, eu sempre lle andaba pedindo que asubiase, e Pardo, facéndose de rogar, imitaba para min o merlo, a tórtola e o paxaro que en Cuba chaman, en Camagüey, guaro tentador." "Xente é esta da que falo que coñecín, e algunha de moi de cerca." Por ese coñecemento vai dicindo como son: "Perrón era de mediana talla, roxo, os ollos claros, moi lucida de ouro a dentadura. Gastaba gorra viseira negra e vestía de pana. Cabo de Lonxe era de mediana estatura, gordo e colorado, os ollos escuros e vivos, unha gran boca sempre aberta, que falaba a berros e seguido. Tiña, en cambio unhas mans finas, moi expresivas movementos cando encomiaba e mostraba un anel ou un rosario."

Slide 35:

"Sempre me apeteceu construír as miñas narracións como viaxes, ou como unha confluencia de viaxeiros nun lugar dado (...) para chegar á conclusión da inutilidade de tal viaxe (...). Para chegar ao final da soidade e da destrución, o heroe viviu a plenitude humana e soñadora, tocado as cousas visibles e invisibles, habitado o misterio con vivacidade, exercido poderes máxicos como ilusións". Dixo Cunqueiro das súas narracións de viaxes. Si, as viaxes rematan os heroes morren, o remate, se non tristes, é melancólico, mais Cunqueiro adoita engadir apéndices e índices onomásticos de personaxes que prolongan o mundo da fantasía con novos datos, historias e marabillas que invitan a pensar que, morto o heroe, mais o soño sobrevive .

Slide 36:

Si o vello Sinbad volvese ás illas "Botou as cascas de laranxa ao mar. Goteáballe o zugo polas mestas barbas. Berroulle ao rapaz que estaba facendo uns estorbos na gamela." -¡Sari! ¡Olla para esas cascas que tirei á auga! ¿Ves o marelas que son? Pois así son crarexando á ialba as illas das Cotovías. Somentes falta a do medio, que ten unha montaña verde. -¡Non hai tales illas Sinbad!“ "O sur propio dos mares arábigos é o mar de Melinde, máis aló das Cotovías. Todos estes lugares están en polémica, se os hai ou non os hai, que a ciencia di que estando costa abaixo como deben estar, caerían nas fervenzas do finismaris. Eu son do bando de que hai cotovías en Melinde, e aínda que me probaron que estiven nas primeiras por espellismo...." Dos mares arábigos fálalle Sinbad en Chipre aos pilotos gregos que atopa e Teotikes Papadopulos de Esmirna, que recolle a plática conclúe dicindo: "no mar hai que estar sempre como en visita"

Slide 37:

“ Outro país que non hai é a illa Novena, que coincide co mar da Chinesa ao nacente. Din que foi unha nube que ía baixa e mollouse no mar, e ao mollarse, cargada de auga salgada, non puido remontar. Entón, mentres quedou deshumidándose fóronlle nacendo corais no bandullo, e agora, polo peso, non despega e só se balancea un pouco. Algunha semente que voou e po das chairas chinesas caeron nela, e hai agora algunha herba, e perexil como en tellado, e brión moito, que fai prados. Indo ao trato moluco, pasámola polo sur, e é moi fermosa, abrancazada coas manchas verdes das mofeiras, e cando ao amencer e á tarde dálle o sol escorado entón arróibase. E cóntase que máis dun que non foi a escolas arábigas que se ensina que non é terra a illa Novena, pensou dar ao alba dun día de fortuna coa illa Rubí -que dito sexa de paso tampouco existe- e brincou á terra que non era, e afundiuse na nube e pola nube caeu ao auga e non se volveu a saber del. Os mares arábigos piden conversación e dalle igual calquera lingua. Nin que tivesen dicionarios! “ Se o vello Sinbad volvese ás illas atoparía tesouros nunca soñados.

Slide 38:

Las mocedades de Ulises Non é unha novela corrente senón o resumo da longa aprendizaxe do difícil oficio de chegar a ser home. Son as mocidades que calquera quixese para si, vagancias de primoxénito libre nunha terra antiga: as estacións, as ardentes amizades, as cancións, os camiños, a muller e a sepultura, e tamén as soidades, os naufraxios e as derrotas. os personaxes principais das mocidades son homes de campo, boieiros, taberneiros, comerciantes, e homes de mar: "eu son un carboeiro rico", di Laertes ao principio da obra e a súa fiel esposa Euriclea: "sentaba a fiar, no verán no patio..." Di Cunqueiro : "Non busco nada con este libro, nin sequera a veracidade última dun xesto, aínda cando coñezo o poder de revelación da imaxinación. Conto como a min me parece que sería fermoso nacer, madurar e navegar, e digo as palabras que amo, aquelas con as que poden fabricarse selvas, cidades, vasos decorados, ergueitas cabezas de despexada fronte, inquedos poldros e lúas novas. Pasan por estas páxinas vagos transeúntes, diversos os acentos, variados os enigmas. Canto o mundo, a vida, os homes, o seu corpo ou sombra miden, durante un breve instante, coa feble cana do meu hexámetro."

Slide 39:

-Jasón, encendamos esta pila por el hijo que acaba de nacer. Si en Ítaca hubiese oro en los ríos como antaño, sólo vendería este carbón por oro, aunque la moneda fuese del tamaño de una lenteja. Pero darán plata por el carbón, amigo, y con ella le haremos al niño una pulsera para el brazo izquierdo con letras formadas que digan: - Soy hijo de Laertes! Cogió uno de los porrones de vino que refrescaban a la sombra, cubiertos de helechos mojados, y echó un largo trago. Mandó el porrón por el aire al criado. -iA la salud del hijo, Laertes! ¡Larga vida y sepultura en la tierra natal! Jasón era muy gutural y despacioso en el beber a morro, y Laertes lo burlaba. -!Rompe el porrón contra la chimenea, Jasón! Tal día como hoy tienen derecho a vino el fuego y la ceniza. Llegaba el mensajero, un criado de la casa, que estaba puesto para cuidar las cuadras y los carros, llamado Alpéstor. -Amo, parió sin novedad. Es un niño. La meada que echó no más nacer llegó a la calabaza dulce que cuelga encima de tu cama. Puse la rama de olivo en la puerta de la casa, y corrí a darte la noticia.

Slide 40:

Un hombre que se parecía a Oreste Cunqueiro dalle a volta ao mito grego e profunda nas motivacións do vingador e os medos da súa vítima. Existo, coa axuda de Clitemnestra, nai de Orestes e esposa do rei Agamenón, asasina a este coa intención de quedar coa muller e o reino. O destino de Orestes dende ese momento vai ser vingar ao pai morto e a deshonra da nai. Pero Orestes é novo e foxe antes de que Existo tamén o mate a el. Pero aquí os personaxes do mito xa non funcionan en claves de fatalidade e transcendencia senón dos xúbilos e amarguras da vida cotiá. Orestes é o un home maduro que viviu en moitos lugares, que viaxa de incógnito e en todas as aldeas atopa unha rapariga que lle sorrí e faille pensar máis na vida que na morte. A vinganza é un trámite que o incomoda e da voltas a Micenas durante anos deixándose ver aquí e alá pero sen decidirse a cumprir a súa misión. O que verdadeiramente quere Orestes é que o deixen en paz e vivir tranquilo nunha illiña do Exeo. Mestres Existo morre de medo e non para de preguntarse: De que serve ser rei se non se pode reinar? de que serve ter amantes se no amor non hai gozo? de sirve matar co inimigo e iso non fai máis que acrecentar o medo? Esta parece a clave do libro, a vinganza incumprida que non deshonra ao vingador porque mantén por sempre en albas á vítima.

Slide 41:

"- ¿Y vendrá Orestes? - No se sabe cuándo. Los años han reducido el miedo a fábula como la esópica del zagal y el lobo y ya solamente los ancianos, sentados a la sombra de los plátanos en las tertulias de verano, recuerdan el asunto y discuten el final de la tragedia, que sin la venida de Orestes está en el aire. La policía sigue investigando, aunque con menos diligencia y gastos. Los reyes van viejos y no salen al publico ni se dejan retratar y a nosotros, los augures, nos mantienen en honra, y hay en el cuerpo la interior satisfacción, el hecho de que Ifigenia no envejezca, y se conserve en la hermosura de los dieciocho años, y la piel tersa. -¿No se casa? ¿No tiene pretendientes? Al forastero parecía habérsele avivado la curiosidad, y levantaba la mano al interrogar a Celedonio."

Slide 50:

SALTAPAREDES " Era Saltaparedes un grande brincador, e non se lle resistía parede, por moi alta que fose. Era coma pelota, botaba: de corpo era manteigoso, e na pel non tiña nin pelo. Como codia de queixo de San Simón, lisa e amarela, así tiña a pel. Tiña dous olliños pequeniños, e de noite mamaba nas vacas. Unha noite de lúa chea atopouno o golpe nunha encrucillada, e crendo que era un queixo perdido, papouno. O golpe sorprendeuse de que indo andando, tras come-lo queixo, a par del ía a sombra do comido. Quixo meterlle o dente, pero non puido. Pero o golpe, que é malicioso, despois de pensalo un pouco, caeu na conta de que podía aproveitarse da sombra do saltaparedes que o seguía a todas partes. "

authorStream Live Help