VII TO.B

Views:
 
     
 

Presentation Description

Mc 2, 1-12

Comments

Presentation Transcript

Domingo VII do Tempo Ordinario: 

Domingo VII do Tempo Ordinario SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS (Mc 2, 1-12)

PowerPoint Presentation: 

Naqueles días, entrou de novo Xesús en Cafarnaún, e sóubose que estaba na casa; e xuntáronse tantos que nin diante da porta había xa sitio. El expoñíalles a palabra.

PowerPoint Presentation: 

Entón veñen traéndolle un home tolleito, que levaban entre catro.

PowerPoint Presentation: 

Pero non podendo poñelo diante del pola moita xente que había, levantaron o teito do sitio onde el estaba e, ao teren feito un furado, baixaron o catre no que estaba tendido o tolleito.

PowerPoint Presentation: 

Vendo Xesús a fe que tiñan, díxolle ao tolleito: ‑ ¡Fillo! Quédanche perdoados os teus pecados.

PowerPoint Presentation: 

Pero alí sentados estaban algúns letrados, que matinaban para os seus adentros: ‑ ¿Que está a dicir este home?

PowerPoint Presentation: 

Está blasfemando. ¿Quen pode perdoar os pecados, senón unicamente Deus?

PowerPoint Presentation: 

E ao momento, decatándose Xesús no seu espírito do que eles estaban cavilando, díxolles: ‑ ¿Por que razoades así nos vosos adentros?

PowerPoint Presentation: 

- ¿Que é máis fácil, dicirlle ao tolleito: "Quedan perdoados os teus pecados", ou dicir: "Érguete, colle o teu catre e bota a andar"?

PowerPoint Presentation: 

- Pois para que vexades que o Fillo do Home ten poder na terra para perdoar pecados ‑dille ao tolleito‑: Dígocho a ti…

PowerPoint Presentation: 

- Érguete, colle o teu catre, e vai para a túa casa.

PowerPoint Presentation: 

El ergueuse e, removendo de seguida o catre, marchou á vista de todos, de tal xeito que todos quedaron asombrados e glorificaban a Deus, dicindo: ‑ Nunca tal cousa vimos.

PowerPoint Presentation: 

+ Palabra do Señor + Loámoste, Cristo