Slide 1: O VIAXEIRO Conto creado e ilustrado polo alumnado de 2º B do C.E.I.P. A Pedra Curso: 2009-2010 Idea orixinal: Alejandro Santos Gómez
Slide 2: Gaspar, que así se chama o golfiño, é un macho solitario que se di que está adestrado polo exército americano. Este golfiño pasou todo o verán xogando e facendo travesuras pola ría de Bueu. B ueu é un pobo mariñeiro moi tranquilo. Este verán pasado, igual que o anterior, tivemos un visitante especial. Trátase dun golfiño traveso e moi xoguetón.
Slide 3: Un día, Gaspar foi nadando polo océano Atlántico cando atopou un peixe de cores atrapado na rede dun barco. A Gaspar pareceulle un peixe simpático e moi xoguetón polo que decidiu salvalo. Foise achegando ao barco por debaixo e moveuno dun lado a outro coa cola ata marear aos pescadores. Entón chimpou ata o outro lado da rede e enganchouna na hélice. A rede rompeuse e caeu ao fondo do mar. Alí Gaspar fixo un burato e liberou ao peixiño.
Slide 4: - ¡Grazas por salvarme! – dixo o peixe. – Eu chámome Bebo, ¿e ti? - Eu son Gaspar o viaxeiro. - ¿Queres ser o meu amigo? – preguntou Bebo. - Vale, isto de estar só é un pouco aburrido.
Slide 5: Bebo presentoulle aos seus amigos: a sardiña Manoliña, a serea Macarena, o cabaliño Mauricio e ao polbiño Papirus. Todos facían moitas travesuras xuntos. Ao regreso dos pescadores ao porto de Bueu, contaron o que lles sucedera máis a xente non lles cría.
Slide 6: Cando chegou o inverno, Gaspar foi visitar ao exército americano cos seus novos amigos e na primavera volveron a Bueu porque decidiron ir a estudar ao colexio para aprender a ler e a escribir. Entre todos os colexios de Bueu, elixiron o C.E.I.P. A Pedra.
Slide 7: Entraron todos os animais sen que ninguén os vira e chegaron á biblioteca. Colleron un libro sobre o mar, cando, de súpeto, escoitaron chegar a un grupo de nenos. Os animais mariños agocháronse, uns debaixo das mesas, outros detrás dos sofás e outros detrás dos andeis.
Slide 8: Os nenos entraron e puxéronse a ler. Un sentouse nun sofá e Papirus gritou: - ¡Aaaah! ¡O meu tentáculo! – O neno asustouse e chimpou: - ¡Hai un polbo na biblioteca! – Co susto, outro neno caeu e descubriu a Gaspar debaixo da mesa: - ¡Hai un golfiño na biblioteca! – Todos os nenos buscaron polos andeis e atoparon á sardiña Manoliña, á serea Macarena, ao peixiño Bebo e ao cabaliño Mauricio.
Slide 9: - ¡Non nos fagades dano! – Dixeron os peixes. - ¡Só viñemos a aprender a ler e escribir! – Aos nenos parecéronlles uns animaliños moi simpáticos e decidiron aprender xuntos.
Slide 10: Nas vacacións de verán, Gaspar e os peixes volveron ao mar, menos Papirus que quedou a vivir na biblioteca para aprender moitas máis cousas. Todos os anos, Gaspar e os seus amigos ían visitar a Papirus a seu bibliocastelo.
Slide 11: Dende entón, os nenos estamos desexando que Gaspar e os peixes veñan a visitarnos cedo para facer moitas travesuras e xogar xuntos nas nosas praias. F I N