Poema de Cunqueiro

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

NA OUTRA BANDA : 

NA OUTRA BANDA Álvaro Cunqueiro

Slide 2: 

Na outra banda dixéronme os vellos vanse convertendo en arbres

Slide 3: 

vellos tamén sen follas na cara do sol

Slide 4: 

agardando sen saber o que mudos.

Slide 6: 

Pro supetamente un arbre calisquer sente rubir dentro del a seiva dun soño

Slide 7: 

beira da morte xa pro aínda morno como o leite da nai.

Slide 8: 

O soño vai rubindo polas veas do arbre

Slide 9: 

unha vida enteira que pasa ata facerse paxaro nunha ponla

Slide 10: 

un paxaro que recorda canta e vaise denantes de que todos os arbres morran.

Slide 12: 

Se eu me fago arbre vello na outra banda do río

Slide 13: 

e me toca de ser o arbre que recorda e soña

Slide 14: 

ben segura podes estar de que soñarei contigo

Slide 15: 

cos teus ollos grises como a alba

Slide 16: 

e coa túa sorrisa

Slide 17: 

coa que se vestiron os beizos das roseiras

Slide 18: 

nos días máis felices.