LUIS SEOANE. 1º CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

LUÍS SEOANE : 

LUÍS SEOANE 1º CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

Slide 2: 

“Alá lonxe, lonxe, en Galicia, medran liques e mofos sobre os nosos mortos e os nosos nomes”

Slide 3: 

“Son e serei para sempre un desarraigado permanente aínda que decida volver ao meu país. É o destino do exiliado”

"O meu pai apelidábase de segundo Brocos. Parece que teña certo parentesco lonxano cos Brocos, o pintor e o escultor de fins do século XIX. A miña nai era López Mosquera, de Arca, partido xudicial de Arzúa; unha familia antiga que por parte da miña avoa procedía das Mariñas de Betanzos e que se foi desenvolvendo co tempo entre Arca e Santiago de Compostela. Eu nacín en Bos Aires, pero o meu pai pronto me mandou a estudar á Coruña. Esa era a ansia de todos os emigrantes. Que os seus fillos se educaran na terra, que para eso eles estaban a traballar fóra. Tamén foi o desexo do meu pai. Claro que uns podían facelo e outros non, segundo lles fora”.

Slide 5: 

“A distancia e o tempo borran moitos feitos que deberon fixarse máis no noso recordo que moitos outros. (...) [As túas cartas] únenme a unha época que é a que máis quero da miña vida, a que recordo con máis frescura e a que foi na rúa e por amigos coma ti, máis que na Universida- de, a miña mestra.” Carta a Maside

Slide 6: 

"Aí traballades e o voso traballo, aínda no silenzo ten un destino, nós, se o facemos xa non temos un pobo co que comunicarnos e entendernos e toda a vida do artista e do escritor estivo destinada a establecer un linguaxe co seu pobo, ( ...) con todo o que el ama e odia”. Escribe dende Bos Aires

Slide 7: 

“Tocounos, probablemente, o peor destino. O que pode parecer máis cómodo, máis o que paseniñamente vainos corroendo sen fina-lidade para nos e para o que facemos. Todo o feito aquí lévao, vaino levar o tempo para sumilo no esquecemento. Aí, na nosa terra, nós non temos existencia, somos xa estraños, alleos..” A dor do exilio

Slide 8: 

"Vivimos do recordo e non acabamos de incorporarnos a esta realidade brutal, como algúns quixeron, de país en formación que se está a facer de todas as razas europeas e de aborixes americanos” Era un artista admirado pero non se afacía a Bos Aires.

Slide 9: 

“Dezaseis anos soñando día a día co regreso que seguramente nunca poderemos realizar os que estamos aquí e os que están noutra parte, esquecidos de case todos...” Soñando xunto a Maruxa, esposa e compañeira para sempre

Chegada a Bos Aires : 

Chegada a Bos Aires

En Bos Aires con Fernández del Riego : 

En Bos Aires con Fernández del Riego

Slide 12: 

“Só a túa lingua, só os teus beizos viven a calor deste pan e o son da auga como dixen! Só nos teus ollos navegan eses trigos e dormen en amor tan clara augas abrazadas“ Escribiu Hierro, e que ben cadraba a parella o poema!

A MORTE atopouno traballando! : 

A MORTE atopouno traballando!

Slide 14: 

Maruxa, o seu amor xunto a Galicia e Isaac o seu amigo da alma, gardaron a súa memoria.

authorStream Live Help