LIBROS PARA O VERÁN

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

UN DEDO MANCHADO DE TINTA Manuel PORTAS :

Din por aí que non é unha novela das que estamos acostumados a ler e pode ser porque nin Alberte vai ser un funcionario municipal como todos, nin Malulú un vendedor ambulante calquera, nin Carme, nin Cristina, nin Chus serán mulleres con historias correntes e comúns. Son persoas que camiñan polas rúas da vella Compostela, que coinciden no semáforo, no café ... que pasan sen coñecerse, sen case mirarse aínda que estean no mesmo escenario e iso non é o normal nunha novela ¿verdade? UN DEDO MANCHADO DE TINTA Manuel PORTAS

EL PASO DE LOS DÍAS Juan Farias:

Non, non hai que asustarse que non é un pesado libro cheo de ecuacións, Juan Farias nunca nos faría iso. É un relato que nos leva á Galicia profunda, a un pobo vello e remoto que de tanto vivir esqueceu ata o seu nome. Un pobo onde un mestre quixo un día cambialo todo a forza de xiz e lectura... A historia dun amor reprimido, dunha vida rota polo que puido ser e non foi porque non a deixaron, é ..... EL PASO DE LOS DÍAS Juan Farias

NON HAI NOITE TAN LONGA Agustín FERNÁNDEZ PAZ:

NON HAI NOITE TAN LONGA Agustín FERNÁNDEZ PAZ Gabriel Lamas ten cincuenta anos e leva 32 vivindo en París, lonxe de Monteverde, a aldea galega que deixou un día e a que non volveu nin cando morreu o seu pai aquel home inocente condenado ao cárcere polo que non fixera. Agora o falecemento da súa nai faino volver e comprobar que non se pode fuxir do pasado, a alma do seu pai está a esperalo na deserta casa familiar para cambiarlle a vida. -"Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día"- É a mensaxe que nos transmite, atentos á esperanza no futuro que está á volta da esquina .

Slide 5:

EL SILENCIO SE MUEVE Fernando MARÍAS "Que o silencio se move, explicoumo o meu pai cando eu era un neno. E aquel amencer de fai trinta anos, asomados ambos ao vello miradoiro sobre o mar da Casa Vella de Pedra, comezou a escribirse o meu destino... E probablemente, tamén esta páxina web. O meu nome é Juan Pertierra e gústame dicir... Orixinal e distinto. ¿Non vos preguntades como se investiga o silenzo? É unha novela orixinal, distinta ...

LUME DE COBIZA Miguel Anxo FERNÁNDEZ :

LUME DE COBIZA Miguel Anxo FERNÁNDEZ Logo da súa investigación e das súas "andanzas" polos depravados ambientes de Hollywood, Frank Soutelo regresa para afrontar o seu primeiro caso en Galicia. Un mozo acaba de morrer e a súa familia sospeita que o pasamento foi inducido. Coa axuda do ex-garda civil Poncio e da moza Dalia Maxino , Soutelo rematará por mergullarse no mundo do ladrillo e da especulación, entre a vaga de lumes que arrasa o país no verán de 2006. De detectives e crimes pero con notas de humor.

Slide 7:

ÁFRICA EN EL CORAZÓN Mª del Carmen de la BANDERA Chámome Diko, como o meu avó e meu pai é Kaunda e a miña nai foi Ibinga. Nunca cheguei un coñecela porque morreu cando eu nacín mais non me preguntes de que porque ninguén mo dixo nunca, nin sequera sei a idade que teño. Calculo que uns dezaseis anos e moitos recordos amargos e vergoñentos tamén. dende que deixei a miña aldea de Camerún polo soño europeo ....

EL CRIMEN DE LA TANGENTE Emili TEIXIDOR:

Un grupo de rapac@s está pasando unha fin de semana nun refuxio de montaña. De súpeto unha das rapazas desaparece despois de ver unhas sombras cruzar pola fiestra. Desesperados, @s amig@s comezan a investigar Pero outra compañeira tamén se esfuma Policías, psicólogos, profesores, e sobre todo amig@s, únense para resolver o misterio das desaparicións. só que van a descubrir que, en ocasións, as aparencias enganan... EL CRIMEN DE LA TANGENTE Emili TEIXIDOR

Slide 9:

COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA Yolanda CASTAÑO e Andrea COSTAS Un libro que demostra que todo pode ser cociñado, todiño. Da man dalgúns dos nosos máis coñecidos escritores, aprendermos pratos suxestivos, saboreamos as palabras ben escritas en receitas contadas doutra maneira baseadas no vencello estreito entre os verbos cociñar e escribir tan ben como @s vinte persoas que fixeron este menú que parece gris pero .... iso é só a apariencia da mesa ben posta, dereitiña e máis de vinte plumas invitándonos e ver ... e probar.

Slide 10:

EL RÍO DEL OLVIDO Julio LLAMAZARES A volta ás paisaxes da infancia perdida a través dunha viaxe pola montaña leonesa, un escenario « tan fermoso como sobrecolledor e tan espectacular como perturbador para o espírito e a alma » unha paisaxe que « garda memoria nas súas pedras do paso feroz do tempo » que nos leva a un mundo rural, a un territorio que forma parte da nosa historia e a nosa memoria. Un relato sobre o recordo do que chega a nós de "os outros", os fuxidos, os que tentaron resistir ... Moit@s de vós coñecedes esa paisaxe porque a percorrestes con Delgadina.

Slide 13:

EL OLVIDO QUE SEREMOS Héctor ABAD O médico Héctor Abad Gómez dedicou os seus últimos anos, ata o mesmo día en que caeu asasinado en pleno centro de Medellín, á defensa da igualdade social e os dereitos humanos. Nos seus bolsos só leva dous anacos de papel, un é a lista dos que a dereita rabiosa vai asasinar, entre os que está el mesmo, o outro un poema, que di: Ya somos el olvido que seremos. El polvo elemental que nos ignora y que fue el rojo Adán, y que es ahora, todos los hombres, y que no veremos . Unha novela baseada na realidade. Para adultos aos que non lle importe chorar.

Slide 15:

OS MEGA TOXOS E A CARA OCULTA DE LÚA Anxo FARIÑA Xa sabedes quen son os Megatoxos mais non sabedes que todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é todos ven pero tamén temos un demo dentro que, a veces, quere saír. ¿Que pasaría se esa cara sinistra tomase o control? ¿E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? ¿E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación dáse en tod@s. Mentres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo ....

Slide 17:

RECENDOS DE AIRE SONORO Antonio TEIJEIRO Tod@s podemos ler poesía e máis se como neste libro as notas musicais e as palabras danse a man e marchan xuntas polos camiños que abren os versos. Nos poemas ecoa o violín, treme a arpa, percute o timbal, láiase a gaita e Beethoven saúda a Bob Dylan mentres berran as guitarras de rock e a orquestra se despista. Para ler este libro tedes que poñer os cinco sentidos porque ule, sabe, vese, pálpase e escoitase... ¿Alguén dá máis?

authorStream Live Help