Slide 2:
Encontrei unha princesa
nun gran pazo de cristal, e un castelo con cen torres
e tellados de metal.
Slide 3:
Unha osa prateada
que sabía cociñar, un león cunha coroa
que aprendeu a gobernar.
Slide 4:
Encontrei catro xigantes
que gustaban devorar
nenos de cabelos loiros
cociñados no xantar.
Slide 5:
Encontrei un sapoconcho
que corría mais non dá,
e unha lebre preguiceira
que con el ía apostar. Unha bruxa con berruga
que nos quere enfeitizar,
e dous irmáns e outros nenos
perdidos nun carballal.
Slide 6:
Un esquío e máis un coello,
un boi, un oso, unha ra,
un dragón con labarada
que nos quere chamuscar.
Slide 7:
Encontrei o que vos digo,
e máis podía encontrar
porque con leres un libro
mil mundos podes achar. Porque con leres un libro
mil mundos podes achar.
Slide 8:
Encontrei o que vos digo,
encontrei o que vos digo,
encontrei o que vos digo ...
Slide 9:
23 de abril de 2009 Día do libro Biblioteca C.E.I.P. de Louro