Os sons de África

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

Presentación sobre instrumentos africáns realizada por tres alumnas de 5º curso de Primaria. Aula de Educación Musical. C.E.I.P. Frian - Teis. Curso escolar 2010 - 2011.

Comments

Presentation Transcript

OS SONS DE AFRICA:

OS SONS DE AFRICA FEITO POR: NOA XIOMARA CANDELA

Slide 2:

OS SONS DE AFRICA 1ª Con que feito da nosa cultura relacionarías o nacemento da SANZA? Coa orixe do mundo segundo a relixión católica

Slide 3:

OS SONS DE AFRICA 2ª Sabes en que consiste a SANZA e que outros nomes recibe? É un instrumento musical consistente en un taboleiro con láminas de madeira ou metal e as veces con unha caixa de resoancia (unha cabaza) que produce o son por vibracións transmitidas ao corpo principal por medio de percusión, punteo ou frotación . Tamén se coñece como : Mbira en Zimbabwe , kalimba en Kenia , Ikiembe en Ruanda, Likembe no Congo Outros nomes como : sanza , sansa , marimba, marimbula son menos comúns e non teñen unha orixe definidos

Slide 4:

OS SONS DE AFRICA 3ª O balafón é outro instrumento africano que ten unha orixe lexendaria Guinea é o país por excelencia do balafón , cuxo uso supera ata ao do instrumento rei do África Oriental, o djembé . Coñécese desde o século XVII en escritos que algúns viaxeiros europeos compartiron á súa chegada a terra americana. Literalmente Balafón quere dicir tocar o bala, xa que bala é o verdadeiro nome do instrumento e a voz fó quere dicir tocar. O instrumento non cambiou demasiado o seu deseño ao longo dos séculos, está formado por unha serie de tabliñas de madeira rectagulares que poden variar en número, ainda que o normal son 21.

Slide 5:

OS SONS DE AFRICA 4ª A Kora está vencellada ó personaxe do griot . Investiga en que consiste unha KORA. Coñece a figura do GRIOT. A kora é un instrumento de 21 cordas, mestura de arpa e de laúde, moi estendido entre os poboadores de África occidental. Os griot ou jeli son un tipo de narradores de contos, poemas e rapsodo tribal africanos

Slide 6:

OS SONS DE AFRICA O djembé é un dos instrumentos africáns máis universais. Coñece ás súas características e ás fases dá súa construción. O dyembé ou jembé é coñecido tamén por yimbé , sanbanyi (En lingua susu ) ou simplemente tam tam .

Slide 7:

OS SONS DE AFRICA Fases da construción dun YEMBÉ 1ª Fase. Baleirado do interior do madeiro. Retíranse a medula e parte do durame, aínda verdes, do madeiro para evitar que se produzan gretas durante o secado, que será como mínimo de seis meses, dependendo do tipo de madeira. 2ª Fase. Primeiro talle do grosor exterior. Retírase a codia coa machado.

Slide 8:

3ª Fase. Dáselle a forma exterior ao yembé coa axuda dunha aixola. 4ª Fase. Baleirado final do interior do yembé . O artesán calibra o grosor da madeira . 5ª Fase Acabado das formas exteriores e interiores. Este traballo dálle a forma final ao yembé .. Fases da construción dun YEMBÉ (II) OS SONS DE AFRICA

Slide 9:

OS SONS DE AFRICA Fases da construción dun YEMBÉ (III) 6ª Fase. Personalización e tallado exterior do yembé . 7ª Fase. Tratamento con funxicidas. Trátase o barril para evitar a aparición de mofos e o ataque de xilófagos durante o secado total.

Slide 10:

OS SONS DE AFRICA Fases da construción dun YEMBÉ (IV) 8ª Fase Cóbrese o yembé con aceite de palma, manteiga ou cera de abella, para nutrir a madeira despois do secado. 9ª Fase. Secado total. Primeiro sécanse ao aire libre, despois almacénanse nun lugar cuberto . 10ª Fase. Montaxe das peles e secado destas. O yembé estará listo en poucas horas para ser afinado.

Slide 11:

C.E.I.P. FRIAN-TEIS VIGO ACTIVIDADES DE MÚSICA 04/01/11