Día do libro 2018 con música

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

Presentación día do libro

Comments

Presentation Transcript

Slide1:

DÍA DO LIBRO OLA! 23 DE ABRIL

Slide2:

Por qué se celebra o día do libro?

Slide3:

* Celébrase para fomentar a lectura, a industria editorial e a protección do dereito do autor . * Pero o máis importante para vós é para fomentar a lectura e para valora-la.

Slide4:

Por que o celebramos o día 23 de abril?

Slide5:

Porque o 23 de Abril é o día no que se morreron “ Shakespeare , Cervantes e Garcilaso de la Vega ”. Foron 3 escritores moi importantes. Pero para nós o máis importante será Cervantes.

Slide6:

Quen era Cervantes?

Slide7:

Miguel de Cervantes , tamén coñecido como o “manco de Lepanto ”, x a que perdeu un brazo nesa batalla, é o autor do noso libro máis importante “ Don Quijote de la Mancha ”.

Slide8:

“DON QUIJOTE DE LA MANCHA” “Alonso Quijano ” é un f idalgo pobre da Mancha, que de tanto ler novelas de cabalería acaba enlouquecendo e crendo ser un cabaleiro andante, nomeándose a se mesmo como “Don Quijote de la Mancha”. As súas intencións son axudar aos pobres e desfavorecidos, e lograr o amor da suposta Dulcinea do Toboso , que é en realidade unha campesiña chamada Aldonza Lorenzo.

Slide9:

A primeira saída a fai só, pero regresa en pouco tempo a casa e decide nomear a Sancho Panza , un empregado seu, o escudeiro. X untos realizan a segunda saída, na que viven máis dunha aventura: Don Quijote mira e ataca a uns x igantes que en realidade resultan ser muíños de vento, confunde un rabaño cun exército, ten máis dunha disputa, unha delas cun vizcaíno , e chega a enfrontarse a uns leóns.

Slide10:

Finalmente, e tras facer penitencia nun bosque, é capturado polo cura e o barbeiro do seu pobo e levado a casa nunha gaiola tras ser enganado para axudar á suposta princesa Micomicona .

Slide11:

Na terceira e derradeira saída, as aventuras máis destacadas son as da Cova de Montesinos , onde Don Quijote soña mil marabillas, o orneo de Sancho Panza , e para finalizar, a derrota de Don Quijote ante o Cabaleiro da Branca Lúa, razón pola que se retira ao seu f ogar, onde, tras adquirir de novo a cordura, falece.

Slide12:

MIGUEL DE CERVANTES

Slide13:

Como se celebra o día do libro nas distintas cidades?

Slide14:

Nas cidades sóese realizar a “Feira do Libro” onde se acostuma poñer casetas con moitos libros.

Slide15:

Ademais, por exemplo, en Cataluña celébrase tamén o 23 de Abril, o día de San Jordi (o seu patrono ) E alí a costume é agasallar cun libro e cunha rosa.

Slide16:

RECORDA QUE : CADA VEZ QUE LES UN LIBRO, MÉTESTE NUNHA AVENTURA MARABILLOSA. NON DEIXES DE FACELO!

Slide17:

FELIZ DÍA DO LIBRO

authorStream Live Help