A materia e os materiais tema-4 Letra

Views:
 
Category: Education
     
 

Presentation Description

A materia e as súas propiedades

Comments

Presentation Transcript

Slide1:

A materia e os materiais TEMA -4

Slide2:

Que é a materia? É todo aquilo que ten masa e volume, é dicir, todo o que ocupa un lugar no espazo.

Slide3:

Que propiedades ten a materia? A masa e o volume son as propiedades da materia A masa é a cantidade de materia que ten un corpo. Podemos medila con balanzas ou básculas ( en g ou kg) O volume é o espazo que ocupa a materia que ten un corpo. Podemos usar para medilo recipientes como xerras ou vasos medidores ( en litros)

Slide4:

Tipos de materia Temos dous tipos de materia: substancia pura ou mestura . A materia formada por varios compoñentes é unha mestura . A materia que está formada por un só compoñente é unha substancia pura. Ex: a auga, o ouro.

Slide5:

Tipos de mesturas Hai dous tipos: homoxéneas e heteroxéneas . -Nas mesturas homoxéneas non se distinguen a simple vista as substancias que as compoñen. Ex: un flan -Nas mesturas heteroxéneas vense claramente os elementos que as forman. Ex unha macedonia.

Slide6:

Cambios da materia A materia pode atoparse en tres estados: sólido , líquido e gasoso . sólido líquido gasoso

Slide7:

Estado sólido ten unha forma fixa. O volume é fixo, é dicir non varía o espazo que ocupa.

Slide8:

Estado líquido non ten unha forma fixa, é dicir adáptase á forma do recipiente que o contén. O volume é fixo.

Slide9:

Estado gasoso non ten unha forma propia. Non ten volume fixo, xa que tende a saír do recipiente que o contén e a ocupar todo o espazo.

Slide10:

A materia cambia. Cambios físicos Cambios químicos É cando a composición da materia non varía. É cando a materia se transforma, é dicir, a súa composición cambia e xorden substancias novas.

Slide11:

Cambios de estado A materia pode encontrarse en estado sólido , líquido e gasoso . Ao quentala e ao arrefriala, a materia pode cambiar de estado.

Slide12:

Os materiais son a materia coa que se fabrican os obxectos. coiro algodón granito la madeira cobre

Slide13:

Orixe dos materiais Segundo de onde se obteñan existen dous tipos: naturais e artificiais. Material artificial obtéñense mediante a transformación de materiais naturais. Ex papel Material natural procede directamente da natureza. Ex: algodón.

Slide14:

Materiais naturais Poden ser de orixe animal, vexetal ou mineral Orixe animal da pel como o coiro , dos casulos como a seda ou do pelo como a la . Orixe vexetal pode procede do tronco como a madeira e a cortiza ou dunha flor como o algodón . Orixe mineral como o granito , o mármore ou a arxila .

Slide15:

Materiais artificiais son aqueles que se obteñen da transformación de materiais naturais O papel resulta de transformar a madeira. Plástico obtense a partir do petróleo.

Slide16:

Propiedades dos materiais Algunhas das propiedades máis importantes son: Condución da calor . Impermeabilidade. Resistencia . Transparencia . Elasticidade .

Slide17:

Condución da calor Son os que impiden que a calor se transmita a través del, como o plástico do mango da tixola . Materiais condutores Materiais illantes Son os que transmiten a calor facilmente a través del, como o ferro ou aceiro da tixola .

Slide18:

Impermeabilidade Son os que deixan pasar os líquidos a través del, como o filtro da cafeteira . Material impermeable Material permeable É o que non deixa pasar os líquidos a través del, como o plástico da botella.

Slide19:

Resistencia É fácil de que se rompa, como o cristal dun vaso . Material resistente Material fráxil É cando resulta difícil de romper, como a pedra dun muro.

Slide20:

Elasticidade Material elástico É cando recupera a súa forma despois de estiralo ou dobralo, como a goma do pelo.

Slide21:

Transparencia Material transparente É cando deixa pasar luz a través del, como o vidro da ventá.

Slide22:

Para que usamos os materiais? Para construír edificios e estradas úsanse materiais resistentes. Para confeccionar roupa e calzado búscanse materiais resistentes, elásticos, lixeiros e suaves. Para fabricar máquinas e ferramentas úsanse materiais resistentes, con partes ilantes da calor ou da electricidade.

Slide23:

Algúns materiais O formigón é unha mestura moi resistente de cemento, area e rocas coa que se constrúen, por exemplo, os edificios. A arxila é impermeable e úsase para fabricar ladrillos e tellas. O vidro é transparente, polo que se usa para os cristais das fiestras. O algodón , o poliéster e a viscosa son materiais elásticos e lixeiros que serven para confeccionar roupa.

Slide24:

Outros materiais O madeira e o plástico son materiais illantes que nos protexen da calor ou da electricidade. Úsanse para fabricar mangos de ferramentas. A rocas son moi resistentes; por iso, se utilizan para construír muros. O asfalto é unha mestura impermeable e resistente ao peso e á calor. Utilízase para facer estradas. O aceiro é un material moi resistente que se utiliza para fabricar máquinas e ferramentas.

Slide25:

formigón arxila vidro madeira algodón rocas asfalto aceiro

Slide26:

A regra dos tres R É unha fórmula que nos axuda a conservar o medio: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Reducir é consumir menos materiais na nosa vida diaria. Reutilizar é dar un segundo uso aos materiais xa utilizados. Reciclar é transformar os materias usados noutros para que se poidan volver utilizar.

authorStream Live Help