PowerPoint Presentation:
Naquel tempo, despois de saír da sinagoga, Xesús foi á casa de Simón e mais de Andrés, con Santiago e Xoán. Cafarnaúm
PowerPoint Presentation:
A sogra de Simón estaba na cama con febre, e axiña lle falaron dela.
PowerPoint Presentation:
E, achegándose, colleuna pola man e ergueuna; desapareceulle a febre e púxose a servilos.
PowerPoint Presentation:
Chegada a tardiña, xa de sol posto, leváronlle todos os enfermos e endemoñados; a vila enteira amoreouse na porta.
PowerPoint Presentation:
E sandou a moitos enfermos de varias doenzas e botou moitos demos. Pero aos demos non os deixaba falar, porque o coñecían ben.
PowerPoint Presentation:
Moi cedo, aínda de noite, Xesús ergueuse e saíu para un lugar arredado onde se puxo a orar.
PowerPoint Presentation:
Simón e mailos que estaban con el fórono seguindo, e cando o atoparon, dixéronlle: - Todos te andan a buscar.
PowerPoint Presentation:
El respondeulles: ‑ Vaiamos a outro sitio, ás aldeas veciñas, para que tamén alí se predique, pois para isto vin.
PowerPoint Presentation:
E marchou e ía predicando nas sinagogas por toda Galilea, e botando fóra os demos.
PowerPoint Presentation:
Palabra do Señor Loámoste, Cristo