DIA DE LA PAZ 2011

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Porque “a poesía é unha arma cargada de futuro” queremos empregar esa arma para que defenda a PAZ a que tod@s temos dereito : 

Porque “a poesía é unha arma cargada de futuro” queremos empregar esa arma para que defenda a PAZ a que tod@s temos dereito

Slide 2: 

Alí onde haxa combates, alí onde nos enfrontemos cun adversario, temos que conquistalo polo amor: así actuei toda a miña vida. Non se resolveron todas as miñas dificultades, pero descubrín que esta lei de amor funciona como xamais o fixo a lei da destrución. Mahatma GANDHI. India

Slide 3: 

Abre os seus pétalos de veludo mentres a cobre xélido resío, feito de bágoas que forman río, dos que sofren sen ter consolo. Rosa o fulgor xa desvanece o frío da súa cor baixo un celeste ceo. Xa nin a dor, o medo ou o flaxelo sobreviven ante o seu aroma pío. Quere darnos paz baixo un sol dourado, Esmeralda o cáliz, a face sedosa... Sentir que ao fin o mundo está cambiado... flor que nos dá o seu froito, xenerosa... Debería crecer sobre este prado no canto de morte vil e guerra odiosa! MARÍA CRISTINA AZCONA . Argentina

Debuxo dun sobrevivente de Hiroshima : 

Son eu quen golpea ás súas portas todas, todas as portas, pero vostedes non poden contemplarme, é imposible ver a unha nena morta! Fai anos, largos anos morta en Hiroshima Pero sigo tendo sete anos As nenas mortas deixan de crecer. Ao principio inflamáronse os meus cabelos, as miñas mans e os meus ollos arderon, despois ... convertinme nunha presa de cinzas que o vento dispersou. Nada, xa nada lles pido para min. Non poderían mimarme aínda que quixesen Unha nena que ardeu coma se fose papel non come carambelos. Eu golpeo e golpeo a cada porta: Dádeme, dádeme a vosa palabra de que os nenos non serán nunca asasinados e comerán carambelos . NAZIM HIKMET. Turquía Debuxo dun sobrevivente de Hiroshima

Slide 5: 

Doume conta de que imos morrer, porque nós... non dominamos a técnica do combate, porque nos volvemos Quixotes, porque... morrémonos de fame. Os nosos amigos... tras as fronteiras, contemplan un gran do seu trigo, unha pinga do seu aceite... e preguntan: Como estará a nosa casa abandonada? Como estará a terra?... Recoñecerémola ao volver? Ai de nós!... Anacos dun pobo refuxiado, perseguido. Ai de nós, da nosa vida de escravos! Volveremos? Volveremos? SAMIH AL QASIM. Líbano-Jordania

Slide 6: 

Grítoo aquí: ¡Paz! E grítoo cheas de pranto as fazulas. PAZ, de pé! PAZ! PAZ, de xeonllos! PAZ ata o fin do infinito! Non outra palabra, non outro acento nin outro tremor entre as mans. PAZ soamente! PAZ, irmán! AMOR e PAZ como sustento. RAFAEL ALBERTI

Slide 7: 

A PAZ: ese regreso xa sen novas saídas. Melancólica e loura, a PAZ. E o completo. A calma redonda da natureza. Mais se ás veces miramos os barcos nos portos e ¡ah as follas que tremen cando sopra a brisa! debemos ser cautos. Non nos perdoarían os deuses se outra vez pensásemos que seica existen outros deuses, quizá outros paraísos, e outros portos posibles, e outras navegacións. GABRIEL CELAYA

Slide 8: 

Mentres a paz sexa o fin e non o comezo, mentres o medo se combata co medo, mentres a lei sexa norma e non principio, mentres a soidade sexan miles de adxectivos, mentres só aos de sempre lles chegue a auga ao pescozo, mentres a liberdade sexa unha palabra das enciclopedias,mentres a intelixencia se escriba con minúsculas, mentres os fusís nos teñan a todos como branco, mentres a sociedade sexa a sucidade, mentres a orde se manteña a culatazos, mentres a xustiza estea de vacacións, mentres todos esteamos en liberdade provisional,mentres se diga exército e non exercito, mentres a igualdade sexa un signo matemático, non me digades que a palabra serve para algo! MANUEL DÍEZ de los RÍOS

Slide 9: 

Volvía a casa entre disparos e enganadas multitudes cegas na súa tormenta, amado pobo meu. Que tráxico, que duro, que cruel o teu destino de arar sobre o mar e que a luz te enlute. Desasosego físico, que podía palpar como unha dor de moas na alma, saturábame o corpo: anguria que era náusea, entre certeza e dúbida da túa verdade mañá. Eu son o meu pobo cego cos ollos abertos. O meu pobo luminoso embarrado de sombra. A realidade e o soño, a raíz e o luceiro. A guitarra que sementa a semente do alba. Por igual me doían a bala e o ferido. O teu día levantaba as súas brancas torres altas lúcidas de esplendor, rexo pobo meu! A túa noite invadíame con pirámides truncadas. Eu, só son a guitarra que canta co seu pobo. Alento do seu barro a miña voz súa. LUÍS GARDOSA e ARAGÓN. Guatemala

Slide 10: 

No ceo alto, un paxaro sagrado é a voz alegre das nubes . . . Ouere competir coas estrelas latexando sinais? Voa arredor do planeta, voa cara a Pequín . . . logo duns minutos sorrirá sobre Wáshington, ás miradas de Wáshington . . . Xúbilo, dígoche, paxaro de paz , nova estrela dos soviets para saber das sombras e para, seica, darlles a man, fraternalmente, aos astros , e conversar coa lúa . . . Si, desexariamos preguntar cousas á lúa . . . por que a súa árbore de prata baixa ás milenarias árborescomo baixa a neve, aínda, de misterio? Non deixariamos, non, de facer coñecemento coas súas ramas . . . E os seus froitos para todos caerían . Será primeiro cara á Praza Vermella? Non, será cara á Porta da Paz celestial!Mais, porque "a nosa" orde, non é certamente, para os acios de alá , para o amor de alá ? Fáltanos sabedoría, pomba lixeira e fraternal!DIE CHEN. China

Slide 11: 

Con palabras. Quitade as espoletas ás bombas!Sen pistolas. Sen tanques e sen espadas. Con palabras Soamente con palabras imos construír o mundo do futuro sobre un campo de rosas verde-sementes... Sen pistolas. Sen metralla. Sen sangue e sen rancor que eclipsen a bondade das miradas. Con palabras .Só con palabras imos levantar castelos de ilusións entre as nubes de douradas praias. sen paixóns que creben a harmonía das almas. Sen odios. Sen o choro nin a morte que deixen ao seu paso as batallas. sen pistolas. Sen a tétrica voz dos canóns para cargar de cruces os galos da diana. Fundiremos en cánticos de amor continentes e razas para construír os mundos do futuro con palabras). Soamente con palabras CRISTÓBAL VEGA

Slide 12: 

Unha cabeza de home, salpicada de area. Un fío de sangue que se alarga infinitamente. Metais que se dilúen, ollos que quedan entreabertos. Mulleres núas. No extremo do mundo crin habelos visto. Follas de caucho desfeitas e empapadas. Corremos desesperados. Volviámonos tolos. O índice da miña man crispouse contra a miña vontade e a túa figura desapareceu; quero dicir: mateite. Un anaco de chumbo que atou o meu dedo ao teu corazón. Os dentes miúdos, os pés pardos, e todas as cousas pequenas. No extremo do mundo crin habelos visto. Pero, Peter! Por que sorrís a quen te matou? De lonxe chegas fluíndo docemente. Achégaste titubeando, amigo, Non sei se che chamabas Henry O Robert. Con todo, por que non me culpas a min, o teu sacrificador? segue:

Slide 13: 

Por fin, regresamos á patria en cuxa beleza creramos. Os meus zapatos militares cubertos de lodo pisan agora as rúas carcomidas de Tokio. Pero ti, onde estás tusindo? Onde estás lambendo ese queixo de sangue? Amigo, poderás mirar, seino, a este pobre home que matou ao seu amigo rubindo como topo no recuncho do mundo. E comprenderás que é moito máis penoso sobrevivir que estar morto. MASAO NAKAGUIRI. Japón

Slide 14: 

Non somos máis que as pedras dos muíños Dade a volta á nosa terra, pedra por pedra, Atoparedes o noso sangue enchéndoa. Ai! Dunha nación que non vive sen guerra. Colguei o abrigo da miña vida E fun á guerra encollido como un orfo sobre unha camela, Ah! Que será dunha patria comestas as súas costas polas termitas? Unha patria feita de peles desgarradas e pegadas unha encima doutra Para resoar os tambores na praza da guerra. E a Deus escribo dez cartas de papel de bágoas As envío por correo certificado, Pero el non contesta ao seu servo. ¡Oh, Deus! Pois, a quen enviamos as dores que sufrimos? E fúcheste só ao teu exilio Cantando, frustrado ao vento como unha estraña frauta, Adeus patria miña á que non verei. ADNAN AL-SAYEGH. Irak

Nayen El Garhi : 

A voz inocente dun neno, é culpable da morte, culpable do odio dos verdugos da ausencia da súa cidade. Culpable que enterren a súa voz para sempre ante o silencio cómplice da indiferenza. Dirán que a bala atravesou o seu corpo, atravesou a súa alma e esgazou o seu corazón. Unha vez máis cúlpase á súa nai, ao seu irmán aos seus amigos. E ao final, os vasallos pechados na ignominia do crime culparán ao neno saharauí, da súa propia morte. ALI SALEM ISELMU. Sahara Nayen El Garhi

Slide 16: 

Unha bala vira engraxada co resplandor da civilización, perfora o rostro da aurora -cada instante repítese esta escena- os presentes renovan o grolo da vida, animan sen pano, escuridade nin descanso: a escena é a historia e o actor a civilización. ADONIS. Siria

Slide 17: 

Outra vez é a noite ... É o martelo da febre nas tempas ben vendadas do neno. -Nai, o paxaro amarelo! As bolboretas negras e moradas! -Durme, meu fillo. E a manciña oprime a nai xunto ao leito. -Oh, flor de lume! Quen ha de xearte, flor de sangue, dime? Hai na pobre alcoba cheiro de romeu: fóra a rebonda lúa que branquea cúpula e torre á cidade sombría. Invisible avión moscardonea. -Dormes, oh doce flor de sangue meu? O cristal do balcón repiquetea. -Oh, fría, fría, fría, fría, fría! ANTONIO MACHADO

Slide 18: 

Aquí tedes, en canto e alma, ao home aquel que amou, viviu, morreu por dentro e un bo día baixou á rúa: entón comprendeu: e rompeu todos os seus versos. Así é, así foi. Saíu unha noite botando espuma polos ollos, ebrio de amor, fuxindo sen saber onde: onde o aire non apestase a morto. Tendas de paz, brizados pavillóns, eran os seus brazos, como chama ao vento; ondas de sangue contra o peito, enormes ondas de odio, vede, por todo o corpo. Aquí! Chegade! Ai! Anxos atroces en voo horizontal cruzan o ceo; horribles peixes de metal percorren as costas do mar, de porto a porto. Eu dou todos os meus versos por un home en paz. Aquí tedes, en carne e óso, a miña última vontade BLAS de OTERO

Slide 19: 

Non pode ser distinto o escuro no Leste que no Oeste, a lóxica do lume infernal é a mesma en todas partes. Así se afunda a terra nun estoupido bioquímico ou se viole a desfigurada paz do mundo en medidos brotes de terror, a linguaxe é o mesmo aínda que varíen os significados, a lección é a mesma aínda que os credos poidan ocultar dragóns a lección amence antes da posta de sol: -un novo dispositivo contra as vellas bombas -ou contra outros aparellos aínda por xurdir arados vencidos por espadas deben alimentar con croios a millóns tanto en Delhi como en Nova York A lóxica do lume infernal é a mesma en todas partes. ODIA OFEIMUN. Nigeria

Slide 20: 

Mentres a folla do alfanxe avanzaba sobre o medo atrincheirado o mundo abría unha pálpebra, vacilaba. E cando o ollo da cámara rachou por fin o silencio Un metódico vendaval ensanguentou para sempre as augas e os campos. As altas conciencias que no universo o caos ordenan rescataron o acougo na fluidez de urxentes relatorios e na incerta estatística dos esqueletos. Ruanda conta aínda os cranios dos seus fillos CONCEIÇAO LIMA. Sâo Tomé e Principe

Slide 21: 

Eu son así. Ofrezo a miña amizade aos mortos cando todos celebran a vida. Levo a noite sobre as miñas costas cando no ceo se estende a alba. Celebro a neve cando o sol de agosto ilumina ao mundo. Teño forte a man dos afogados cando a nada me mergulla. Fago guerras para volverme un heroe. Invento outras para ser un mártir! HASSAN El-QUAZZANI. Marruecos

Slide 22: 

Ás veces. Un quixera facerse un nó ao longo do esqueleto único na parte máis longa, máis muda, máis branca, aquela que se enredou traxicamente nos cornos das Obras! E, non pode. Non alcanza! Facerse un nó. Un só. Mentres Eles disparan, roxen, mente, afanan, súan, loitan, matan. Negocios. Guerras. Sombras. Negocios. Guerras. Bombas. Bombas, bombas, bombas. Un só negocio, GRANDE. Unha soa GUERRA. Unha soa BOMBA. Un quixese facerse o último nó. E non alcanza ! LEOPOLDO VENEGAS. México

Slide 23: 

Eu non quero un coitelo nas mans da patria. Nin un coitelo nin un rifle para ninguén: a terra é para todos, como o aire. Gustaríame ter enormes mans, violentas e salvaxes sópara arrincar as fronteiras unha a unha e deixar de fronteira só o aire. Que ninguén teña terra como se ten traxe: que todos teñan terra como se ten aire. Eu collería as guerras nas mans e non deixaría unha na paisaxe e abriría a terra para todos coma se fose o aire... Que o aire non é de ninguén, ninguén, ninguén... E todos teñen aire. Os malos sementadores van deixando trazados pola cintura en anacos de carne amarga, esmagados baixo o berro dos pobos. De cada óso, de cada muller ferida, sae un coitelo ardendo, cortando brazos malvados. E sobre brazos, coxas, cabezas desprendidas vai medrando en ondada de paz, de boa paz, paz comprada con negras moedas de dor, pero paz, compañeiros, paz, irmáns, paz boa, fresca como un aire, como unha nube de estrelas aventadas por un anxo de lume. JORGE DEBRAVO. Puerto Rico

Slide 24: 

O meu rapaz non era malo, di. Tiña moitas noivas, claro. Tocaba a guitarra e algo lle bailaba nos dedos, malo. Eu non digo que non fose raro, pero explíqueme, Señor, por que mo fusilaron. GABRIEL CELAYA

Slide 25: 

Virá un día máis puro que os outros: estalará a paz sobre a terra como un sol de cristal. Un fulgor novo envolverá as cousas. Os homes cantarán nos camiños, libres xa da morte solapada. O trigo medrará sobre os restos das armas destruídas e ninguén verterá o sangue do seu irmán. O mundo será entón das fontes e as espigas, que imporán o seu imperio de abundancia e frescura sen fronteiras. Os anciáns tan só, no domingo da súa vida apracible, esperarán a morte, a morte natural, fin de xornada, paisaxe máis fermosa que o poñente. JORGE CARRERA ANDRADE . Ecuador

Slide 26: 

Nalgún lugar ten que haber un raio de luz que disipe as tebras do futuro unha esperanza que non se deixe matar polo desencanto e unha fe que non perda inmediatamente a fe en se mesma Nalgún lugar ten que haber un neno inocente ao que os demos non conquistaron aínda un frescor de vida que non expire putrefacción e unha felicidade que non se basee nas desgrazas dos demais. Nalgún lugar ten que haber un espertador da sensatez que avise o perigo dos xogo autoaniquiladores unha gravidade que se atreva a tomarse en serio e unha bondade cuxa raíz non sexa simplemente maldade freada. Nalgún lugar ten que haber unha beleza que siga sendo beleza unha conciencia pura que non oculte un crime apartado ten que haber un amor á vida que non fale con lingua equívoca e unha liberdade que non se basee na opresión dos demais MARÍA WINE. Suecia

authorStream Live Help