PowerPoint Presentation:
Naquel tempo viñeron a Cafarnaúm e, ao chegar o sábado, Xesús púxose a ensinar na sinagoga.
PowerPoint Presentation:
Todos estaban abraiados da súa doutrina, pois ensinaba coma quen ten autoridade, non coma os letrados.
PowerPoint Presentation:
E cadrou que había naquela sinagoga un home posuído por un mal espírito…
PowerPoint Presentation:
E púxose a berrar: ‑ ¿Que temos que ver contigo, Xesús de Nazaret? ¿Seica viñeches para acabar connosco? Ben sei quen es ti: ti es o Santo de Deus.
PowerPoint Presentation:
Xesús mandoulle: - Cala, e bótate fóra dese home
PowerPoint Presentation:
Todos ficaron pasmados, e discutían entre si, dicindo: ‑ ¿Que é isto? O espírito malo sacudiuno, pegou un berro moi alto e saíu del.
PowerPoint Presentation:
Unha nova doutrina, e con autoridade; enriba, dálles ordes aos espíritos malos, e eles obedéceno.
PowerPoint Presentation:
E a súa sona espallouse de contado por toda a rexión de Galilea.
PowerPoint Presentation:
Palabra do Señor Loámoste, Cristo