O CONTO DO HODJA

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

Slide 1: 

HODJA E OS “PINCHOS”

Slide 2: 

Un día Hodja, que tiña sempre unha fame canina, foi ao mercado e pasou por diante dun posto no que se cociñaban “pinchos”. Que bo aroma desprendían! Pero Hodja tiña sempre a bolsa valeira, non levaba cartos abondo para mercar un daqueles pinchos tan apetitosos. Nada, tería que quedarse coas ganas.

Slide 3: 

Entón, Hodja foi á panadería e mercou un anaco de pan, que si podía pagar, volveu ao posto dos pinchos e plantouse enfronte, sen dicir nada. -Que queres mercar? Pinchos? preguntoulle o dono do posto -Cantos queres? -Non, non quero mercar nada Contestou Hodja. -Pois, ala, vaite de aquí. -Un momento. Xa me vou.

Slide 4: 

E colleu a rebanada de pan e sostívoa sobre os pinchos, de xeito que recibía todo o fume que ascendía. Estrañado, o dono do posto preguntoulle: -Que fixeches? -Agora vas velo. Ao cabo dun par de minutos, o cacho de pan impregnouse do fume graxento e oloroso dos pinchos. Entón, Hodja comeuna con evidente satisfacción.

Slide 5: 

Antes de irte debes pagarme. díxolle con decisión. -Se non merquei nada! protestou Hodja. -Tesme que pagar o fume e o cheiro dos pinchos!.Como non se puxeron de acordo, presentouse o cadí, para que decidise o caso coa súa autoridade. O cadí escoitounos atentamente e, acto seguido, preguntou ao home do posto

Cal dos que seguen cres que pode ser o fin do conto? : 

Hodja ten que pagar con horas de traballo no posto. O mozo non lle dá o dinar e o cadi sácalle do mercado a golpes. Pídelle os papeis ao vendedor do posto e como non os ten lévallo preso O cadí queda co dinar e manda marchar ao rapaz Cal dos que seguen cres que pode ser o fin do conto?

TIVECHES PACIENCIA SUFICIENTE? : 

TIVECHES PACIENCIA SUFICIENTE? Pois segue e mira o final!

Slide 8: 

O cadí pediu a Hodja que lle dese un dinar e Hodja tivo que obedecer. Era o último que lle quedaba o cadí colleuno, pasouno unhas cantas veces baixo ao nariz do dono do posto e devolveuno a Hodja. -O caso xa está resolto ?sentenciou. O dono do posto non saía do seu asombro. -Pero, non me podo quedar co dinar? Non. Hodja cheirou os teus pinchos e ti cheiraches a súa moeda. Agora estades en paz. Xa vos podedes ir

authorStream Live Help