MULLERES GALEGAS ENTRE DOUS SECULOS

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

No description available.

Comments

Presentation Transcript

ELAS merecen unha homenaxe : 

ELAS merecen unha homenaxe PORQUE sendo MULLERES GALEGAS e vivindo nos anos difíciles de 1850 a 1950, foron quen de conxugar o verbo loitar por: A dignidade e liberdade da muller O dereito á educación feminina A xustiza social O dereito a liberdade de expresión O benestar da familia PORQUE loitaron contra: Unha sociedade “baril” que as mantiña á marxe Unha sociedade hipócrita e chea de prexuizos PORQUE loitaron, como galegas, en galego PORQUE foron: Pioneiras sementando grans de area para a liberación da escravitude secular herdada Acusadas de traizón ás mulleres prototipo Sinaladas co dedo da ignorancia Perseguidas por romper a inercia de milenios de sometemento Condenadas a soster a cadea da incomprensión Illadas, exiliadas, esquecidas, asasinadas as súas almas.

ELAS foron: : 

ELAS foron: Poetisas nun mundo literario que só entendía a poesía feminina como “sentimentalismo bobo” non como manifestación da profundidade das “negras sombras”  Xuristas que tiveron que vestirse de home para entrar na Universidade  Intelectuais serias e responsables dos seus actos  Mestras abnegadas entregadas a súa vocación  Traballadoras do mar e da terra sempre atentas a dar e esquecidas delas mesmas, esperando, sempre esperando  “Artesás- artistas” coas mans cheas de fíos enredados Elas creron e defenderon os seus ideais contra todo e contra todos porque non sentiron que naceran para ser servas domésticas, adoradoras de homes, nin adornos “bonitos” da casa e da sociedade . Elas non seguiron a Rousseau

A MULLER era: : 

A MULLER era: Ata ben avanzada a segunda metade do século XX o prototipo de muller era o que o ilustradísimo señor Rosseau establecera como muller funcional capaz de: “ Dar pracer aos homes, ser útil para eles, facerse amar e honrar, crialos de nenos, educalos de mozos, coidalos de vellos, aconsellalos, consolalos e facerlle doce e amena a vida. Ese é o papel da muller de todos os tempos e o que deben aprender na infancia”. Esqueceu dicir que tamén tiña que compracer á familia e aos amigos. Os sucesivos gobernos españois asimilaron ben as palabras do francés. Aí están as Leis de Educación para confirmalo

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1812 : 

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1812 "Al concluir la Comisión el plan general de instrucción pública, no se ha olvidado de la educación de aquel sexo, que forma una parte preciosa de la sociedad; que puede contribuir en gran manera a la mejora de las costumbres, y que apoderado casi exclusivamente de la educación del hombre en su niñez, tiene un gran influjo en la formación de sus primeros hábitos y, lo sigue ejerciendo después en todas las edades de la vida humana. Pero la Comisión ha considerado al mismo tiempo que su plan se reducía a la parte literaria de la educación, y no a la moral, principal objeto de la que debe darse a las mujeres. Tampoco pudo desentenderse de que este plan solo abraza la educación pública, y que cabalmente la que debe darse a las mujeres ha de ser doméstica y privada en cuanto sea posible, pues que así lo exige el destino que tiene este sexo en la sociedad, la cual se interesa principalmente en que haya buenas madres de familia. Pero como además de la educación doméstica de las mujeres, que necesariamente se ha de mejorar con el progreso de la instrucción nacional y el fomento de la riqueza pública, convenga que el Estado costee algunos establecimientos en que aprendan las niñas a leer y escribir, y las labores propias de su sexo la Comisión opina que se debe encomendar al celo de las Diputaciones provinciales el que propongan el número que deba haber de estos establecimientos, el paraje donde deban situarse, su dotación y forma." (Dictamen del 7-3-1814) Deixaron dito os ILUSTRADOS ESPAÑOLES que redactaron a CONSTITUCIÓN de 1812, en Cádiz

ELLAS : 

ELLAS Tiveron un nome concreto Coñecemos as súas obras e os seus feitos Están na historia das que destacaron O tempo deulles a sona que nos achega os seus méritos ELLAS case tiveron sorte aínda que fora despois de mortas!

ROSALÍA de CASTRO: a poetisa : 

ROSALÍA de CASTRO: a poetisa ¡Castellanos de Castilla, tratade ben ós galegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros! Cando foi iba sorrindo, cando veu, viña morrendo a luciña d’os meus ollos, o amantiño do meu peito. .....................

CONCEPCIÓN ARENAL: a xurista : 

CONCEPCIÓN ARENAL: a xurista Tivo que vestirse de home para entrar na Universidade!

FRANCISCA HERRERA: escritora : 

FRANCISCA HERRERA: escritora Narradora e poetisa. Foi a primeira muller elixida para ser membro numerario da RAG só que nunca o foi de verdade porque os membros da mesma atrasaron unha e outra a lectura do seu discurso de ingreso.

ELISA E JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA:médicas : 

ELISA E JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA:médicas As xemelgas de la Vega foron as primeiras mulleres que se matricularon nunha carreira de homes, Medicina, na Universidade compostelá. Ninguén cría nelas pero sacaron unha licenciatura brillante e foron dúas grandes doutoras. No 1996 a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago decidiron outorgarlle un “Vítor”. Era o primeiro que se concedía a mulleres.

A LEI dicía: : 

A LEI dicía: "Art. 21. Se establecerán escuelas separadas para las niñas donde quiera que los recursos lo permitan, acomodando la enseñanza en estas escuelas a las correspondientes elementales pero con las modificaciones y en la forma conveniente al sexo. Gobernaba en España unha muller: María Cristina "En las enseñanzas elemental y superior de las niñas se omitirán los estudios de que tratan el párrafo sexo del artº 2º ["Breves nociones de Agricultura, Industria y Comercio"] y los párrafos primero y tercero del artº 4º ["Principios de Geometría, de Dibujo lineal y de Agrimensura" y "Nociones generales de Física y de Historia Natural"], reemplazándose con: Primero. Labores propias del sexo Segundo. Elementos de Dibujo aplicado a las mismas labores Tercero. Ligeras nociones de Higiene doméstica (artº 5 Ley Moyano)

Francisca Morlán "Pancha”: a mestra que loitou por ensinar : 

Francisca Morlán "Pancha”: a mestra que loitou por ensinar Filla de mariñeiro e irmá de emigrantes soñaba con ser mestra pero as circunstancias non permitiron que acadara o título, porén, fiel sempre a súa vocación de ensinante, montou unha gardería e escola primaria na propia casa e a pesar das persecucións constantes ensinou a ler e escribir a moitos sadenses cos libros prohibidos de Curros que agochaba no fallado cando a inspección o a garda civil se achegaban á escola. Nunca separou ás nenas dos nenos.

MARÍA MIRAMONTES: costureirae defensora do Estatuto do 36 : 

MARÍA MIRAMONTES: costureirae defensora do Estatuto do 36 Aprendeu de nena a mover a agulla entre as folgas dos abastos protagonizadas polas mulleres coruñesas. Intelixente e aberta descubriu as Irman-dades da Fala e coa súa parella, Ánxel Casal, aprendeu que as clases populares galegas merecían algo máis do que se lle ofrecía e que a mellora tiña que comezar por unha escola aberta, popular, bilin- guë e laica, por iso axudou ao seu home dende as editoriais Lar e Nós, militou no Partido Galeguista e foi a Madrid a presentar e defender o primeiro ESTATUTO GALEGO O asasinato do seu home e o perigo que corría levárona a un exilio do que non volveu.

SOFÍA CASANOVA:Correspondente de guerra : 

SOFÍA CASANOVA:Correspondente de guerra Casou cun nobre e diplomático polaco pero rematou sendo repudiada porque non lle deu un fillo varón, un vinculeiro. Ela e as súas fillas viviron moitas ao límite da supervivencia mais a súa lucidez de muller comprometida coa súa época e o dominio de oito linguas, entre as que estaba ao galego, permitíronlle saír adiante publicando crónicas, mal pagadas porque era muller, das moitas guerras que lle tocou vivir en xornais madrileños e polacos e en revistas galegas. Sempre manifestou unha postura nidiamente pacifista e antibelicista o que lle valeu moitas críticas porque as mulleres non tiñan dereito a opinar en cousas de homes

FRANCISCA ÁLVAREZ Empresaria e promotora da primeira escola de maiores : 

FRANCISCA ÁLVAREZ Empresaria e promotora da primeira escola de maiores . Viúva de vivo monta unha tenda na que vai ofrecer productos moi aprezados pero, as veces pouco asequibles para a xente común: aceite, azucre, plátanos, petróleo para os candís, ademais de a artigos relacionados coa educación: lousas, xices, libros, cadernos de escritura, etc. Paralelamente monta unha escola que se enche de alumnos/as de todas as idades mentres comeza fiar comida e diñeiro e habilita unha zona da súa para que poidan durmir pobres e vagabundos e merca os excedentes agrícolas que os as vilegas non podía vender na cidade. A pesar de todo, durante moito tempo foi mirada con desconfianza porque era muller, vivía soa e tiña un fillo.

María Dios: polifacética e rompedora : 

María Dios: polifacética e rompedora Mestra por obriga, música e pintora por vocación e talento aínda que as súas creacións non colguen nas paredes de ningún museo. Foi ademais abandeirada da loita contra os convencionalismos e prexuízos sociais porque sendo parente dun coengo, decidiu ser nai solteira e criar soa a súa filla, rexeitando un ma- trimonio de “cumprimento” cun home que sabía que non a quería.

AGUSTINA OTERO, “la Bella Otero”: a imaxe da Belle Époque europea : 

AGUSTINA OTERO, “la Bella Otero”: a imaxe da Belle Époque europea A súa orixe non puido ser máis humilde, filla de pai descoñecido e nai “piñeira”, nacida nunha aldea de Valga o mesmo ano en que se estableceu en España a democracia, o sufraxio universal masculino, os dereitos do pobo obreiro, Primeira República e o federalismo. Aos once anos sofre unha brutal violación que a pon ás portas da morte, despois emigra e convértese na máis famosa e fermosa artista europea, na muller que pon aos seus pés a reis e estudantes, pero tamén na muller intelixente que sabe aproveitar as oportunidades, adquire unha sólida cultura, aprende idiomas e mantén a súa LIBERDADE por enriba de todo e de todos.

MARÍA ARAÚJO: a “Guerrilleira” : 

MARÍA ARAÚJO: a “Guerrilleira” Filla de mariñeiro emigrado medra na Cuba afogada pola tiranía de Machadato do que foxe para retornar a Galicia coa esperanza posta na recén nacida República. Instálase en Vigo coa familia e traballa nunha conserveira. Elixida representante sindical emprende a loita pola equiparación salarial das mulleres e por mellorar a súa situación laboral e social mais a guerra civil acaba coas súas ilusións, perseguida, como o seu marido, anda fuxida polos montes ata que a de teñen e a meten na cadea coa filla dun ano. A intervención do cónsul de Cuba fai que a a solten pero ten que volver a Cuba, para alí seguir loitando contra outra dictadura.

LABREGAS : 

LABREGAS ELAS Naceron da terra e para a terra. Era o destino inesquivable do seu tempo. Naceron labregas de pouca terra ou de terra allea. Labregas de pouca escola de letras pero moita de terróns rebeldes, traballo duro e froito escaso. ELAS Tiveron as mans endurecidas, as caras curtidas polas amañecidas ao aire e as almas de sol e de chuvia e de ESPERANZA en tempos mellores que nunca chegaron a ver porque o agro, esgotado, non daba para máis. ELAS Son mulleres anónimas mais son a “Historia” da terra e do pobo.

MUJER : 

MUJER Non sabemos quen foi nin cal das moitas tarefas que facía cada día era a que ía facer, podería ir as patacas po por mazorcas de miño, ou ....O retratista captou o cansanzo, a sorpresa o non saber que facer.

A BISAVOA : 

A BISAVOA Os anos non a afastaron do legón ni borraron o sorriso, porén tivo tempo de criar seis fillos, vinte netos e catro bisnetos.

NAICIÑA : 

NAICIÑA Todas as tarde subía ao cemiterio a rezar, a rezar diante dunha sepultura na terra, a do fillo que a deixara soa, porque el era o único que tiña, nin a terra era dela.

ELLA podía con todo! : 

ELLA podía con todo! Non fan falta palabras porque a imaxe dío todo

ELLAS e o mar : 

ELLAS e o mar ELAS Nunca navegaron, pero ían ao mar. Recollían froitos na ribeira e rascaban as rochas para arrancar os seus tesouros. Reparaban as redes feridas e ESPERABAN cos ollos cheos de auga salgada e de treboadas, co corazón prendido nas olas e os oídos cheos de salvaxes ventos mareiros. ESPERABAN a soidade que vestiría de negro, para sempre, os seus corpos e as súas almas.

MULLERES do mar : 

MULLERES do mar Para coser as redes, non importaba a idade

Peixeiras : 

Peixeiras Esperaban todos os días que chegaran os barcos cos seus tesouros

VIÚVAS do marde negro para sempre : 

VIÚVAS do marde negro para sempre Co mar ao fondo sempre

authorStream Live Help